DUVI

Diario da 鶹

Na celebracin do Da das Letras Galegas

Xela, poeta nas aulas. Por Ana Iglesias

A profesora Ana Iglesias fai un repaso pola traxectoria vital e profesional da escritora homenaxeada

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Lingua Galega
  • Cultura
DUVI Ourense 14/05/2021

A maior satisfaccin dunha universidade é ver como as persoas que nela se forman contribúen ao desenvolvemento da sociedade en calquera dos seus mbitos. Xela Arias (Sarria, 1962-Vigo, 2003) foi poeta, tradutora, editora, narradora e profesora; feminista e reivindicativa; urbana e transgresora... e tamén alumna de Filoloxa Hispnica durante varios anos na 鶹. Por este motivo, o Da das Letras Galegas 2021, dedicado autora lucense, ten para esta institucin académica un significado especial. En homenaxe a Xela Arias, Ana Iglesias, profesora do Departamento de Filoloxa Galega e Latina da 鶹, compaeira de facultade da escritora e amiga, fai un repaso pola traxectoria persoal, profesional e literaria dunha “poeta sen xeracin” que destacou pola súa “valenta”.  

Xela, poeta nas aulas. Por Ana Iglesias

Cando, no curso 1991-92, Xela Arias chegou s aulas do CUVI (daquela Colexio Universitario de Vigo), a estudar Filoloxa, xa era a poeta urbana e transgresora de Denuncia do equilibrio eTigres coma cabalos, a poeta sen xeracin, que se senta soa moitas veces por esa vontade de facer as cousas ao seu xeito, sen pregarse aos mandados. Porque Xela, como boa autodidacta, soubo aproveitar os contextos privilexiados que a vida lle foi ofrecendo: primeiro, nacer nunha familia galeguista no final da ditadura, cun pai, Valentn Arias, que se atreva a ser mestre nunha escola innovadora (granxa-escola de Barreiros), familia numerosa da que se empapou de libros, inconformismo e coidados, porque ser a maior de cinco irmns tamén a converteu na coidadora dos mis pequenos, as como sera despois coidadora das palabras.

Mis tarde, recén acabados os estudos de bacharelato, cando se incorpora ao proxecto de iniciar unha nova editorial en galego (Xerais), da man do seu pai e Xulin Maure, tampouco desaproveita a oportunidade, nin ela, nin a editorial, que sabe darlle voz e escoitar as súas propostas, influndose, neses anos nos que o galego anda estaba nos inicios da normalizacin e era urxente fixar unha normativa e construr unha base de literatura universal no noso idioma, necesidades ambas que Xela persegua con afn, convencida e implicada. De recepcionista a tradutora, correctora e editora, co tpex na man, como conta Celia Torres, meticulosa e perfeccionista. Jorge Amado, Castelo Branco, Gianni Rodari, James Joyce, Baudelaire, Roald Dahl, Bran Stoker… son moitos os autores cos que ela dialogou nesa tarefa de construr un fondo bibliogrfico na nosa lingua, tarefa que ela centraba ademais na xuventude, sabedora de que nela reside o futuro.

Porén, ansiosa de retos, decidiu retomar os estudos, con case trinta anos, e entre esas paredes acristaladas e aulas con pingueiras nos das de chuvia, eu tiven a sorte de encontrala e coecérmonos, xunto con Clara Pino e Mnica Soto, Xela e mais eu. E puidemos compartir momentos fundamentais da súa vida, como foi o nacemento do seu fillo Daro, revulsivo que lle cambiara a forma de ver o mundo e que tamén expresou en versos (Daro a diario), deixndonos unha visin diferente de ser nai, nun libro que fala da maternidade, pero que abonda con saber amar libremente, sen necesidade de posur, para entendérmolo.

As, este ano temos o privilexio de homenaxear polas Letras Galegas a unha muller, a quinta durante 58 anos de celebracin, que recibiu a formacin regrada na nosa universidade, aprendizaxe que tamén cultivou con ilusin, disposta sempre a sacar o mximo partido, unha muller verstil: poeta, tradutora, editora, narradora, profesora. Unha muller feminista e reivindicativa, loitadora contra as inxustizas, “negra por eleccin”, que ambicionaba “o equilibrio dos extremos” e que proclama en Գٱ𳾱édz, o seu último poemario, que saira luz no mesmo ano que se fixo a escuridade para ela: “A temeridade slvame de senti-la covarda”. Indignada polos “cormorns inmensos”, negros de chapapote, berrou Nunca mis! e Non guerra!, compartindo a súa rebelda coas súas alumnas, alumnos e seres queridos.

Como último agasallo, a poeta que gustaba de xogar coa gramtica, sentndose con dereito de levala aos lmites, dona das palabras, “mias, de primeira man as palabras que uso”, deixounos un libro de contos (Non te amola!), publicado postumamente, no que demostra que tamén é quen de escribir na pel dela mesma con 9 anos, cunha linguaxe prxima, anda que sen renunciar nunca ao seu esprito crtico, coa reflexin filosfica que lle era tan caracterstica sempre como fondo, filosofa da rúa, da familia, da educacin, da (des)igualdade… Estes contos, escritos co afn de establecer vnculos interxeracionais, a través da cultura e a lingua, completan o seu legado, un legado enorme nunha vida breve, que hoxe nos permite continuar a conversar con ela, nas innúmeras lecturas, nunca iguais, que nos permite a literatura. Grazas, Xela, pola túa valenta, convidndonos contigo ao “espectculo de non ser para ser de todo”.

*Os fragmentos entre aspas pertencen obra de Xela Arias Գٱ𳾱édz.