DUVI

Diario da 鶹

Na décimo quinta edicin de Debut, que ter lugar o venres 18 de novembro no Pazo da Cultura

Búscanse modelos para levar pasarela as creacins do alumnado de Esdemga

Ao longo deste mes recolleranse os datos das persoas interesadas

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Cultura
  • Estudantado
  • Estudantes
DUVI Pontevedra 13/10/2022

Concibido como un punto de encontro entre o sector profesional e os novos titulados e tituladas do Mster en Deseo e Direccin Creativa en Moda (Esdemga), o desfile de Debut volver amosar sobre a pasarela as coleccins que o alumnado desta titulacin desenvolveu como traballos de fin de mestrado (TFM). Farao o venres 18 de novembro no Pazo da Cultura, nunha xornada na que est prevista a presentacin dunha decena de proxectos, que fan precisa a colaboracin como modelos de preto de 50 voluntarios e voluntarias. Ao longo deste mes de outubro, as persoas interesadas en colaborar con esta iniciativa poden inscribirse no despacho de Esdemga na Facultade de Belas Artes, onde se lles tomarn unha serie de medidas e realizarnselles unhas fotografas de cara ao proceso de seleccin final, que vir determinado polas caractersticas e necesidades das coleccins que se presenten no desfile.

“É unha actividade totalmente amateur, que para moitos supn a súa primeira experiencia cun mundo que s veces chama moito a atencin”, recoece a directora de Esdemga, Lola Dopico, dunha iniciativa que nalgúns casos rematou por converterse na primeira oportunidade para desfilar de “rapaces que comezaron colaborando con ns de forma voluntaria e que logo desenvolveron a súa actividade profesional como modelos”. Fra diso, apunta Dopico, Debut é tamén “unha experiencia moi inmersiva e divertida para eles, que failles formar parte dun proxecto, estar cos deseadores e deseadoras e coas súas coleccins”. As persoas interesadas en converterse en modelos por un da, poden inscribirse nestas semanas acudindo ao despacho de Esdemga, os luns en horario de 16.30 a 18.30 horas, os martes entre as 11.00 e as 13.30 horas ou os xoves en ambas franxas horarias. As mesmo, poden obter mis informacin a través do correo info.esdemga@uvigo.es.

“É algo bastante aberto”, sinala Dopico, que lembra que as coleccins son proxectos académicos que non responder a tallas estndar e “que s veces necesitan xente mis alta ou mis miúda”. A falta de que os futuros titulados e tituladas realicen previamente a defensa académica dos seus TFG, prevese que en Debut 2022 conte con dez coleccins de fin de estudos, tanto masculinas como femininas, s que se sumarn unha serie de traballos realizados o pasado ano por alumnado de primeiro curso do mster. As mesmo, a décimo quinta edicin deste desfile ser tamén a primeira na que s se presenten coleccins nacidas como traballos finais do mestrado implantado en 2017, despois que na edicin de 2021 se exhibisen tanto proxectos do pasado curso como unha seleccin dos defendidos en 2020 e que a pandemia impedira levar pasarela, da que formaban parte tanto TFM como os últimos proxectos do antigo ttulo propio de Esdemga, ao que substituu este mestrado.

O final dunha etapa formativa e o encontro cos futuros contratadores

Ademais de ser o evento no que os novos titulados e tituladas pechan unha etapa formativa, Debut complétase cada ano cunha serie de actividades, como talleres, conferencias e as Xornadas Técnicas de Recursos Humanos, nas que os novos egresados e egresadas manteen as súas primeiras entrevistas con responsables de persoal de diferentes firmas de moda. A diferencia de edicins anteriores, nas que esta xornada pechaba esta semana de actividades ao da seguinte do desfile, en 2021 tivo lugar por primeira vez no Pazo da Cultura, no propio da de Debut. “Isto permitiu que os contratadores puidesen ver as coleccins e ao alumnado falar do seu traballo con este diante e a verdade é que funcionou moi ben", sinala Dopico. Nese senso, a directora de Esdemga pon en valor “a oportunidade que é para ns que nos cedan tamén as salas de exposicins do pazo” de novo neste 2022, o que far posible que tanto as persoas responsables de recursos humanos como o propio tribunal encargado de decidir os premios do desfile poidan coecer as coleccins que horas despois se presentarn sobre a pasarela. Á súa vez, isto motiva tamén que o desfile pase a celebrarse o venres en lugar do xoves, coa idea de concentrar ambas actividades nun mesmo da.