DUVI

Diario da 鶹

A tempada arranca esta fin de semana no Trofeo Progreso de Lugo

O equipo de orientacin volve disposto a revalidar o ttulo de campin galego

Integrado por 20 corredores e 15 corredoras e dirixido por José Luis Armada

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Vigo
  • Deportes
  • Deportes
Esteban Canle DUVI 24/01/2019

Nas carreiras de orientacin non s gaa quen mis rpido corra, senn tamén quen mellor se desenvolva cun mapa e un comps na man. Isto é algo que saben ben os 35 compoentes, 20 homes e 15 mulleres, que este ano forman parte do . Actuais campins da liga universitaria galega, esta fin de semana inician unha nova tempada coa “ilusin de non baixar o nivel e de que, cando menos, se sigan mantendo os bos resultados que acadamos nas últimas tempadas”, destaca José Luis Armada, responsable do equipo.

A liga arranca este sbado da 26 en Lugo cunha dobre proba no Trofeo Progreso, na que competirn nunha carreira de media distancia e noutra de tipo sprint. “As probas de orientacin divdense en sprint, media e longa distancia, variando en funcin da categora e do terreo no que se desenvolva”, explica Armada, ao que engade que se trata de competicins deportivas nas que os e as participantes teen que ir dun punto a outro dos sinalados no menor tempo posible. Na 鶹 o equipo formouse no 2001 e, dende entn, ano tras ano foi medrando ata converterse nunha referencia a nivel galego nas carreiras de orientacin. Plenamente consciente de que o nivel nas probas é cada vez maior, Armada agarda “que a xente siga participando coa mesma dedicacin e entusiasmo que ata o de agora”.

Teresa Belln e Brais Pieiro, dous dos nomes mis destacados

En 2018 o equipo da 鶹 rematou como primeiro no campionato galego universitario. Fxoo copando o podio na seccin masculina, con Brais Pieiro coma primeiro, Germn Pérez coma segundo e Vicente Pastoriza en terceiro lugar, mentres que na categora femenina Teresa Belln e Isabel Pastoriza acadaron un primeiro e un segundo posto. Como fitos tamén podemos destacar un 4º e 5º posto no Campionato de Espaa, logrados por Begoa Crespo e Ana Iglesias. Súmase a todo o anterior un primeiro posto obtido por Ana Iglesias na Liga Galega de Orientacin, as como varios podios en distintas categoras nesa mesma competicin. Ademais, o equipo contou cunha pequena representacin en tres campionatos internacionais, os City Race, que tiveron lugar en Londres, Manchester e Funchal.

Durante os primeiros compases deste ano, a intencin do equipo é a de participar en todas as probas posibles que sexan puntuables para a Liga Galega de Orientacin. As, ao longo do ano, “participarase en oito carreiras que contan de cara o campionato galego”, salienta Armada. Ademais, tentarase repetir o éxito da tempada pasada volvendo a participar nos campionatos de Espaa e nalgunhas citas internacionais.

Un equipo dividido en 17 categoras

O equipo universitario de orientacin divdese en 17 categoras e, como na maiora dos deportes, a segmentacin vén dada polo sexo e pola idade, anda que, dentro delas, tamén existen categoras intermedias, absolutas ou elite tanto para mulleres como para homes. “Entre os oito e os 20 anos as categoras divdense de dous en dous anos, despois temos os senior, de entre 21 e 35 anos e , nas restantes categoras, agrúpanse de cinco en cinco anos ata chegar aos veteranos, de 55 ou mis anos”, sublia Armada, ao que engade que no equipo da 鶹 “temos corredores de moitas idades, de feito os mis novos son fillos de membros da comunidade universitaria”.

Dentro de todos os tipos de carreiras nos que compite o equipo, probas adaptadas a cada nivel e ,anda que todas elas resulten esixentes tanto a nivel fsico coma técnico, as que mis impoen aos corredores son as que transcorren polo monte. “Anda que as probas de sprint son bonitas, non deixan de se ser probas curtas que se corren por cidade, por iso as que mis gustan son as probas de monte”, tal e como salienta Armada, que fai fincapé en que se trata de probas moito mis exixentes, con planos moito mis complexos, nas que os corredores participan mis motivados e para as que se adestran mis intensamente.