Nunha reunin do proxecto europeo Firepoctep+, coordinado pola 鶹
17 institucins espaolas e portuguesas abordan en Pontevedra como previr os incendios forestais da prxima década
O seu obxectivo é identificar puntos clave na prevencin e diminucin dos efectos dos grandes lumes
“Non basta previr os incendios do prximo vern, debemos previr os incendios da prxima década”. Esta foi unha das ideas subliadas na tarde deste luns polos responsables do proxecto Firepoctep+, que ten como obxectivo identificar zonas clave na prevencin e diminucin dos efectos dos grandes incendios nas zonas fronteirizas entre Espaa e Portugal. O Museo de Pontevedra acolleu a presentacin en Galicia dun proxecto liderado pola Escola de Enxeara Forestal da 鶹 e no que participan 17 institucins e entidades dos dous pases. Coa participacin de mis de 40 representantes dos diferentes socios, esta xuntanza tia como obxectivo a posta en común das tarefas que est previsto levar a cabo nos diferentes paquetes de traballo dun proxecto financiado con 3,3 millns de euros e que se estender ata 2026.
Cofinanciado pola Unin Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural (Feder), no marco do Programa de Cooperacin Transfronteiriza Interreg VI-A Espaa Portugal 2021-2027 (POCTEP), Firepoctep+ ten como investigador principal ao director en funcins da EE Forestal, Juan Picos, que na tarde deste luns encargbase de presentar as lias centrais do proxecto, xunto cos coordinadores das diferentes actividades. Previamente, o encontro arrancou cunha benvida institucional na que participaron o reitor da 鶹, Manuel Reigosa,; o deputado provincial Roberto Carrero e o xefe provincial do Servizo de Prevencin de Incendios Forestais da Xunta. A continuacin, a reunin abriuse cun relatorio sobre a problemtica dos incendios en Galicia e no norte de Portugal, a cargo de José Antonio Vega, exdirector do Departamento de Incendios do CIF Lourizn e exprofesor da EE Forestal.
“Sementar intelixencia preventiva”
Designado proxecto de importancia estratéxica polo comité de seguimento do programa Interreg Espaa-Portugal, Firepoctep+ ten entre os seus eixes de actuacin a identificacin de zonas estratéxicas de xestin en diferentes reas piloto ao longo da fronteira. Trtase de puntos que resultan clave no comportamento dos grandes incendios e nos que unha actuacin preventiva permitira reducir a súa intensidade. Nese senso, ademais de localizalos, o proxecto abrangue tamén definir que accins poden levarse a cabo nestes puntos coa implicacin dos axentes locais. A idea, explican os seus responsables, é que naqueles puntos estratéxicos nos que sexa necesario un cambio na vexetacin, esta poida ligarse a actividades produtivas, como cultivos. De a que un dos seus piares, como subliou Picos, sexa o de “sementar intelixencia preventiva no territorio: saber dirixir as accins preventivas a aqueles lugares onde sexan mis eficaces” e conseguir implantar nestes “actividades produtivas que garantan o seu mantemento a longo prazo e reforcen o vnculo poboacin”.
Outra das reas de traballo é a formacin dos operativos de extincin, tendo en conta o “cambio de estratexia” que supora pr o foco nas zonas estratéxicas de xestin. “Non se necesitan heroes, necestanse profesionais valorados, con coecementos e medios adecuados, que poidan actuar con seguridade nun territorio preparado”, engadiu Picos, que subliou que facer fronte aos chamados “grandes incendios” require tanto de “formacin especfica” como de coordinacin entre dispositivos de distintas rexins ou pases. Nese senso, outro dos obxectivos do proxecto é definir propostas de mellora que permitan superar diferencias lexislativas e de xestin, xunto coa formacin e sensibilizacin da poboacin rural. “Paisaxe, paisanaxe e profesionais”, concluu o responsable deste proxecto, constitúen “as tres pancas contra os grandes incendios forestais”.
Ademais do director da EE Forestal, nesta mesa interviron tamén Francisco Senra, da Agencia de Medio Ambiente y Agua de Andaluca, que debullou as accins orientadas mellora da resiliencia da paisaxe ante os grandes incendios a partir de “actuacins participativas”; o investigador da Universidad de Extremadura Juan Carlos Giménez, que afondou nas tarefas centradas na mobilizacin de recursos endxenos. Outro dos paquetes de traballo pon o foco na mellora da “interoperatibilidade” entre efectivos e ten como coordinador Autoridade Nacional de Emerxencias e Proteccin Civil de Portugal, mentres que o orientado “cocreacin de solucins innovadoras” foi abordado neste encontro por José Manuel Requena, da Fundacin Finnova.
17 socios de ambos lados da ‘raia’
Xunto 鶹 e s entidades coordinadoras das diferentes lias de traballo, neste proxecto participan tamén a Direccin Xeral de Defensa do Monte da Xunta de Galicia; Feuga, responsable das iniciativas de difusin; EnergyLab; as universidades de Huelva, Crdoba e Évora; a Deputacin Provincial de Ávila; as comunidades intermunicipais da Rexin de Coimbra, Alto Minho e Algarve, a Comisin de Coordinacin e Desenvolvemento Rexional do Algarve e a Junta de Andaluca.
Boa parte destas entidades formaran previamente de Firepoctep, un proxecto financiado tamén polo programa Poctep que tivo entre as súas lias centrais de traballo o deseo de metodoloxas para a identificacin das zonas estratéxicas de xestin. “A experiencia e o coecemento adquirido ao longo da raia hispano-portuguesa é crucial para que toda Europa poida afrontar os riscos futuros derivados dos incendios”, sinalou Picos neste encontro, que se completou coas reunins dos diferentes grupos de traballo.
A actividade continúa ma martes cunha sada de campo zona de Figueirido, Cotorredondo e lago Castieiras, dirixida a presentar os traballos que os investigadores da EE Forestal desenvolven na rea piloto sur da provincia de Pontevedra.
