O programa Inspira Steam remata a súa segunda edicin case triplicando as cifras da primeira
Inspiracin cientfica e tecnolxica para mis de 200 nenas de Vigo e comarca
O proxecto estenderase, previsiblemente, aos centros escolares ourensns o ano que vén
Nacido hai catro anos na Universidad de Deusto, o programa de fomento de vocacins cientfico-tecnolxicas entre as nenas arrancou en Galicia da man da 鶹 no curso 2018-2019. Daquela 122 nenas de 6º de Primaria de cinco centros escolares de Vigo e comarca descubriron, a través de accins de sensibilizacin e orientacin, as experiencias de mulleres que desenvolven a súa actividade profesional nos mbitos da investigacin, a ciencia e a tecnoloxa, co obxectivo de espertar nelas unhas vocacins, que nos últimos anos se evidenciou que estar a descender de xeito dramtico. Na súa segunda edicin en Galicia, o programa Inspira Steam case triplicou as cifras da primeira, estendéndose a 14 centros escolares de Vigo, Tui, Baiona, Nigrn e Caldas de Reis, contando coa participacin de 236 nenas e 290 nenos e acadando a cifra de 24 mentoras para as rapazas e 21 mentores para os seus compaeiros.
Anda que a pandemia impediu que o programa se puidese desenvolver completo en case todos os centros, a vicerreitora de Captacin de Alumnado, Estudantes e Extensin Universitaria, Natalia Caparrini asegura que “como a primeira, esta segunda edicin foi moi positiva e os comentarios dos colexios, mentoras e alumnas e alumnos son moi gratificantes e a todos lles parece unha experiencia moi enriquecedora”. Con respecto edicin do curso pasado, na que os rapaces foron titorizados polas mentoras mulleres profesionais, nesta segunda foron as e os docentes dos propios centros os que se encargaron da súa formacin. No caso das súas compaeiras de clase, elas continuaron a recibir nesta segunda edicin as sesins de formacin por parte de mulleres profesionais, principalmente enxeeiras e investigadoras con algún vnculo coa 鶹, ao ser, ben egresadas, ben docentes, ben investigadoras.
Na sesin virtual de peche do programa, e na que ademais dalgunhas mentoras desta segunda edicin e da vicerreitora, tamén tomaron parte as promotoras da idea orixinal nacida en Deusto: Ohiane Zarate, Lorena Fernndez e Mari Luz Guenaga, Caparrini agradeceu a implicacin e o traballo desenvolvido polas mentores e docentes dos centros, ao tempo que manifestou o seu desexo de poder o vindeiro mes de setembro “lanzar a terceira edicin, invitando en primeiro lugar aos centros que este ano non puideron rematar, e ampliado a mis centros e mentoras, porque xa temos moitas solicitudes”. As mesmo, a vicerreitora avanzou a súa intencin de que o vindeiro curso o programa poida estenderse a centros escolares do campus de Ourense.
Mentoras comprometidas coa difusin da súa actividade profesional
Ruth Muleiro Alonso desenvolve a súa actividade profesional na oficina de proxectos europeos de Gradiant e foron precisamente varias compaeiras do centro de investigacin en telecomunicacin de Galicia as que lle recomendaron tomar parte no programa Inspira Steam. “Decidn participar porque a iniciativa era cando menos interesante. Cando traballas en TIC ests rodeada maioritariamente por homes e iso lévate a pensar que dalgunha maneira hai que incentivar o interese das nenas en carreiras de ciencias e enxearias”, explica a enxeeira informtica, que considera que a súa participacin no programa unha oportunidade para poder compartir coas rapazas as boas experiencias “e, especialmente, de crecemento persoal que me achegou este sector”.
Tras as formacin recibida, as mentoras facan xogos e falaban da súa experiencia laboral, escoitaban as expectativas de futuro das nenas e debatan con elas o papel da muller no contexto actual. “A mia experiencia foi moi enriquecedora. Creo que foron sesins tremendamente proveitosas porque axudan a sar un pouco deste contexto social e ideolxico no que vivimos, porque te das de conta de que as nenas non estn influenciadas por nada diso, senn que as súas opinins son totalmente puras”, sinala Ruth Muleiro. No mesmo sentido se pronuncia Raquel Pérez Orozco, graduada en Enxeara da Enerxa e que actualmente forma parte do Grupo de Tecnoloxas Enerxéticas (GTE-Cintecx) da 鶹, onde est a piques de rematar os seus estudos de doutoramento. “Formar parte do programa Inspira Steam resultou ser unha experiencia moi gratificante, amena, e da que considero que tanto os alumnos participantes, como as mentoras puidemos extraer moitos aspectos positivos”, explica.
A investigadora, que centra o seu labor na optimizacin do emprego da biomasa a nivel doméstico, participou por primeira vez este curso no proxecto, no que algunha compaeira xa tomara parte na primeira edicin. “O concepto no que se basea o programa pareceume moi interesante, xa que non se trata dunha actividade de divulgacin ao uso, senn que permite trasladarlles aos escolares uns valores que lle servirn no seu futuro”, sinala Raquel Pérez.
