DUVI

Diario da 鶹

A actividade estivo organizada polo Laboratorio de Bioqumica

Unha xornada afonda nos últimos avances en tecnoloxa encimtica

Contou coa participacin de especialistas do eido público e privado

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Congresos e xornadas
  • Universidade e empresa
  • Աپ
DUVI Ourense 25/10/2019

Achegarse a algúns dos últimos avances en tecnoloxa encimtica e suscitar o debate e o contacto entre especialistas do eido público e privado deste sector. Con este obxectivo a Facultade de Ciencias do campus de Ourense acolleu este venres a Xornada encimas: ciencia e tecnoloxa 2019, organizada por investigadoras do Laboratorio de Bioqumica da 鶹.

No ano 2009, explica Mara Luisa Rúa, responsable da actividade xunto a Clara Fucios, realizouse a primeira Xornada encimas: ciencias e tecnoloxa. Dez anos despois, indicou, “pensamos que era unha moi boa oportunidade para reeditar aquelas xornadas e no mesmo formato”, lembrando como nesta década “houbo moitos avances”, includa a concesin dun Premio Nobel compartido o ano pasado investigadora americana e tecnloga encimtica Frances H. Arnold. Ademais, indicou, nestes dez anos a tecnoloxa encimtica continuou sendo unha lia de traballo principal do Laboratorio de Bioqumica, que forma parte do Grupo AA1.

Revisar o estado da arte

Neste contexto, a xornada celebrada este venres pretendeu “revisar o estado da arte da investigacin en tecnoloxa encimtica, tanto desde o punto de vista da investigacin bsica e alimentaria”. Para profundar nestas cuestins, a actividade contou coa conferencia de tres investigadores “de primeiro nivel neste campo”, xunto con representantes dunha empresa lctea galega que incorpora encimas en procesos produtivos innovadores e de Bioga, unha organizacin empresarial sen nimo de lucro que aglutina s organizacins integradas na cadea de valor do sector biotecnolxico que teen a súa sede en Galicia. “Con esta actividade quixemos fomentar un debate entre estes axentes e sobre o estado actual da tecnoloxa encimtica tanto a nivel de investigacin como de aplicacin”, comentou Mara Luisa Rúa.

A xornada, patrocinada polo Clúster de Աپ e Transferencia Agroalimentario do Campus da Auga (Citaca), arrancou concretamente coa intervencin de Francisco Valero, da Universitat Autnoma de Barcelona, que falou de producin heterloga de lipasas microbianas e da súa aplicacin sntese encimtica de biodiésel. Juan Miguel Gonzlez, do Instituto de Recursos Naturais e Agrobioloxa, do CSIC Sevilla, falou dos termfilos en solos, e Francisco Plou, do Instituto de Catlise e Petroleoqumica, do CSIC Madrid, interveu sobre a transformacin encimtica de carbohidratos en produtos de valor engadido para as industrias alimentaria e nutracéutica. Pola súa banda, Natalia Estévez, de Queizuar, falou do papel dos encimas nunha industria queixeira, e Loli Pereiro, de Bioga, do potencial da industria biotecnolxica en Galicia.