Na cuarta edicin da convivencia profesional e interuniversitaria deste colectivo
O Xurés ser en setembro sede do maior de encontro internacional da educacin social
Coa participacin de 15 universidades de Galicia, Portugal e Len
Do 26 ao 28 de setembro, o concello ourensn de Lobios acoller o , evento cunha intensa programacin formativa e lúdica que aglutina a celebracin do IV Seminario Internacional de Educacin Social, a IV Convivencia Profesional e Interuniversitaria da Educacin Social e o festival musical Xurés Son. A cita, que se presenta como o maior encontro internacional de profesionais da educacin social, est promovida polo Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (Ceesg) e coordinada pola Facultade de Educacin e Traballo Social da 鶹.
Un orgullo e un traballo colectivo
A súa programacin foi presentada este venres no campus. No acto, Francisco Javier Rodrguez, vicerreitor do campus de Ourense, salientou que co apoio a estas iniciativas a institucin académica traballa cada vez mis na súa apertura s comarcas rurais, pondo en valor o feito de que Xurés 2025 constitúe “un espazo único no que se encontran profesionais, alumnado e sociedade arredor dunha profesin tan importante como é a educacin social”. Pola súa banda, Isabel Mocio, decana da Facultade de Educacin e Traballo Social, recalcou que esta actividade enlaza con tres eixes estratéxicos deste centro, como son traballar coa escola rural, afondar no contacto coa profesin e entidades e apostar pola a multi e a interdisciplinariedade, lembrando que neste evento participa un amplo colectivo de alumnado e profesorado dos seus graos de Traballo Social, Educacin Social, Educacin Primaria e Educacin Infantil. En nome do Concello de Lobios, a educadora social Mara Almeida, salientou o “orgullo” que supn para un concello do rural con arredor de 1700 persoas como o seu, e para toda a comarca, acoller unha iniciativa desta envergadura e implicarse activamente no seu desenvolvemento.
O profesor Deibe Fernndez Simo, membro tanto do equipo directivo da Facultade de Educacin e Traballo Social como do Ceesg, destacou en nome da organizacin a satisfaccin de ver como na súa cuarta edicin este evento “xa est considerado o evento de educacin social mis potente que hai a nivel mundial, algo do que nos temos que sentir todos moi orgullosos”. Trtase, indicou, dunha proposta diferente que se escapa dun congreso habitual, que constitúe unha boa prctica no que é a conexin e convivencia entre profesin e mbito universitario e que implica na súa organizacin e desenvolvemento un amplo colectivo de persoas tanto do mbito profesional e académico como do tecido social da zona.
Do formativo ao lúdico
Segundo explican desde a organizacin, desde o ano 2022, esta convivencia “converteuse nun espazo único de encontro para visibilizar a profesin de educacin social, promovendo ao mesmo tempo a cultura e as tradicins do rural raiano ourensn”. Este evento, que cada vez gaa mis forza, apuntan, constitúe “unha oportunidade para reflexionar, aprender e compartir, tanto en formato formativo como en actividades culturais e de lecer”. Na súa cuarta edicin, conta coa participacin de 15 universidades con estudos de Educacin Social, dez delas lusas, as tres galegas, a de Len e a UNED. Igualmente mantén a súa filosofa de ofrecer un programa que integra formacin especfica para profesionais e estudantes de educacin social e ao mesmo tempo ofrece unha morea de actividades abertas ao público, como obradoiros, xogos populares, actuacins musicais e rutas interpretativas pola natureza.
Concretamente, o IV Seminario Internacional de Educacin Social versar sobre tres eixes de traballo: acompaamento socieducativo de calidade con infancia, adolescencias e familias vulnerables; desde a accin socioeducativa na escola ata a educacin social escolar, e os retos da educacin social. Contar con obradoiros, conferencias, presentacin de proxectos, mesas de debate, mostras de innovacin pedagxica e mis programacin. Tamén haber unha homenaxe ao profesor da Facultade de Educacin e Traballo Social da 鶹 Xosé Manuel Cid por ser “un referente para a educacin social galega e espaola”. Ademais est prevista a publicacin dun libro electrnico titulado Transferencia para as boas prcticas en educacin social, estando anda aberto o prazo de presentacin de comunicacins para el. Polo que respecta ao Festival Xurés Son est previsto que conte coas actuacins musicais de Caamao&Ameixeiras, Sabela, Eris Mackenzie, Catuxa Salom, O Sonoro Maxn e outras. A organizacin do programa lúdico recae no tecido asociativo da zona, contando co apoio da facultade e Ceesg.
A actividade, que conta cun amplo panel de apoios, como a Consellera de Poltica Social e Igualdade e a Deputacin de Ourense, est pensada principalmente para profesionais e estudantes de Educacin Social de calquera lugar, pero tamén é aberta a todas aquelas persoas interesadas en participar, sendo as actividades do sbado pola tarde de acceso libre. A organizacin agarda superar as cifras de participacin de 2024, que ascenderon a mis de 200 persoas na parte formativa e 1800 na parte lúdica, destacando o carcter interxeracional desta cita.
