DUVI

Diario da 鶹

Elaborado co gallo do seu da internacional e con participacin de cidadana

A 鶹 lanza un manifesto reivindicando “un compromiso firme” cos dereitos humanos

Nel avogan por construr unha institucin académica accesible, humana, participativa e comprometida

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Diversidade
  • Igualdade
  • Institucional
DUVI Ourense 10/12/2025

Este mércores, 10 de decembro, celébrase o Da Internacional dos Dereitos Humanos e co gallo desta conmemoracin a 鶹 lanza o seu propio manifesto, elaborado en dilogo coa comunidade universitaria e a cidadana. Nel reivindcase a vixencia destes dereitos no da a da e avgase por construr unha institucin académica accesible, humana, participativa e comprometida con eles.

A iniciativa é froito dunha xornada de traballo celebrada na Facultade de Educacin e Traballo Social e organizada pola Vicerreitora do campus de Ourense e a Unidade de Diversidade da 鶹. Froito dun tarde de conferencias, relatos de vida, debate e un obradoiro participativo, preséntase un documento no que se quixo recoller compromisos de accesibilidade e participacin; demandas da comunidade universitaria para avanzar en inclusin real e unha visin común sobre como vivir os dereitos humanos no da a da, en consonancia co lema deste da internacional no ano 2025: O esencial de cada da.

Os dereitos humanos como prctica diaria

O manifesto arranca declarando “o noso compromiso firme cunha universidade que recoeza a diversidade como fonte de riqueza, que viva os dereitos humanos como prctica diaria e que aposte pola participacin real como base da convivencia”. As, engdese, “creemos nunha universidade competente para crear discursos de defensa dos dereitos de todas as persoas, argamasa de construcin da sociedade actual e do futuro”. Neste marco de consideracin, no manifesto proclmanse e asúmense cinco principios e compromisos para o da a da en relacin aos dereitos humanos.

O primeiro destes principios e compromisos é que “o esencial de cada da é poder participar sen obstculos”, apuntando que a accesibilidade é un dereito, non unha opcin. O segundo é que “o esencial de cada da é ser escoitadas, recoecidas e acompaadas todas as persoas”, sinalando que a inclusin constrúese escoitando. Completan esta listaxe de esenciais diarios aprender, compartir e crecer en comunidade, considerando que a educacin é un ben común; convivir en dignidade e respecto mutuo, pois a universidade é un "espazo seguro", e por último, convivir nunha sociedade plural que nos fai mellores, xa que, apúntase no texto, “a diversidade é moi nosa, moi das persoas e sempre enriquece”.

No manifesto recllese a vontade de “construr unha universidade accesible, humana, participativa e plenamente comprometida coa defensa dos dereitos humanos. Unha universidade que axude a construr unha sociedade no que o esencial non se converta nun privilexio”.

Voces e experiencias compartidas

Neste texto quxose por último recoecer “as voces e experiencias compartidas” na xornada celebrada no campus de Ourense da que partiu este manifesto, “como parte esencial da memoria colectiva da nosa universidade” xa que, apúntase, “son relatos que visibilizan barreiras, pero tamén aprendizaxes, alianzas, esforzos e transformacins que deben guiar o noso camio”. Entre estas voces que axudaron a crear este manifesto estiveron o educador social Felisindo Estévez, as docentes Adn Rey (Educacin Primaria e Lingua Estranxeira); Graciela Caride (Educacin Primaria e Pedagoxa Terapéutica); Marcos Barreira (Pedagoxa Terapéutica e vicecoordinador na Rede Educativa de Apoio LGTBIQ+ de Galicia), Raquel Iglesias (Educacin Primaria, coordinadora na asociacin AGAMPI e estudante de doutoramento na 鶹) e o estudante de Bacharelato Marcial Feijoo. Xunto a eles e elas participaron numerosos membros da comunidade universitaria, entre eles Francisco Javier Rodrguez, vicerreitor do campus de Ourense, e Raquel Rey, directora da Unidade de Diversidade da 鶹, e membros de diferentes colectivos. Nesta celebracin do Da Internacional dos Dereitos Humanos tamén se lembrou e se tivo en conta que o pasado 3 de decembro se conmemorou o Da Internacional das Persoas con Diversidade Funcional.