DUVI

Diario da 鶹

Coordinado pola 鶹, integra un consorcio con 19 socios de mis dunha ducia de pases

Arranca en Vigo un proxecto europeo financiado con 7,2 millns de euros que avaliar o estado de saúde dos solos da UE

O reto é proporcionar datos sobre a biodiversidade para que os responsables polticos tomen medidas

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • پܱ
  • Medio Ambiente
  • Աپ
D. Besado DUVI 16/06/2023

Velar pola saúde e a biodiversidade dos solos europeos. Este é, en esencia, o grande obxectivo co que se pon en marcha o proxecto europeo , Integracin da biodiversidade do solo nos servizos ecosistémicos: comprobacin da rendibilidade dos indicadores de biodiversidade do solo e da prestacin de servizos ecosistémicos baseados na biodiversidade para crear mellores solucins de xestin que apliquen eficazmente a estratexia da Unin Europea para o solo. Financiado con 7,2 millns de euros e cunha duracin de cinco anos, o proxecto est coordinado pola 鶹 e foi precisamente a cidade olvica a elixida para celebrar esta semana a reunin de lanzamento, un encontro no que participaron representantes dos 19 socios implicados, profesionais procedentes de mis dunha ducia de pases: Francia, Grecia, Pases Baixos, Suecia, Irlanda, Italia, Reino Unido, Alemaa, Bélxica, República Checa, Israel, Eslovenia, Romana e Suza.

O consorcio est dirixido pola catedrtica do Departamento de Ecoloxa e Bioloxa Animal da 鶹 Mª Jesús Iglesias Briones, quen conta cunha longa traxectoria profesional que inclúe a participacin en numerosos proxectos internacionais, entre os que cabe destacar a elaboracin no ano 2021 do informe State of Knowledge of Soil Biodiversity, promovido pola FAO e no que participaron mis de 300 cientficos e cientficas de todo o mundo ou, previamente, ter sido seleccionada para formar parte do Comité Global Soil Biodiversity Assessment (GSBA), cuxa primeira misin foi elaborar o Atlas Global de Biodiversidade do Solo.

O primeiro ser coecer o estado actual destes solos

“O primeiro que faremos é tratar de obter unha visin moi completa da biodiversidade dos solos europeos de distintas rexins climticas, en distintos tipos de ecosistemas e con diferentes tipos de intensidade de manexo para as determinar o estatus real da biodiversidade destes solos”, explica a catedrtica viguesa. Esa sera a primeira parte, o obxectivo inicial, pero, a partir de a o proxecto inclúe moitas outras facetas. “Imos tentar relacionar eses datos con aspectos condicionais sobre como funcionan eses ecosistemas e establecer o que se chaman os servizos ecosistémicos”, sublia a investigadora, quen explica que estes servizos ecosistémicos se dividen en catro grandes tipos: os de aprovisionamento, como por exemplo, a producin agrcola; de soporte, é dicir, que a biodiversidade facilita e mellora a estrutura dos solos; de regulacin, no senso de que participan na reciclaxe de nutrientes, o secuestro de carbono, etc. e, xa por último, os culturais, “e aqu o que imos tentar é que a biodiversidade do chan polo feito de existir tea tamén un valor, como o pode ter, por exemplo, un oso panda”.

Na busca de medidas e incentivos de conservacin da biodiversidade

“O desafo é proporcionar coecemento sobre a biodiversidade do solo para permitir que os responsables polticos integren medidas efectivas de conservacin da biodiversidade do solo na lexislacin da UE”, explica Iglesias Briones, resaltando a idea de que o obxectivo a longo prazo de SOB4ES é apoiar a estratexia do solo da UE e a prxima Lei Lei Europea de Saúde do Solo con desenvolvementos de polticas que inclúan medidas concretas e incentivos para garantir a proteccin, restauracin e usos sostibles dos solos en toda a UE.

“Búscase que todos os estados membros se aseguren que os solos estn sans, e con sans refermonos a que funcionen ben e respondan a todos eses servizos ecosistémicos”, sublia a investigadora, ao tempo que engade que “un solo san é un solo vivo e, polo tanto, funcional”. Ao seu modo de ver, isto nada ten que ver co concepto de ‘calidade do solo’, de manexo habitual ata hai pouco tempo, e que se refire, case de xeito exclusivo, a termos de produtividade. “A base de engadir fertilizantes podemos, por exemplo, ter moita biomasa de cereal, pero iso non significa que o solo estea san, de feito a a biodiversidade est feita polvo, xa que ests engadindo qumicos para reemprazar o que te dara de xeito natural un solo san”, sublia Iglesias Briones.

A 鶹 participa de xeito activo en todos os paquetes de traballo

A 鶹 participar de xeito activo en todos os paquetes de traballo, ademais de exercer a coordinacin xeral. Entre outros moitos aspectos, desde a institucin académica viguesa vaise participar na recollida de mostras de campo para identificar todos os organismos edficos, facer anlises qumicas e ata implementar unha ferramenta dixital dirixida a que a sociedade se achegue a estas cuestins e poida coecer mellor os solos. “Son multitude de aspectos, pero todos deben ir dirixidos a conseguir informacin útil para o Observatorio de Solos Europeo”, engade a coordinadora, quen explica que o proxecto inclúe tamén a creacin dos soportes dixitais necesarios para estruturar toda esa informacin que se vaia recollendo ao longo do proxecto e transferila ao observatorio.