DUVI

Diario da 鶹

As probas tiveron lugar o sbado en Caminha

Cinco medallas para o equipo vigués no arranque da nova liga inter-rexional de Orientacin

Diego e Germn Pérez, Ana Iglesias e Vicente Pastoriza recolleron os trofeos correspondentes a 2019

Etiquetas
  • Estudantes
  • PAS
  • PDI
  • Vigo
  • Deportes
  • Deportes
DUVI 21/01/2020

As corredoras e corredores do equipo de Orientacin da 鶹 arrancaron a nova tempada da liga inter-rexional Galiza-Norte de Portugal colgndose dúas medallas de prata, conseguidas por Ana Iglesias (F40) e Begoa Crespo (F45), e tres de bronce, da man de Diego Pérez (M16), Germn Perez (M45) e Cristina Fernndez (F40). A estes excelentes resultados hai que sumar ademais os mis que meritorios postos conseguidos por Francisco Jesús Burgos (4º en M35) e Sabela Pérez, Patricio Pelez e Olimpia Álvarez (5º posto en F12, M45 e F45, respectivamente).

A carreira, celebrada o sbado no pieiral de Caminha, desenvolveuse nun mapa pouco frecuente en Galicia, pero moito mis habitual na lia costeira lusa, e que obrigou aos corredores a unha alta concentracin e velocidade, as como a realizar unha boa eleccin de rutas. “Cabe subliar a alta participacin do noso club, que con 20 persoas inscritas, convertase no segundo club de toda Galicia en canto a participantes na citada proba”, explica Ricardo Figueroa, novo director técnico da Seccin de Orientacin da 鶹, quen adiantou que esta liga constar, ao longo do ano, dun total de seis probas –tres en Galicia e tres en Portugal-, sendo a vindeira cita o 14 de marzo en Betanzos.

Entrega de trofeos da liga 2019

Coincidindo co arranque da liga 2020 realizouse tamén a entrega de trofeos da Liga Inter-Rexional Galiza-Norte de Portugal do ano 2019, onde destacaron os resultados obtidos polos deportistas da 鶹, con cadanseu primeiro posto de Diego Pérez (M14), Ana Iglesias (F40) e Vicente Pastoriza (M40), as como o segundo posto obtido por Germn Pérez (M45).

Para completar a xornada, xa pola tarde, celebrouse tamén unha proba rexional norte de Portugal na que, novamente, unha das figuras mis novas do equipo, Diego Pérez, consegua un destacado segundo posto na súa categora, Xuvens Masculino. Unha vez rematada esta proba, o grupo de Tecnificacin da Federacin Galega de Orientacin mantivo unha charla co grupo de rapazas e rapaces -no que est tamén Diego Pérez- para analizar as carreiras do da, e ir comezando a planificacin desta nova tempada.

A seguinte cita seren Lugo o 8 de febreiro

A seguinte proba na que competir o equipo de Orientacin da 鶹 ser na cidade de Lugo, onde se celebrar, o vindeiro da 8 de febreiro, a 1ª proba da Liga O Pé 2020.