DUVI

Diario da 鶹

Iniciativa STEM para o alumnado preuniversitario, organizada pola EEME

Vigo acolle a II Olimpada da Enerxa con estudantes de toda Galicia

Combina test, debates e actividades en equipo para achegar o sector enerxético mocidade galega

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • پܱ
  • Estudantado
  • Visitas
  • Cultura
D. Besado DUVI 29/04/2026

70 estudantes de ensino de medio de diferentes puntos da xeografa galega estn a participar este mércores no campus de Vigo na II Olimpada da Enerxa, unha iniciativa organizada desde a Escola de Enxeara de Minas e Enerxa co obxectivo de ampliar o coecemento e a comprensin da ciencia e tecnoloxa do alumnado preuniversitario de Galicia, traballando contidos de disciplinas STEM relacionadas co sector enerxético (recursos enerxéticos, xeracin e distribucin de enerxa, aproveitamento eficiente...).

Chegados desde Santiago de Compostela (IES Plurilingüe Rosala de Castro), Xinzo da Limia (IES Lagoa de Antela), Monforte de Lemos (IES Ro Cabe), Pontevedra (SEK Atlntico) e Vigo (IES do Castro), deulles a benvida a directora da escola, Elena Alonso, coordinadora do proxecto, e a partires de a arrancaron un programa de actividades que se prolongar ata as 17.30 horas, coincidindo coa entrega de premios as gaadoras e gaadores.

Múltiples actividades nas que competir, aprender e debater

Ao longo de toda a xornada realizarn cinco probas, tanto individuais (test terico) como por equipos, algunhas obrigatorias e outras optativas. A idea é que aprendan divertndose, as como, espertar nelas e neles curiosidade e interese sobre os temas enerxéticos, facéndoos conscientes da relevancia que ten este sector na calidade de vida das persoas.

Ademais do test terico, disputan a proba ‘fake news’, dirixida a combater a desinformacin sobre os temas enerxéticos; ‘mulleres enerxéticas’, coa que se busca pr en valor o papel das mulleres neste sector; unha proba de divulgacin cientfica, na que os participantes teen que explicar como funciona unha central hidroeléctrica ou unha planta solar fotovoltaica, e outra de debate, centrada nesta ocasin na enerxa nuclear e a transicin enerxética.

“Ademais, xa pola tarde e fra da competicin formal, realizarn en equipos mixtos, compostos por estudantes de diferentes centros de Ensino Secundario Obrigatorio e Bacharelato, unha xincana enerxética”, explica a profesora Raquel Pérez Orozco, subdirectora de پܱ Cientfica e Captacin da escola e integrante do comité organizador das olimpadas.

Premios individuais e por centros para as e os mellores clasificados

A entrega de premios contar coa participacin da coordinadora do proxecto, Elena Alonso, e da profesora Raquel Pérez Orozco, as como representantes das entidades patrocinadoras: Naturgy SL, o Colegio de Ingenieros de Minas del Noroeste e o Consello Social da 鶹.

Entregaranse premios aos mellores clasificados en cada unha das probas (un premio individual e catro premios de equipo); un primeiro e segundo premio individuais aos mellores alumnos e alumnas de 4ª da ESO e outro primeiro e segundo premio ‘Enerxéticas’ para as dúas alumnas mellor clasificadas. As mesmo, tamén se entregarn cadanseu premio aos dous centros que acaden unha mellor clasificacin: primeiro premio e segundo premio COIMNE, dotados con 600 e 300 euros, respectivamente; e primeiro e segundo premio Naturgy, consistente nunha visita a unha instalacin de renovables deste grupo.