DUVI

Diario da 鶹

O alumnado da aula do campus recibiu o premio da Miteu 2025

Arredor de 4000 espectadores achegronse XXX Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense

A programacin rematou coa obra 'Ludovico 2.5', do grupo universitario Maricastaa

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Cultura
  • Teatro
  • Cultura
DUVI Ourense 12/05/2025

Este sbado pola noite pechouse a XXX Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense (Miteu) e fxose realizando un balance moi positivo dunha edicin na que se acadou a cifra de arredor de 4000 espectadoras e espectadores. Na gala de clausura, entregouse o premio da Miteu 2025 ao alumnado que ao longo dos anos ten pasado pola aula de teatro do campus de Ourense.

A mostra desenvolveuse do 23 de abril ao 10 de maio, dirixida por Fernando Dacosta desde Sarabela Teatro. Contou con 19 espectculos de teatro de sala e de rúa, de música e de danza, complementada con coloquios, encontros, un obradoiro e unha exposicin. Estiveron mis de 210 participantes de 13 grupos universitarios (entre eles os de todos os campus galegos) e seis profesionais, con representacin de México, Portugal, Dinamarca, Guinea Ecuatorial e Gambia, ademais de Espaa. Na programacin, a 鶹 volveu a ter un papel destacado, non s como unha das entidades que financiou e apoiou a mostra (xunto Deputacin de Ourense, Xunta de Galicia, Teatro Principal, Liceo e Cervexas Esmorga) senn tamén coa participacin no certame das súas catro aulas de teatro universitario e dos grupos de danza, música tradicional e coro do campus de Ourense.

Agradecendo os apoios recibidos, desde a organizacin da mostra destcase desta edicin que “houbo unha gran calidade xeral nos espectculos e momentos que fican na memoria e no maxn” e que “houbo moito público (cunha media superior a 200 persoas, o que fai que se superen os 4000 espectadores e espectadoras)”. Foi ademais, sinalan, unha edicin especial na que se conmemoraron as tres décadas de existencia da Miteu, 30 anos nos que actuaron en Ourense grupos de 49 pases dos cinco continentes, con arredor de 6000 participantes e 175.000 espectadoras e espectadores.

Clausura

Na gala de clausura no Teatro Principal celebrada este sbado, que contou coa asistencia de Francisco Javier Rodrguez, vicerreitor do campus de Ourense, a Miteu concedeu o seu premio 2025 ao alumnado que ten pasado pola aula de teatro do campus de Ourense ao logo dos seus 34 anos de existencia, “por tantos anos de apoio e de estar a”. Nestes anos, indican, a cifra de participantes nesta aula achégase ao milleiro, sando dela “profesionais da escena e do audiovisual galego” pero sobre todo “persoas coecedoras e amantes do teatro, das artes escénicas e da cultura”. O premio, simbolicamente, entregouse a José Mara Gmez e Sonia Ferro, que estiveron na aula xa no seu primeiro curso, en 1991.

Para pechar a programacin da XXX Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense, a aula do campus de Ourense Maricastaa representou, tras a gala de clausura, Ludovico 2.5, con dramaturxia de Fernando Dacosta e inspirada libremente en A laranxa mecnica, de Anthony Burguess. O público puido ver esta peza que pretende ser “unha stira social e unha proposta ao redor da violencia” nunha “sociedade narcotizada”.