DUVI

Diario da 鶹

Nela poden verse obras de 17 artistas moi diversos

Monção acolle unha exposicin de fondos da Sala Alterarte do campus

A mostra estar na casa museo desta vila portuguesa ata o 27 de xuo

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Cultura
  • Feiras e exposicins
  • Cultura
DUVI Ourense 16/04/2026

Desde este xoves e ata o 27 de xuo, a casa museo da vila portuguesa de Monção acolle a mostra Insula Vtopia, unha exposicin formada por unha seleccin de obras do fondo artstico que ten a Sala Alterarte, o espazo expositivo do campus de Ourense.  

A iniciativa est comisariada por Sara Donoso e nela poden verse obras de Deebo Barreiro, Natividad Bermejo, Mar Caldas, Ofelia Cardo, EME, Basilisa Fiestras, Enrique Lista, Acisclo Novo, Paula Noya, Mnica Oliveira, Soledad Penalta, Ivn Prieto, Mar Ramn Soriano, Luis San Sebastin, Eduardo Valia e Jorge Varela e Xabier Varela. Trtase de artistas que nalgún momento expuxeron na Sala Alterarte e que cederon ao campus algunha das súas obras para pasar a formar parte dos fondos deste espazo expositivo.  

Arquipélago de creacins

Insula Vtopia preséntase como un laboratorio crtico para mirar o mundo de fronte. Recuperando o termo acuado por Toms Moro en 1516, esta mostra non entende a utopa como unha paraxe definitiva ou un plano de perfeccin inalcanzable, senn como un estado de vixilia, como un espazo de ensaio onde se cartografan as problemticas contemporneas para imaxinar novos futuros posibles”, explica Sara Donoso. O fo narrativo da exposicin, engade, “parte da peza Utopa de Acisclo Novo, que funciona como un aviso: a utopa preséntase como unha luz feble, unha promesa frxil que cmpre protexer ante a incerteza do contexto sociopoltico actual”. A partir deste limiar, Sara Donoso indica que “a mostra transita por territorios en tensin atendendo a unha serie de preocupacins onde se combinan a rabia e a esperanza”. 

A comisaria da mostra explica que a precariedade fronte ao prestixio cultural, a deconstrucin das identidades e o cuestionamento dos sistemas relacionais son lias de pensamento que conectan as propostas que se poden ver en Insula Vtopia de Acisclo Novo, Enrique Lista, Natividad Bermejo e Mnica Oliveira. Pola súa banda, as pezas de Mar Caldas, Deebo Barreiro, Ivn Prieto e Mar Ramn Soriano analizan o corpo desde as polticas de representacin, explorando a corporalidade a través da imperfeccin e a dialéctica suxeito-obxecto. En paralelo, Sara Donoso comenta que as obras de Ofelia Cardo e Luis San Sebastin activan a memoria e a microhistoria como ferramentas de resistencia, mentres que as Soledad Penalta e Paula Noya “sinalan a tensin entre o refuxio ntimo e o encerro social, advertindo a urxencia de conformar novos territorios afectivos”. Esta busca, engade, esténdese cara a recuperacin dos vnculos coa natureza, a contorna e a orixe nas propostas de Eduardo Valia, EME, Basilisa Fiestras e os irmns Varela.

“Neste arquipélago de creacins, a arte actúa como un dispositivo de reconfiguracin. Entre a esperanza do horizonte utpico e a advertencia do abismo distpico, as pezas aqu reunidas propoen un equilibrio inestable. Convdannos a nomear a dor para reconstrur, para habitar as incertezas e para tornarnos, novamente, mis humanos”, resume a comisaria da exposicin, que ser inaugurada este xoves s 21.00 h (hora local portuguesa) por Sara Donoso, por Francisco Javier Rodrguez, vicerreitor do campus de Ourense, e por Antnio Gonçalves, director da Casas Museo de Monção.