DUVI

Diario da 鶹

Nun congreso internacional promovido pola 鶹, o Concello e as federacins espaola e galega

Adestradores de 17 pases achéganse en Pontevedra aos últimos avances na preparacin de piragüistas

Coa participacin de preto de 250 técnicos e profesionais

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Deportes
  • پܱ
  • ú
  • Աپ
DUVI Pontevedra 28/10/2022

Nas tres últimas edicins dos Xogos Olmpicos, o piragüismo foi a disciplicina na que mis medallas acadou o deporte espaol. Un dos factores clave destes éxitos, alén do propio talento e capacidade de superacin das e os piragüistas, é o traballo dos seus adestradores e adestradoras. Mellorar a súa formacin, achegndolles as últimas innovacins cientficas e novos métodos de adestramento, é precisamente o obxectivo do , que desde este venres reúne en Pontevedra preto de 250 técnicos e profesionais chegados de dezasete pases. Organizado pola Real Federacin Espaola de Piragüismo (RFEP), a Facultade de Ciencias da Educacin e do Deporte da 鶹, o Concello e a Federacin Galega de Piragüismo, trtase dun congreso de carcter bienal, que ten lugar por primeira vez en Pontevedra. Organizado coa colaboracin da Deputacin de Pontevedra e da Xunta de Galicia, reúne no seu programa un total de 28 conferencias, mesas de debate e talleres, impartidos por “técnicos de recoecido prestixio a nivel nacional e internacional”, como salienta o presidente do seu comité organizador, o profesor Manuel Isorna.

De carcter bienal, este congreso iniciou a súa andaina en Catoira en 2004, onde desenvolveu as súas sete edicins previas, antes de trasladarse neste 2022 ao Pazo da Cultura de Pontevedra. Conferenciantes de Espaa, Portugal, Noruega, Hungra, Alemaa, Bélxica, Italia, Gran Bretaa e Eslovenia participan entre este venres e o domingo na oitava edicin deste foro académico centrado na preparacin de piragüistas para as modalidades de augas tranquilas, pero que súa vez é tamén o II Congreso Internacional de Slalom, disciplina na que se centran oito relatorios, e o I Congreso Internacional de Kaiak Polo, modalidade que se incorpora por primeira vez con catro conferencias especificas. “Est a ser a edicin con mis éxito, sen lugar a dúbidas”, sinalou Isorna tras a inauguracin deste congreso, na que interviron o alcalde, Miguel Anxo Fernndez Lores; o secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramn Lete; o presidente da RFEP, Javier Hernanz; o decano de Ciencias da Educacin e do Deporte, Óscar Garca; o deputado provincial Gorka Gmez, e o secretario da Federacin Galega de Piragüismo, Félix Lamas.

Éxitos aos que contribúen deportistas, adestradores, investigadores...

A inauguracin deste congreso viu marcada polo accidente sufrido pouco tempo antes no ro Lérez por un piragüista, desaparecido tras envorcar a súa embarcacin, como explicou Fernndez Lores, que lamentou que este fose “un mal da” par dar inicio a este foro internacional. O alcalde reivindicou Pontevedra como “a cidade do deporte”, despois de que Lete sinalase Galicia como “un referente mundial” no que prctica deportiva se refire. O representante do Goberno galego destacou a este respecto que nos xogos de Tokio “unha de cada tres medallas” obtidas por Espaa “tia acento galego” e que mis do 87% das e os deportistas da comunidade que competiron nos Xogos Paralmpicos acadaron un diploma olmpico. “Neste éxito do deporte galego, ten moito que ver o piragüismo”, engadiu Lete, que lembrou que Galicia convertase recentemente na comunidade “lder en número de licencias, con mis de 6000, e de clubs".

Un dos factores do éxito destes deportistas, engadiu Hernanz, é que o piragüismo espaol conta hoxe en da “con algúns dos mellores adestradores do mundo”, aspecto no que ten “gran parte da culpa este congreso”, subliou. O presidente de federacin puxo o acento na importancia que ten a formacin dos equipos técnicos para a mellora desta disciplina, aspecto no que tamén incidiu o decano de Ciencias da Educacin e do Deporte. “Probablemente este deporte ten cada vez mis éxito grazas ao adestramento cientfico”, salientou Óscar Garca, que puxo de relevo a importancia da investigacin neste deporte. De a que abrise a súa intervencin convidando aos asistentes a visitar unha facultade que conta con formacin especfica en piragüismo e na que “nos últimos anos conseguimos ir xerando certo coecemento para mellorar os procesos de adestramento nos piragüistas".

Da anlise dos Xogos Olmpicos perspectiva de xénero

A anlise dos avances técnicos e tcticos observados na edicin mis recente dos Xogos Olmpicos constitúe en cada edicin un dos piares deste congreso, que na ma deste venres abra unha conferencia centrada nos xogos de Tokio da seleccionadora britnica de paracanoe, Hannah Brown. O presente e futuro do piragüismo na cita olmpica ser as mesmo o eixo da conferencia que impartir o presidente da Federacin Internacional de Piragüismo (ICF), Thomas Konietzko, na xornada do sbado, na que tamén se por o foco na preparacin psicolxica dos deportistas olmpicos, mentres que o domingo o congreso contar coa participacin dun campin olmpico como é o médico britnico Tim Brabants, que impartir un relatorio titulado Podium, pacientes e rendemento.

Os novos modelos de planificacin do adestramento, as novas técnicas de traballo e as innovacins referidas preparacin dos deportistas sern outro dos eixos deste congreso, que contaba esta ma coa participacin do profesor da universidade norueguesa de Agder Stephen Seiler para falar da “planificacin inversa”, un novo método de traballo con estes deportistas. Asemade, unha das novidades deste congreso, xunto coa incorporacin do sllom, é importancia que a organizacin outorgou perspectiva de xénero. Con ese obxectivo, acolle, entre outras, conferencias como a que a adestradora do equipo nacional húngaro Kataln Szilardi centrar na evolucin do papel da muller neste deporte; ou unha mesa sobre ciclo menstrual e rendemento deportivo en atletas de elite, na que participarn este sbado a triatleta olmpica Ana Burgos e o profesor da Universidad Politécnica de Madrid Alberto Garca Bataller.