Nun proxecto piloto europeo que trata de tender pontes entre pases
Estudantes Erasmus exercern de voluntarios en colexios e institutos para xerar conciencia intercultural
Neste curso seis alumnos estn a participar de xeito experimental
En 2017 o programa Erasmus cumpra 30 anos e, ao longo dese tempo, nove millns de estudantes de universidades europeas tiveron a oportunidade de completar os seus estudos noutro pas. Cada un destes alumnos e alumnas é un potencial embaixador do seu pas, da súa cultura, da súa lingua... un potencial que o proxecto europeo Social Erasmus+ quere aproveitar. Trtase dunha iniciativa posta en marcha por un consorcio do que forman parte tanto asociacins xuvens como universidades para achegar os estudantes internacionais s escolas primarias e secundarias locais fomentando as un dilogo aberto entre as culturas e a conciencia intercultural.
O proxecto est impulsado por Eramus Student Network (ESN), xunto coa Fundacin Universitaria Europea e Youth for Exchange and Understanding e institucins académicas como a 鶹, Vrije Universiteit Brussel, Universidade de Viena, Scholengroep Vlaamse Ardennes e ESN Besançon, co apoio de The Organising Bureau of European School Student Unions e a Universidade de Franche- Comté. Esta semana os representantes destas entidades reúnense no campus de Vigo para seguir perfilando o programa formativo do estudantado participante, o seu marco competencial e os plans de accin para que esta proposta se faga global. A modo de experiencia piloto, a 鶹 contou neste curso con seis alumnos, tres do campus de Vigo e tres de Ourense, que colaboraron con centros da contorna, amosando aos rapaces e rapazas a súa cultura e tradicins.
A coordinadora do proxecto na 鶹 é a vicerreitora de Responsabilidade Social, Internacionalizacin e Cooperacin, Mª Isabel Doval. Explica que o obxectivo de Social Erasmus+ é “fomentar a diversidade, o coecemento de linguas, culturas e sociedades e, ao tempo, visibilizar as potencialidades dos programas de mobilidade académica como Erasmus”. Trtase de convidar aos estudantes estranxeiros a ser “participantes activos” durante o seu intercambio, para que dediquen parte do seu tempo a accins de voluntariado coa comunidade da cidade que os acolle, creando as un punto de encontro entre o alumnado internacional e a xuventude do pas receptor. Deste xeito, remarca Doval, “queremos xerar conciencia intercultural entre os estudantes de secundaria, aumentar o recoecemento do voluntariado no desenvolvemento dos plans de estudo e difundir os valores europeos, a cultura e a cidadana global”. Ademais, esta conexin entre mozos e mozas de diferentes partes do mundo permiten un intercambio cultural con toda a sociedade local, non s cos alumnado dos colexios e institutos e, ao tempo, fai posible un incremento do recoecemento das actividades voluntarias na Educacin Superior.
Voluntarios e voluntarias de Cabo Verde, Guinea Ecuatorial e Alemaa
No marco do proxecto, que remata no mes de outubro, na Universidade Vigo xa se realizaron actividades de voluntariado en fase piloto en colexios prximos aos campus, como o IES Blanco Amor de Ourense e Colexio Andersen de Vigo con estudantes voluntarios de Cabo Verde, Guinea Ecuatorial e Alemaa. Mª Carmen Mokuy, da Universidade de Guinea Ecuatorial, é unha das voluntarias que xa participou neste proxecto. Explica que “esta experiencia cos nenos” beneficiar o seu futuro profesional, “o meu soo era dar clases nunha aula e transmitir coecementos, pero isto axudoume a reducir o medo de falar en público”. Pola súa banda, Leliane Edneia Monteiro de Oliveira, de Cabo Verde, achegou a rapaces e rapazas os seus coecementos sobre enerxa e medio ambiente, campo no que se est especializando. “Foi unha oportunidade de contribur cos obxectivos de desenvolvemento sostible 2030 transmitindo os meus coecementos e o que se est a facer neste eido en Cabo Verde”. Cualifica esta oportunidade como unha “grande experiencia, na que todos facemos preguntas e todos aprendemos” e supuxo tamén a oportunidade de coecer como funciona un colexio rural de Vigo. Para Anna Kitchenko, estudante alem, o seu paso polo colexio Andersen de Vigo foi a súa “primeira experiencia nunha clase, nunca o fixera antes”. Recoece que, ao tempo que lles explicou aos alumnos as caractersticas do seu pas de orixe e a súa cultura, tamén puido aprender moito sobre Espaa e mellorar o seu dominio do casteln. “Este tipo de actividades serven para romper as barreiras que moitas veces existen entre o alumnado estranxeiro e a comunidade local” e que frean a súa integracin efectiva na universidade de acollida.
Formacin previa
Para afrontar esta experiencia, os estudantes internacionais reciben formacin por parte do profesorado da 鶹 e contan con apoio e asesoramento por parte da institucin, que proporciona material didctico especfico para esta actividade e unidades relacionadas con diversos temas como cultura, xeografa, linguas tradicionais, costumes, música, gastronoma, celebracins tpicas, papel da muller noutras culturas, medio ambiente, etc. Todas estas ferramentas son supervisadas por profesorado da 鶹 e son os responsables dos centros os que deben consensuar as horas que os seus estudantes lle poden dedicar a estes labores de voluntariado.
As entidades impulsoras desta iniciativa destacan os beneficios que os voluntarios e voluntarias obteen con este tipo de iniciativas de intercambio cultural. Por unha banda, achegarse a colexios e institutos permtelles coecer o sistema educativo en Galicia, pero tamén a cultura local ao tempo que comparten a do seu lugar de orixe cos rapaces e rapazas do centro educativo. Esta actividade serviralle tamén para mellorar as súas habilidades de comunicacin tratando de “inspirar” o alumnado explicando a súa experiencia de intercambio e fomentar o nacemento de novas amizades. Tras estas primeiras experiencias de xeito experimental no marco do proxecto, a Universidade agarda que nos vindeiros meses se sumen mis estudantes estranxeiros e, sobre todo, farn fincapé en divulgar este programa xa pensando nos estudantes internacionais que cheguen aos tres campus no vindeiro curso.
