DUVI

Diario da 鶹

O profesor Benigno F. Salgado coordina un tributo académico ao escritor

16 estudos para rescatar do esquecemento ao poeta e xornalista Avelino Daz

A publicacin reúne as achegas de 20 investigadores e investigadoras

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Cultura
  • پܱ
  • Lingua Galega
  • ʳܲԲ
  • Աپ
Eduardo Muiz DUVI Pontevedra 26/06/2019

Natural do municipio lucense de Riotorto, Avelino Daz (1897-1971) residiu a meirande parte da súa vida en Bos Aires, onde combinou o seu traballo como contable coas súas facetas de poeta e xornalista, chegando mesmo a dirixir o xornal mis importante da colectividade galega na Arxentina, o Galicia. Dúas facetas que, por outra banda, non foran previamente abordadas nun estudo académico como , a publicacin coordinada polo profesor da Facultade de Ciencias Sociais e da dzܲԾ Benigno F. Salgado que reúne 16 estudos sobre a obra e traxectoria de Avelino Daz, realizados por 20 investigadores e investigadoras.

“Como non haba ningún estudo sobre el, nin apareca nas historias da literatura, fixen unha convocatoria solicitando xente que quixese investigar a poesa, o xornalismo e a biografa de Avelino”, apunta Salgado sobre un proxecto que busca recuperar o legado dun “poeta desaparecido”, a pesares da súa relevancia dentro da colectividade galega na Arxentina. Al Daz publicou tres libros de poemas, todos eles editados por el mesmo, e que son analizados no primeiro volume deste tributo académico, mentres que o segundo pon o foco no seu labor nos eidos do xornalismo, a traducin e o activismo. Non me deas dieiro polo que che dou, ttulo que Salgado tomou duns dos poemas de Daz, foi publicado por 3D1TOR4, o selo que creou en 2017 xunto a editora Tina Poethe para publicar Avelino Daz: 14 poemas, unha edicin crtica das poesas que Daz envou en 1936 a Xosé Filgueira Valverde co propsito de que puidesen ser includos na Escolma da lrica galega que coordinaba o polgrafo pontevedrés e que nunca viu a luz.

O poeta Avelino Daz

A anlise da producin poética deste autor centra o primeiro volume deste traballo, no que Salgado afonda, no primeiro artigo, no “poder reparador da poesa no exercicio da memoria histrica”, en relacin a un autor cuxa “ausencia das antoloxas e historias da literatura galega debe explicarse como efecto colateral do aparello represivo do  estado franquista”. O asesor lingüstico da CRTVG Paulino Novo suma a esta publicacin un estudo sobre os apelativos empregados por Daz na súa poesa, mentres que Alicia Sent e Andrea Castelo analizan as referencias ao celtismo na súa obra. 

A profesora da Facultade de Ciencias da Educacin e do Deporte Ana Acua propn neste volume unha relectura “desde a perspectiva do ecofeminismo” dos seus poemarios Debezos (1947) e Pallaregas (1963), libros dos que Roco Villanueva e Ica Moreiras analizan as alusins ao amor. A egresada da 鶹 Sofa Malvido suma a este tributo un artigo sobre a variedade temtica de Flor de retama (1947), o seu único libro en casteln, mentres que o mestre Paco Veiga afonda na pegada dos xogos tradicionais galegos na súa obra. Completa o volume o artigo no que a investigadora e docente Josefa Pieiro aborda a presenza dos conceptos de riqueza e pobreza na súa poesa. 

O xornalismo de Avelino Daz e a súa presenza nos xornais

O segundo volume brese cun artigo do catedrtico da Universidade de Santiago de Compostela Xosé Lpez sobre o xornalismo de opinin de Daz. Por outra banda, o profesor da Facultade de CCSS e da dzܲԾ David Formoso presenta un estudo sobre a pegada de Avelino Daz na prensa editada en Galicia entre 1921 e 2001, continuado coa anlise que a xornalista Vanesa Gmez realiza sobre as noticias relativas ao autor que se publicaron entre 2002 e 2017. A cobertura informativa que os principais xornais galegos deron ao seu pasamento en 1971 centra, por outra banda, o artigo que a catedrtica Aurora Garca realizou coas doutoras polas 鶹 Beatriz Feijo e Silvia Alende, estudo co que constatan a “escasa proxeccin que en Galicia se deu súa intensa actividade cultural e poltica na dispora”. 

O volume inclúe tamén o artigo no que a ex-alumna Susana Brandariz aborda o compromiso de Daz co galeguismo, as como anlise de Inés Mosquera sobre a súa actividade como tradutor. Xunto cun artigo no que o investigador da USC Miro Daz pon en relacin a obra de Daz coa doutros poetas da dispora, o libro complétase cun artigo da psicloga e sobria-neta do poeta Janet Daz, quen presenta un estudo sobre o impacto da emigracin na súa personalidade no que analiza cinco cartas inéditas que o autor enviara a súa familia.