DUVI

Diario da 鶹

No marco dun proxecto de aprendizaxe servizo

Alumnado de Educacin Primaria desea propostas de fomento da lingua galega entre escolares

En colaboracin co CEIP Mestre Vide

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Estudantado
  • Estudantes
DUVI Ourense 03/06/2025

Este cuadrimestre, alumnado do Grao de Educacin Primaria da Facultade de Educacin e Traballo Social do campus de Ourense levou a cabo o proxecto Educar na diversidade, transformar a sociedade. Nel traballaron arredor da comunicacin en galego e do seu fomento, desenvolvendo diferentes actividades destinadas a escolares.  

A iniciativa foi unha das elixidas na convocatoria de proxectos de aprendizaxe-servizo 2024-2025 no marco da Axenda 2030 e dos seus ODS, da 鶹. Estivo coordinada polas profesoras Ana Mara Iglesias e Mercedes Gonzlez e foi realizada no marco das súas materias de segundo e terceiro curso Lingua galega e Lingua e literatura: galego. No proxecto participou o CEIP Mestre Vide, sendo as propostas deseadas traballadas con nenas e nenos de quinto e sexto curso de Educacin Primaria dese colexio. Foi, indican as profesoras responsables, “unha experiencia moi enriquecedora na que uns e outros puidemos compartir e aprender”. 

Da teora prctica

O desenvolvemento do proxecto tivo dúas fases. Na primeira, o alumnado universitario traballou nas aulas da facultade as pautas para unha boa comunicacin efectiva en galego e desearon actividades de xogos, contacontos e dramatizacins teatrais. Nunha segunda fase, fixéronse varias sesins no CEIP Mestre Vide nas que se abordaron con nenas e nenos pautas de habilidades comunicativas e se levaron a cabo as actividades de fomento da lingua galega deseadas, realizando diferentes dramatizacin de contos sobre temas de actualidade e interese para as nenas e nenos presentes. 

A actividade, explican as súas promotoras, contribuu a que o alumnado universitario traballase diversas competencias, sobre todo as comunicativas arredor da lingua galega, coa elaboracin de pautas para un bo manexo dela. Ademais, grazas súa posta en prctica en dramatizacins, as futuras e futuros docentes puideron ser “consciente da importancia da transmisin da mensaxe efectiva para que tea unha recepcin positiva e significativa por parte do receptor”. 

Na actualidade, indican as responsables da iniciativa, “debido ao incremento do emprego das tecnoloxas, comprbase a crecente perda das habilidades comunicativas, destrezas fundamentais tanto no mbito persoal coma no profesional e a nivel de sociedade. Un bo coecemento e emprego destas facultades permitiralle ao noso alumnado mellorar en moitos aspectos fundamentais”. A isto, desde a organizacin engaden entre os beneficios desta actividade “a riqueza que supn para o noso alumnado do Grao de Educacin Primaria establecer unha conexin directa cos grupos de alumnos e alumnas de Educacin Primaria do CEIP, conexin que lles outorga unha visin e experiencia de primeira man coa realidade da aula dos centros educativos”.