Colombia e Brasil, pases de procedencia con maiores aumentos
A solicitudes de acceso a mestrados da 鶹 por parte estudantado internacional increméntanse en case 500 para o curso 2026/2027
A 鶹 confirmou un incremento de case 500 solicitudes de acceso aos estudos de mestrado para o curso 2026/2027 por parte de estudantado internacional de fra do Espazo Europeo de Educacin Superior (EEES), respecto das rexistradas o presente curso, “consolidando as unha tendencia ascendente marcada pola crecente internacionalizacin da súa oferta académica”, asegura a vicerreitora de Internacionalizacin en funcins, Maribel del Pozo.
Os datos das solicitudes rexistradas, preto das 2300, amosan subidas significativas en pases estratéxicos, con incrementos destacados tanto en volume como en porcentaxe con respecto convocatoria do ano pasado, como é o caso de Colombia (+122 solicitudes; +222%), Brasil (+86; +176%), Marrocos (+137; +115%) e México (+39; +139%). Tamén se confirman crecementos relevantes en Perú (+46; +82%), Ecuador (+26; +104%) e Cuba (+28; +41%). Pola súa banda, no caso de caladoiros emerxentes, destacan especialmente Turqua (+2200%) e Paquistn (+1300%), anda que partindo de cifras iniciais mis reducidas. Pola súa banda, Venezuela experimenta tamén unha evolucin positiva (+11 solicitudes; +13%), consolidando a súa presenza entre o estudantado internacional.
“Este crecemento est directamente vinculado participacin activa da Vicerreitora de Internacionalizacin en feiras e eventos de captacin de estudantado internacional, onde se reforzou a visibilidade da universidade e da súa oferta de posgrao”, explica Maribel del Pozo, que lembra que, neste contexto, durante a asistencia a estas feiras de captacin e encontros de networking internacional, o equipo da Vicerreitora de Internacionalizacin mantén reunins de traballo cos seus homlogos doutras universidades estranxeiras, co obxectivo de asinar novos convenios de colaboracin, renovar acordos xa existentes e dar a coecer a oferta académica da institucin.
Co obxectivo de facilitar a comunicacin e o acceso informacin do estudantado potencial de mestrado, habilitouse un grupo de WhatsApp ao que poden incorporarse as persoas interesadas, e no que o equipo da Vicerreitora lles ofrece resposta, practicamente de xeito inmediato, s súa consultas.
O peso do estudantado descendente de galegos e un prazo extra de solicitude
Maribel del Pozo sinala outros dos factores que deben terse en conta para explicar o incremento experimentado no número de solicitudes rexistrado por parte do estudantado de fra do EEES. Dunha banda, o peso do alumnado descendente de galegos e galegas no exterior, que accede universidade ao abeiro das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME) da Xunta de Galicia. “Xa no curso pasado a 鶹 foi a institucin do Sistema Universitario Galego (SUG) que captou un maior número de estudantes a través deste programa, reforzando as o seu papel como ponte académica coa dispora galega”, destaca a vicerreitora en funcins.
E pola outra, Maribel del Pozo apunta ao adianto dun prazo extraordinario especfico para estudantes con ttulos estranxeiros, unha medida adoptada en acordo co Servizo de Posgrao, que facilita unha planificacin mis anticipada do proceso de admisin e sobre todo facilita a xestin de visados.
O incremento no número de estudantes internacionais considera Del Pozo que achega un valor engadido institucin, dunha banda porque “enriquece o ambiente académico e social ao introducir diversidade de culturas, linguas e perspectivas, o que favorece o pensamento crtico, a tolerancia e a preparacin do estudantado para un mundo globalizado”. E pola outra, porque a presenza de estudantes internacionais inflúe positivamente nos rankings universitarios, “xa que moitos indicadores valoran a internacionalizacin, como a porcentaxe de alumnado estranxeiro ou a colaboracin global. Isto incrementa o prestixio da institucin, atrae mis talento e fortalece a súa reputacin a nivel internacional”, explica.
