DUVI

Diario da 鶹

En total destnanse a esta convocatoria de axudas 24.000 euros

A Ctedra Feminismos 4.0 financia sete investigacins sobre a perspectiva de xénero en eidos como IA, arte, actividade fsica ou publicidade

As edicins previas permitiron impulsar outros 34 proxectos vinculadas ao espazo dixital e as STEM

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Vigo
  • Igualdade
  • Աپ
  • Աپ
M. Del Ro DUVI 29/10/2025

Dende a súa posta en marcha en 2020, a convocatoria de axudas investigacin da Ctedra Feminismo 4.0 permitiu o desenvolvemento de 34 proxectos vencellados ao espazo dixital con perspectiva de xénero e ao mundo das STEM. Agora, a esta listaxe súmanse outros sete novos traballos que recibirn financiamento ao abeiro da sétima edicin desta iniciativa conxunta da Deputacin de Pontevedra e da 鶹. Esta lia de axudas destina un total de 24.000 euros para promover o desenvolvemento de proxectos relacionados coas lias de traballo da propia ctedra, que neste caso se centran no estudo con perspectiva de xénero da intelixencia artificial, a contorna dixital, a arte, a actividade fsica ou a publicidade, entre outros enfoques. 

Dos proxectos presentados, o que obtivo mellor puntuacin, un 10, foi ImpactARTE,  presentado por Ángela Fontn, investigadora do grupo de Xeoloxa Maria e Ambiental, que propn un marco innovador de anlise que une arte maria, xénero e cultura dixital, xerando unha investigacin interdisciplinaria pioneira en Galicia que, ao mesmo tempo, promove a alfabetizacin dixital feminista e ofrece novos referentes a alumnado e visitantes de museos, reducindo as as fendas de xénero na cultura maria.  A dimensin divulgativa do proxecto concrétase na creacin de contidos audiovisuais e dixitais con perspectiva feminista que visibilizarn as mulleres como creadoras e protagonistas, contribundo a normalizar narrativas igualitarias no espazo dixital. A incorporacin de entrevistas a artistas galegas e relatos de mulleres do mar de Pontevedra reforza este impacto ao conectar a investigacin coas voces vivas do territorio, facendo visibles experiencias habitualmente silenciadas e dotndoas de valor patrimonial e cultural. 

Tamén foi seleccionado nesta nova convocatoria o proxecto de Silvia Varela, do grupo WellMove (Wellness and Movement Research Group), que propn a validacin dun cuestionario de barreiras actividade fsica en mulleres con perspectiva dixital e de xénero. A investigadora agarda traballar en tres planos complementarios: no cientfico-técnico, cubrindo lagoas de medicin das barreiras para a prctica de actividade fsica en mulleres cun instrumento actualizado, robusto e sensible ao xénero que permita comparar, monitorizar e avaliar intervencins; no socio-sanitario e de igualdade, identificando barreiras modificables e perfs de risco para orientar decisins e recursos cara a accins concretas (axustes de horarios e servizos, deseo de espazos mis seguros, protocolos antiacoso e mensaxes adaptadas ao ciclo vital); e no dixital e de comunicacin, achegando evidencias para desear contidos e campaas en redes que reforcen motivacin e autoeficiencia, evitando ideais corporais inalcanzables.

Outra das propostas mellor valoradas foi a presentada por Silvia Garca Mirn, do grupo SEPCOM (Աپ en dzܲԾ para o Servizo Público), que aposta por continuar cunha lia xa aberta en convocatorias anteriores para realizar un estudo sobre mulleres e publicidade en Pontevedra cunha visin transversal de referentes en 30 anos de publicitarias na provincia. A idea é poer o foco, por unha banda, nas estudantes que teen pasado pola Facultade de dzܲԾ de Pontevedra e, pola outra, continuar coa compilacin dunha mostra de traballos das pioneiras e referentes da publicidade na provincia. A investigacin, detalla a investigadora, “non se concibe como un exercicio illado, senn como un proceso colectivo que busca dar voz s propias mulleres publicitarias, recoller os seus testemuos e transformalos en relato compartido, con potencial de transferencia tanto comunidade académica como ao tecido profesional e cidadana”.

Tamén acada financiamento desta convocatoria a proposta da catedrtica Inés Iglesias, directora do Instituto Universitario de Աپ Xustiza e Xénero, que buscar analizar a fenda dixital de xénero e o potencial do Dereito como mecanismo corrector de desigualdades. O proxecto ten coma finalidade investigar e promover solucins xurdicas, formativas e tecnolxicas que contribúan a reducir a fenda dixital das mulleres da provincia de Pontevedra, favorecendo as o seu acceso efectivo xustiza gratuta e ao exercicio pleno dos seus dereitos, as coma o reforzo dos seus dereitos e garantas coma contribuntes nos diferentes procedementos tributarios, evitando calquera discriminacin algortmica. 

Pola súa banda, Javier Abun, tamén do grupo, presentou un lia de investigacin sobre avatares virtuais con perspectiva feminista e as alternativas hipersexualizacin na cultura dixital desde Pontevedra. O seu proxecto propn unha dobre aproximacin. Por unha banda, pretende documentar os riscos que a hipersexualizacin e os nesgos de xénero dos avatares xerados con IA poden supoer para a sociedade e, por outra, pretende xerar coecemento aplicado que permita formular modelos alternativos desde unha perspectiva feminista. Para iso, situarase o foco na provincia de Pontevedra, coa participacin de expertos do Campus CREA da 鶹 e do Comité de Sabias da Ctedra de Feminismos 4.0. 

Na convocatoria deste ano tamén se seleccionou o proxecto de Sara Torres, do BiFeGa (Grupo de Աپ en Estudos Literarios e Culturais, Traducin e Interpretacin), que propn centrarse no uso da IA no mbito universitario, analizando o xénero dos usos, motivacins, consideracin éticas e percepcin dos nesgos entre homes e mulleres respecto da IA. Esta anlise permitir facer recomendacins ou propostas para polticas de formacin e uso responsable da IA e achegar contribucins empricas a debates sobre xénero e tecnoloxa no contexto universitario galego. 

Finalmente, a listaxe de proxectos financiados inclúe un estudo sobre a avaliacin da IA xerativa na verificación de feitos sobre personalidades de Pontevedra con perspectiva de xénero. Esta lia de traballo, impulsada por Xabier Martnez Roln, tamén do grupo SEPCOM, busca contribur directamente á promocin da igualdade a través de catro lias principais: a visibilizacin equilibrada de referentes, contribuı́ndo a reforzar a presenza de mulleres en espazos de relevancia pública e reducindo a sú a infrarrepresentación nos resultados das IAs; a posible identificacin de nesgos de xénero na IA; ferramentas para a cidadana que avancen na alfabetización dixital feminista, facilitando que calquera persoa poida detectar desigualdades na presentación da información; e, finalmente, a incidencia académica e social, xa que os resultados deste estudo podern ser utilizados en docencia universitaria, en iniciativas de formación en igualdade e en polı́ticas públicas.