DUVI

Diario da 鶹

A estudante do campus pontevedrés foi seleccionada pola federacin espaola 

Marta Domnguez buscar na India a súa terceira medalla no Campionato do Mundo Universitario de Squash

Tras acadar o ouro na categora individual en 2024

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Deportes
  • Estudantado
  • Deportes
DUVI Pontevedra 06/07/2026

Entre o 3 e o 9 de agosto, deportistas procedentes de 20 pases reuniranse en Mumbai para participar no Campionato do Mundo Universitario de Squash, no a 鶹 estar representada por Marta Domnguez. A estudante da Facultade de Ciencias da Educacin e do Deporte foi unha das seleccionadas pola Federacin Espaola de Squash para participar nunha competicin organizada pola Federacin Internacional de Deportes Universitarios (FISU) e a Universidade Somaiya Vidyavihar, que supor ademais a terceira presenza desta deportista nun mundial universitario. Despois de acadar un bronce en 2022 e a medalla de ouro na competicin individual en 2024, Domnguez Fernndez acude a esta cita co obxectivo de subir novamente ao podio, tanto na competicin individual como na modalidade por equipos.

Terceira e última presenza 

Estudante de Mster en Ciencia do Exercicio, Preparacin Fsica e Readaptacin Deportiva, Domnguez completaba nas últimas semanas a súa sexta tempada no circuto profesional de squash no posto 43 do rnking mundial PSA, o que converteraa nunha das cabeza de serie dunha competicin que afronta, recoece, “con moita ilusin” e que ser ademais a súa derradeira oportunidade de participar neste torneo da FISU. De feito, viaxar a India semanas despois de defender o seu traballo de fin de mestrado e poucos das antes de cumprir os 25 anos, a idade mxima para participar neste torneo. Farao co reto de tentar revalidar o ttulo de campioa do mundo universitaria, as como de tratar tamén de loitar polo ouro na competicin por equipos, xunto cos outros tres deportistas cos que Espaa acode a esta cita. “Conseguir os dous ouros sera o broche perfecto”, recoece a representante da 鶹. “Para min este torneo sempre é moi especial, porque non e fcil compaxinar os estudos co deporte, polo que é como unha recompensa”, engade esta alumna, quen pon en valor as facilidades que lle brinda a institucin académica para compaxinar a súa formacin universitaria co circuto profesional de squash, “porque sen iso, serame imposible”. 

Graduada en Ciencias da Actividade Fsica e do Deporte, Domnguez convertase en 2022 na primeira estudante da 鶹 en subir ao podio nun mundial universitario de squash. Dous anos despois, proclambase campioa do mundo universitaria en Sudfrica, un logro que por aquel entn va como “unha maneira preciosa de pechar o meu ciclo na Universidade”, posto que por naquel intre atopbase completando o mster de Profesorado en Educacin Secundaria. Mais, a posta en marcha no presente curso do novo mestrado en Ciencia do Exercicio, Preparacin Fsica e Readaptacin Deportiva converteuna de novo en alumna da Facultade de Ciencias da Educacin e do Deporte, onde cursou un posgrao que recoece como unha “grande aprendizaxe” e que súa vez abralle as portas dun terceiro mundial universitario. 

Primeira cita tras a mellor tempada da súa carreira

A falta de coecer quen sern os inscritos e inscritas polos diferentes pases participantes, Domnguez acudir a esta cita co obxectivo de “revalidar o ttulo” acadado en 2024 en Surfrica, tendo en conta ademais que a súa clasificacin no posto 43 do rnking mundial converteraa nunha das rivais a bater. De feito, a competicin de Mumbai supor para Domnguez Fernndez o retorno competicin tras as semanas de estudos e vacacins que est a vivir tras completar a mellor tempada da súa traxectoria. Nas últimas semanas, a deportista do Squash Ras Baixas pechaba o seu calendario de competicins no Brasil, onde lograba a vitoria no ECP Open de São Paulo e no Curitiba Open, as súas dúas primeiras vitorias en torneos de 15.000 dlares, que levrona a ascender mis de dez postos no rnking PSA. “O meu sono fora sempre estar no top 50 do mundo e, ata agora, nunca o conseguira”, recoece Domnguez, que abra a tempada cunha medalla de bronce nos Wolrd Games, unha sorte de olimpadas para disciplinas non presentes nos xogos. A este éxito sumara logo o seu terceiro ttulo de campioa de Espaa, o cuarto posto no Campionato de Europa ou superar a primeira rolda do Campionato do Mundo, situndose por primeira vez entre as 32 mellores nesta competicin.

“Foi a mellor tempada da mia carreira deportiva”, sublia. Nela, lembra, contou coa incorporacin do profesor da facultade Pedro Vicente Vila como preparador fsico, sumndose ao equipo técnico que completan o seu adestrador Damin Arosa e o seu compaeiro de adestramento Juan Simal, as como o psiclogo Rubén Domnguez, tamén profesor de Ciencias da Educacin e do Deporte. “Agradézolles enormemente o traballo que fixeron comigo e que levounos a facer a mellor tempada”, sublia esta deportista, quen ve a súa participacin en Mumbai como “un premio” para a unha faceta da que se sinte “moi orgullosa”, recoece, a de “saber compaxinar a vida persoal e o estudos” co deporte profesional.