Celebrouse este mércores na Facultade de Ciencias Xurdicas e do Traballo
Unha xornada analiza o uso da linguaxe como forma de violencia contra as mulleres
A linguaxe é unha arma moi poderosa pero, como arma que é, pode ser empregada con moi diferentes fins, entre eles para a comisin de delitos. Un dos eidos nos que a lingua pode se utilizada con estes obxectivos e o da violencia de xénero, e para analizar e debater o seu impacto, a Facultade de Ciencias Xurdicas e do Traballo organizou a xornada Sexismo lingüstico e violencia verbal cara as mulleres. Coordinada pola profesora Marta Garca Mosquera, o evento contou coa participacin de persoal investigador, xuzas e fiscais que analizaron se o emprego da linguaxe e como o sentido comunicativo, literal ou figurado, das palabras pode dar lugar comisin de delitos, en particular no mbito da violencia de xénero.
Como explica a organizadora, o obxectivo da xornada era abordar a problemtica especfica do uso da linguaxe como forma de violencia contras as mulleres, afondando no sexismo na linguaxe, examinando os tipos penais que castigan formas de violencia verbal cara as mulleres e descubrindo os eventuais nesgos de xénero na aplicacin prctica dos delitos de violencia de xénero. Ademais, tamén se buscaba incentivar a sensibilidade cara a unha aplicacin igualitaria do dereito e reflexionar sobre a inclusin da perspectiva de xénero na actividade xurisdicional.
Delitos con palabras
A primeira en intervir foi a profesora de Lingua Espaola na Facultade de Filoloxa e Traducin Mara Méndez, que centrou o seu relatorio no sexismo lingüstico facendo fincapé en que as “as linguas representan os valores dunha sociedade e son simblicas”, polo que “o que non se nomea, non se percibe”. A experta tamén recalcou que “o contexto comunicativo éo todo” e para comunicarse con éxito é fundamental “saber ler os aspectos da comunicacin como intencin, seleccin das palabras da mensaxe…”
A segunda parte da xornada centrouse nas violencias verbais contra as mulleres poendo o foco nos “delito con palabras” e arrancou coa intervencin de Mara Iglesias Bueno, xuza titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucin de Vern, xulgado con competencias en materia de violencia de xénero. No seu relatorio Como se xulga a violencia de xénero con palabras? repasou os diferentes tipos de violencia xénero (fsica, econmica, sexual, vicaria, ambiental…) para despois centrarse nun tipo penal concreto, o delito leve de vexacins inxustas, que est regulado no artigo 173.4 do Cdigo Penal e segundo o que se establecen dúas condutas punibles: as inxurias e as vexacins inxustas. No primeiro caso, o ben xurdico atacado é a honra, mentres que no segundo é a dignidade. Como explicaba a xuza, coas inxurias preténdese menoscabar a honra, a fama da vtima; nas vexacins búscase humillar. A maxistrada tamén repasou a sentencia do Tribunal Supremo STS 3096/2020 e a xurisprudencia recente sobre esta materia, como por exemplo a SAP, Penal seccin 3 de 06 de xuo de 2024, Huelva, na que se recolle que “non hai dúbida de dicir a unha muller ‘que é mis mala que un cancro’ sendo coecida notoriamente a gravidade de dita enfermidade e os padecementos que a mesma causa nas persoas que a sofren, algúns cunha moi elevada taxa de mortalidade, reviste unha carga atentatoria contra a dignidade da muller, e mis no mbito da violencia de xénero no que por expreso desexo do lexislador, se consideran delitivas determinadas conductas excludas doutros mbitos.”
De seguido interveu, neste caso a través de Campus Remoto, a investigadora da Universidad Carlos III Ane Rodrguez Barrueta, que se centrou no acoso sexual na rúa e no acoso antiabortista. Pechou a xornada Paula Cajaraville Leiro, fiscal delegada de Violencia contra a Muller da provincia de Pontevedra, que incidiu no papel da Fiscala na persecucin penal dos delitos de violencia de xénero, particularmente dos relativos violencia verbal, con exemplos da prctica e casos reais.
Anda que a asistencia a esta xornada se veu algo reducida por mor da situacin meteorolxica, a profesora Gara Mosquera amsase moi satisfeita pola acollida e pola participacin de estudantado do Grao en Dereito da 鶹, da Facultade de Filoloxa e Traducin, de antigo alumnado de Dereito e do Mster en Avogaca, as como de asesoras de diversos Centros de Informacin Muller da provincia de Pontevedra e outros profesionais e profesorado da Facultade de Ciencias Xurdicas e do Traballo. O encargado de pechar a xornada foi o profesor Javier de Vicente Remesal, catedrtico emérito de Dereito Penal da 鶹.
A xornada celebrouse ao abeiro do programa de axudas para a organizacin de actividades docentes que promovan a perspectiva de xénero na 鶹.
