Nun acto virtual que tivo lugar este venres
O catedrtico José Montero presenta na Universidade da Sorbonne o seu libro sobre a faceta poética de Cervantes
O volume achégase a unha parte moi “menosprezada” da traxectoria do autor do 'Quijote'
A obra literaria de Miguel de Cervantes vai moito mis al do Quijote e mostra diso é o papel que a poesa tivo na traxectoria do escritor. Para poela en valor, o profesor e decano de Facultade de Filoloxa e Traducin José Montero publicou no mes de setembro o libro Miguel de Cervantes. El poeta que fue novelista, un volume que reúne e sintetiza materiais diversos “consecuencia dunha longa traxectoria investigadora dedicada ao estudo da obra literaria de Miguel de Cervantes que comezou agora hai 25 anos”.
Despois de presentar o libro en Espaa e en Italia, este venres o catedrtico de Literatura Espaola da 鶹 tivo ocasin de falar sobre a súa obra na Facultade de Letras da Universidade da Sorbonne.A través dun acto virtual, o profesor vigués deu a coecer esta obra, publicada pola editorial Sial Pygmalion, acompaado de Maria Zerari, docente da Sorbonne especializada na literatura do Século de Ouro e membro da UFR de Estudos Ibéricos e Latinoamericanos. A investigadora puxo en valor a ampla traxectoria de Montero Reguera no estudo da literatura do Século de Ouro, sobre o que ten publicado mis dun cento de estudos, e en especial como experto cervantista, que o levou a presidir a Asociacin de Cervantistas, da que agora é presidente de honra. Segundo a investigadora, El poeta que fue novelista, “un libro imprescindible”, busca explicar como a poesa estivo no centro das preocupacins de Cervantes e visibilizar a súa traxectoria como “un verdadeiro poeta”.
O profesor Montero recoeca, neste acto, sentirse “moi honrado” de que a Sorbonne “quixese incorporar a presentacin do meu libro dentro das súas actividades; anda mis polo feito de que na mesma actividade van xuntos os logos da universidade francesa e da nosa Facultade de Filoloxa e Traducin”. E é que como destacaba o autor, esta publicacin é froito “dunha moi longa maduracin, de case tres décadas, que ten momentos puntuais que pasan polo hispanismo francés e, especialmente, pola Sorbona”, onde arrancou todo o traballo que agora se plasma neste libro. Por isto, o catedrtico tamén destacou a súa “gran débeda” con hispanistas franceses vencellados Sorbonne e lembrou, en especial, “o maxisterio do profesor Agustn Redondo”.
A expresin artstica que Cervantes cultivou de maneira mis constante
Segundo Montero Reguera, a poesa foi a expresin artstica que Miguel de Cervantes cultivou de maneira mis constante ao longo da súa carreira, “dende os seus primeiros anos até o final dos seus das, cando se despide dos lectores cun adeus garcilasiano no Persiles”. Traballou este xénero, recorda o catedrtico da 鶹, “ben manuscrito, ben impreso; para academias, xustas e certames; poesa incorporada a libros de prosa ou teatro; seria, xocosa, lrica, burlesca, épica, satrica…” Porén, a súa obra poética quedou eclipsada pola súa proxeccin como novelista, algo que o docente da 鶹 trata de emendar con este volume, no que reúne e sintetiza materiais diversos que foron coidadosamente revisados para artellar este libro, que segundo remarca, non é unha compilacin de artigos, “senn un libro que descansa nunha longa dedicacin ao tema”.
Na súa opinin, a poesa de Cervantes quedou nun segundo plano por diversos motivos, entre eles a importancia que tivo o Quijote ao longo do tempo e o resto das obras en prosa, especialmente Novelas ejemplares e Persiles y Sigismunda. Pero entre estas causas, Montero tamén sinala a “dificultade de comprensin hoxe de textos poéticos de hai tres séculos”, polas canles en que foi transmitida a poesa de Cervantes e por certa incomprensin da historiografa literaria”.
Esta producin poética é a que reivindica Montero, xa que considera que “non se pode prescindir dunha expresin literaria que acompaou a Cervantes sempre, en prspera e adversa fortuna, que lle permitiu certo renome no seu momento e que lle insera de cheo nas canles polas que a literatura de entn, a poesa en particular, circulaba”.
Boa acollida do libro
Tras sar o prelo ano pasado, o libro, relata o seu autor, “est tendo unha moi boa acollida”. De feito, avanza que estn en preparacin “varias recensins en revistas especializadas” e apunta que tamén a prensa escrita “deu conta, en algún caso de maneira destacada”, do seu traballo.
De feito, a presentacin deste venres para o público francés non a primeiro que realiza o catedrtico no estranxeiro. Con anterioridade participou nun evento no Instituto Cervantes de Palermo, da man da súa directora, Beatriz Hernanz Angulo, acompaado polo que foi o seu compaeiro de departamento, Fernando Romo, e que incluu “un coloquio con hispanistas italianos que enriqueceu a presentacin”.
