DUVI

Diario da 鶹

O campus sumouse este mércores celebracin do 17 de maio

Seis pequenas historias para render homenaxe a Fraguas e s letras galegas

Alumnado de Ciencias da Educacin actuou ante 250 escolares

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Ourense
  • Cultura
  • Cultura
Rosa Tedn DUVI Ourense 15/05/2019

O campus de Ourense sumouse este mércores celebracin do Da das Letras Galegas 2019 cunha actividade na que alumnas e alumnos dos graos de Educacin Infantil e Primaria da Facultade de Ciencias da Educacin representaron seis dramatizacins de contos infants ante un público formado por 250 nenas e nenos do CEIP Mestre Vide da cidade. Con esta actividade quixeron render homenaxe a Antn Fraguas, a quen se lle dedica este ano o 17 de maio, e “reivindicar un futuro para a cultura e a lingua galega”.

Esther de Blas, vicerreitora do campus de Ourense, e Mar Garca, decana da Facultade de Ciencias da Educacin, foron as encargadas de dar a benvida s e aos escolares e ao profesorado que os acompaou na súa visita ao campus. Nas súas palabras destacaron a ledicia que supn para a institucin académica abrir as súas portas a nenas e nenos e compartir con elas e eles a festa da cultura galega. Segundo explicou Mati Gonzlez, unha das profesoras que acompaou s e aos escolares, para participar nesta actividade achegronse ao Edificio de Ferro 250 nenos e nenas dos tres cursos de Educacin Infantil e de primeiro e segundo curso de Educacin Primaria do CEIP Mestre Vide. “No noso centro traballamos moito o Da das Letras Galegas e gústanos que os nosos alumnos participen neste tipo de cousas, son actividades que resulta moi atractiva para eles”, comentou Mati Gonzlez, lembrando como xa teen participado en anos anteriores da programacin organizada no campus de Ourense co gallo do 17 de maio.

Aprendizaxe e transferencia

“Trtase de conmemorar a efeméride do Da das Letras Galegas, neste caso dedicada a Fraguas, e facémolo cunhas dramatizacins para escolares feitas a partir da adaptacin de libros infants que leron os nosos alumnos e alumnas”, comentou Isabel Mocio, unha das profesoras de Ciencias da Educacin que organizou a actividade. As, detallou, a homenaxe consistiu nunha sesin na que o público puido ver seis dramatizacins de contos feitas como exercicios de aula por arredor de 60 estudantes de segundo curso de Educacin Infantil e Primaria e de cuarto curso de Educacin Primaria de distintas materias, como son Lingua e Literatura, Didctica e Música. “O que queremos con esta actividade é que o alumando transfira, que chegue aos destinatarios finais do seu trabalo. É unha actividade de aprendizaxe para eles e elas, queremos que vaian aprendendo a xestionar ao futuro alumnado co que van ter que traballar cando sexan mestres e mestras”, comentou Mocio.

As dramatizacins arrancaron cunha titulada Xogamos con Fraguas, na que dúas alumnas deron s e aos escolares presentes unha pincelada sobre o escritor galego salientando a súa faceta como historiador, antroplogo e etngrafo e as viaxes que realizou por Galicia en busca de “tesouros” e que lle permitiron escoitar moitas historias, segundo explicaron as estudantes na súa actuacin. Seguronlle pezas sobre os contos O sultn e o queixo, A toupia que quera saber quen lle fixera aquilo na cabeza, A mellor torta do mundo, O corazn e a botella e Corre corre, cabacia. As dramatizacins tiveron diferentes estilos e estratexias, elaborando cada grupo de estudantes a escenografa, os dilogos, as traducins, as adaptacins, o vestiario, o decorado, a música, etc. Das actuacins, Isabel Mocio salientou ao seu remate o esforzo feito polo alumnado para “dramatizar diante dun público real e moi numeroso” e a importancia de que as e os estudantes vexan “se o seu traballo chega ou non ou que problemas ten con respecto relacin que se establece co destinatario último, que son as nenas e nenos”.

Buscando a normalizacin cultural

Trala celebracin do acto, Isabel Mocio destacou tamén a importancia de conmemorar o Da das Letras Galegas. “É necesario seguir celebrando efemérides, basicamente polo feito de que temos que normalizar a nosa cultura. Precisamente os nenos e nenas de Educacin Infantil e Primaria son as xeracins do futuro, as que estn chamadas a esa normalizacin que de momento non temos”, apuntou a profesora. “O Da das Letras Galegas ten que seguir asentando anda mis a lingua galega a través do recoecemento que supn destacar personalidades que contriburon formacin da nosa cultura e s que por suposto temos que lembrar”, subliou. Neste aspecto, Mocio recalcou o papel dos mestres e mestras como mediadores e transmisores culturais.