DUVI

Diario da 鶹

A través do protocolo asinado coa Xunta para o impulso do programa Proade

As universidades galegas contribuirn conciliacin académica dos deportistas de alto nivel

O reitor da 鶹 sinalou o “papel prioritario do deporte na formacin do individuo"

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Deportes
  • Estudantado
  • Reitor
  • Institucional
DUVI Pontevedra 01/12/2023

As universidades de Vigo, Santiago de Compostela e A Corua asinaron este venres coa Xunta de Galicia un protocolo de colaboracin que ten por obxecto canalizar as necesidades deportivo-académicas das e dos deportistas de elite que cursan estudos superiores, mediante o intercambio de informacin entre distintos organismos e o impulso de accins que contribúan a dar visibilidade os servizos que teen a súa disposicin para conciliar deporte e estudos. Trtase dunhas medidas includas no Programa de Axuda ao Deportista (Proade) impulsado polo Goberno galego, que ten como obxectivo de ofrecer asesoramento psicolxico, titorizacin e orientacin aos e s deportistas de alto nivel e alto rendemento.

Proade canalizarase a través da Oficina de Atencin ao Deportista, con sede no Centro Galego de Tecnificacin Deportiva, que este venres acolleu a presentacin desta iniciativa. O acto estivo presidido polo vicepresidente primeiro da Xunta e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e nel intervieron o reitor da 鶹, Manuel Reigosa, en nome das tres universidades; o secretario xeral para o Deporte, José Ramn Lete, e a medallista olmpica e egresada da 鶹 Teresa Portela. Coa participacin tanto de deportistas en activo como xa retirados, presentacin asistiron tamén o reitor da Universidade da Corua, Julio Abalde; o vicerreitor de profesorado da USC, Ernesto Gonzlez; a presidenta do Colexio Oficial de Psicoloxa de Galicia (COPG), Rosa Álvarez, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustn Reguera. 

O “papel prioritario” do deporte na formacin

O compromiso asinado nesta xornada polas universidades galegas e a Xunta abrangue, como explicou Reigosa, “tres lias de actuacin”. Por unha banda, contribur “visualizacin do deporte” e da súa importancia entre a cidadana, un mbito no que, lembrou, as universidades son “plenamente conscientes do papel prioritario que debe ter na formacin integral do individuo”. Por outro lado, explicou o reitor, comprométense tamén “a facer unha serie de protocolos de actuacin entre as tres universidades que permitan facer moito mellor o traballo do noso estudantado e tamén o dos deportistas profesionais”. Finalmente, o protocolo pon o foco na “integracin” dos deportistas de elite na vida académica, en contribur a que poidan “seguir competindo e ao mesmo tempo ter unha serie de vantaxes para compatibilizar a vida académica” coa preparacin e competicin.

Neste punto, Reigosa salientou que “a presenza de deportistas de elite na nosa Universidade medra ano a ano”, situndose na actualidade en preto de 90, e que a institucin académica conta cuns “protocolos aos que hai que darlle recoecemento e posiblemente amplialos”. Concretamente, a 鶹 puxo en marcha en 2021 o Estatuto do Estudantado Deportista, que ten precisamente como obxectivo promover e apoiar o deporte universitario, fixando medidas que favorezan a conciliacin da vida universitaria e deportiva e que fomenten o recoecemento académico das prcticas fsico-deportivas pola súa achega consolidacin dos valores propios da 鶹. O programa abrangue un conxunto de medidas para o alumnado deportista de elite orientadas a combinar as esixencias deportivas cunha educacin universitaria de calidade, como poder escoller o horario, quenda ou grupo que mis se axuste s necesidades, ter flexibilidade no calendario de exames ou obter un recoecemento de ata 6 créditos ETCS pola súa actividade deportiva. 

Dirixido, como explicou Calvo, a prestar asesoramento aos deportistas de cara a súa incorporacin ao mercado laboral tras a retirada, a posta en marcha de Proade abrangue tamén acordos coa Consellera de Promocin do Emprego e Igualdade sobre insercin laboral e emprendemento e co COPG, en materia de atencin psicolxica.