No marco do proxecto Conecta desenvolvido co Colexio Santo Ángel
Alumnado da ESO expn na Facultade de Historia os seus traballos sobre o mundo clsico
O obxectivo da iniciativa foi achegar a universidade aos escolares
Arredor dunha trintena de estudantes de Educacin Secundaria Obrigatoria do Colexio Santo Ángel (Calasancias) de Ourense expuxeron este luns na Facultade de Historia do campus os traballos que realizaron no marco do proxecto Conecta sobre o mundo clsico. Rapazas e rapaces pisaron, en moitos casos por primeira vez, a universidade no marco dunha iniciativa que quere precisamente achegar esta institucin académica a centros educativos.
Conecta é unha actividade posta en marcha este curso académico polo Grupo de Estudos de Arqueoloxa, Antigüidade e Territorio (GEAAT), o Grupo de Innovacin Docente ODS Cities and Citizenship e a Facultade de Historia, estando súa fronte a profesora Susana Reboreda, da Área de Historia Antiga da 鶹. Segundo explicou, a iniciativa est en relacin coa actividade Tendendo Pontes, as xornadas de intercambio de experiencias en innovacin docente no ensino secundario e a Universidade que cada curso académico organiza a Facultade de Historia, e coas actividades de achegamento a centros educativos que realiza a Vicerreitora de Estudantado e Empregabilidade. O seu obxectivo nesta edicin foi espertar a curiosidade do alumnado pola xeografa e a historia e ofrecerlles un primeiro contacto directo positivo co mbito universitario.
Un tema clsico, un formato actual
O proxecto arrancou no mes de novembro e nel participaron a case trintena de alumnas e alumnos de terceiro curso de ESO do Colexio Santo Ángel de Ourense que cursan a materia de Cultura Clsica, impartida pola historiadora e egresada da Facultade de Historia do campus de Ourense Marta Lpez. A súa primeira actividade consistiu na visita de Susana Reboreda ao centro educativo, onde lles falou sobre o mundo clsico en consonancia co curriculum da materia, abordando temas como o orculos de Delfos e o culto en Grecia. A partir de a, o alumnado, dividido en grupos, elaborou traballos sobre unha listaxe de temas propostos, como a festa das Panateneas e a muller e a infancia en Grecia e Roma. O formato elixido foi o de infografa, “co obxectivo de fuxir dos traballos clsicos e traballar tamén as competencias dixitais”, segundo explicou a profesora Marta Lpez.
Os resultados dos traballos foron expostos este luns por cada grupo de escolares na Facultade de Historia, amosando a organizacin da actividade a súa satisfaccin polos bos resultados acadados e felicitando por eles a rapazas e rapaces. “Son un grupo moi bo, que se involucra moitsimo en todo, tamén neste proxecto, dedicando moito tempo aos traballos e a preparar as infografas. Estamos moi contentos co resultado do proxecto”, indicou a profesora do Colexio Santo Ángel. Ademais de expor os seus traballos, o alumnado foi recibido por Elena Rivo, vicerreitora do campus de Ourense, e Julio Prada, decano da Facultade de Historia, e visitaron instalacins de interese para elas e eles, como o Laboratorio de Arqueoloxa e a Biblioteca de Rosala de Castro do campus de Ourense.
