DUVI

Diario da 鶹

O docente da 鶹 participa no proxecto 'Universo Cantigas', iniciado hai 15 anos

Bieito Arias Freixedo, investigador do Departamento de Filoloxa Galega e Latina: “Era hora de que os galegos e galegas fixésemos a nosa lectura dos textos que os devanceiros nos transmitiron”

Recentemente publicouse o primeiro volume da serie, centrado nas cantigas de amor

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Medios
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Cultura
  • HR
  • Աپ
  • ʳܲԲ
  • Աپ
Mª del Carmen Echevarra Figueroa DUVI 24/06/2025

1683 cantigas a un golpe de clic e tamén en catro volumes, diferenciados por xéneros: amor, amigo, escarnio e outras temticas. Estes sern os froitos do traballo que hai case 15 anos iniciou un grupo de investigadores das tres universidades galegas baixo a denominacin de Universo Cantigas, “a edicin crtica dixital do corpus completo da poesa profana galego-portuguesa”, detalla Bieito Arias Freixedo, docente e investigador do Departamento de Filoloxa Galega e Latina da 鶹, que participa no proxecto coordinado por Manuel Ferreiro Fernndez, integrante do grupo de investigacin Lingüstica e Literaria Galega da UDC.

A da de hoxe calquera persoa que acceda atopar o texto crtico e a parfrase, ademais de todo tipo de informacin, desde imaxes dos manuscritos s transcricins paleogrficas dos textos, variantes manuscritas e editoriais e notas xustificativas das decisins editoriais, das 704 cantigas de amor e das 500 de amigo transmitidas polos principais cancioneiros medievais (o de Ajuda, o da Biblioteca Nacional de Portugal e o da Vaticana), as como unha parte das de escarnio, cuxa edicin est en proceso de revisin. As mesmo, recentemente, o Servizo de ʳܲԲ da UDC editaba Universo Cantigas. I. Cantigas de Amor, que recolle “por primeira vez nun único volume, a edicin crtica das mis de 700 cantigas de amor, realizada a partir da lectura e transcricin propia dos manuscritos e seguindo uns criterios de edicin uniformes. Cada texto crtico vai acompaado dunha versin en galego actual, para facilitar a comprensin por parte do público profano, porque anda que os manuscritos non presentasen dificultades interpretativas (o que poucas veces ocorre) a linguaxe medieval e os cdigos e convencins poéticas da época, s veces non son doadas de entender sete séculos despois”, explica Arias Freixedo.

O volume en papel inclúe, as mesmo, un cdigo QR que liga cada poema súa edicin dixital completa da pxina web, alén de a outras moitas informacins entre as que destaca o glosario do corpus completo, ao que tamén se pode acceder directamente desde o texto crtico clicando sobre a palabra que se desexa consultar.

Unha lectura “galega” dos textos dos nosos devanceiros

Coa edicin dixital de Universo Cantigas na súa última fase e o segundo volume en papel, dedicado s cantigas de amigo, en perodo de revisin de probas, Bieito Arias incide no feito de que por normalidade poltica-cultural, nun caso, e pola procedencia de dous dos cancioneiros, no noutro, Portugal e Italia, respectivamente, foron os pases onde mis se traballou “neste noso primeiro monumento literario nacional”. Por mor do que o docente da 鶹 define como “a anormalidade poltica (cultural e lingüstica) de Galicia, que condicionou a investigacin neste campo”, antes de 1990 s haba dúas edicins de autores individuais ben fundamentadas filoloxicamente: a de Xosé Luis Méndez Ferrn das cantigas de Pero Meogo e a de José Luis Rodrguez das de Joan Airas de Santiago. “A situacin mudou desde entn e realizronse diversas edicins desde a filoloxa galega. Era moito hora de que os galegos e galegas fixésemos a nosa lectura dos textos que os devanceiros nos transmitiron, que son moito mis que material filolxico. Como dica Manuel Ferreiro nunha moi recente entrevista, os trobadores son os nosos primeiros clsicos, e como tales temos que os coecer, estudar e difundir”, asegura.

Arias Freixedo lembra que a poesa profana no seu conxunto xa foi editada con anterioridade en volumes colectivos por xéneros. “En particular, as cantigas de amor foron editadas por Carolina Michäelis en 1904 e completadas logo por José Joaquim Nunes en 1932. Mais xa pasou moito tempo, e tanto as condicins de accesibilidade aos manuscritos, como os medios técnicos para a súa consulta, mudaron moito, para mellor, o que permite corrixir algúns erros de lectura e interpretacin de edicins previas”, explica o investigador da 鶹, que sinala tamén que as edicins existentes, colectivas e individuais, seguan criterios grficos moi diferentes unhas das outras, “o que non ocorre nesta edicin, na que seguimos os criterios de edicin consensuados en 2006 entre especialistas do mbito galego nun coloquio especfico sobre ese tema”.

Un proxecto colectivo que xa cumpriu 15 anos

Coa correccin das probas do segundo volume dedicado s cantigas de amigo iniciada e cos volumes III e IV, centrados nas cantigas de escarnio e noutros xéneros, respectivamente, en perspectiva, o proxecto pechara a edicin en papel das cantigas profanas medievais. Mais esta edicin material é s unha das facetas dunha iniciativa que cumpre 15 anos de vida este 2025, “un proxecto colectivo, o da edicin dixital do corpus profano completo, elaborado en diferentes fases sucesivas, que en parte coinciden coa edicin de cada un dos tres principais xéneros”, explica o investigador da 鶹, que confirma a súa participacin en todas as fases e procesos: “na transcricin paleogrfica dos manuscritos, na edicin e revisins sucesivas e das notas, na realizacins das versins ao galego actual, etc”.

Tras mis dunha década de traballo en Universo Cantigas, Beito Arias asegura ser incapaz de citar unha cantiga de amor, amigo ou escarnio preferida, “porque a variedade, as sutilezas conceptuais, o virtuosismo formal e retrico etc. son tan ricos que non é posbel escoller unha única cantiga”. Outro tanto, afirma que lle sucede hora de elixir un trobador preferido polas súas cantigas de amor, “anda que podera citar algúns autores galegos como o almirante pontevedrés Paai Gomez Charinho, o burgués Joan Airas de Santiago, o cengo Roi Fernandez de Santiago ou Fernan Velho, e algúns portugueses como Martin Soarez, Joan Garcia de Guilhade ou o rei Don Denis”, enumera o docente e investigador.