DUVI

Diario da 鶹

Nunhas xornadas que se celebran esta semana no campus

O traballo social reivindica o seu papel como motor de cambio para a sociedade

Coincidindo coa conmemoracin do seu da mundial

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Congresos e xornadas
  • Democracia
  • Igualdade
  • é
DUVI Ourense 20/03/2024

Desde este luns, a Facultade de Educacin e Traballo Social do campus de Ourense acolle cada tarde a celebracin das I Xornadas de Traballo Social Eco-Social. Nelas abrdase e reivindcase, desde o académico e o profesional, desde a teora e a prctica, o papel que o traballo social est chamado a desenvolver como motor de cambio para unha sociedade mis sostible e xusta e con maior benestar individual e colectivo.

A cita est organizada por persoal docente e investigador desta facultade (onde se imparte o Grao en Traballo Social), concretamente por Francisco Xabier Aguiar, Mnica Lpez e Evelia Murcia, contando co apoio da Vicerreitora de Benestar, Equidade e Diversidade da 鶹. Ten lugar coincidindo coa conmemoracin o 19 de marzo do Da Mundial do Traballo Social e tomando como lema o seu, Bo vivir: un cambio transformador para un mundo compartido. O concepto do bo vivir, explica Francisco Xabier Aguiar, “é unha cosmovisin ancestral dos pobos indxenas, principalmente andinos, de vivir sempre en harmona e equilibrio cos outros seres, en comunidade, e coa natureza”. Este bo vivir, engade, “non reside en consumir e ter mis senn en facelo mellor, vivir co necesario e ter mis tempo para as persoas, para o coidado da contorna e para ese tipo de cuestins”.

Nesa aposta e debate arredor do benestar, desde o traballo social e no seu da mundial, comenta o profesor da 鶹, “reivindicamos que o traballo social ten que ser motor do cambio social ante os grandes retos que afronta a sociedade, é unha das nosas funcins histricas”. Para acadalo, pon o aceno nas súas funcins de “conectar a xustiza climtica, social e ambiental e contribur a crear comunidades resilientes, capaces de enfrontar todos estes retos, que non son poucos, nunha sociedade cada vez mis individualista”.

Unha crise sistémica

Neste contexto, os obxectivos das I Xornadas de Traballo Social Eco-Social son analizar os principais elementos e retos do paradigma eco-social no traballo social, para o seu desenvolvemento terico e prctico, e reflexionar sobre os distintos aspectos presentes na crise sistémica (clima, territorio, enerxa, alimentacin, producin e consumo, relacins e coidados...), identificando as súas interseccins co traballo social. Igualmente, con elas quérese coecer e (recoecer) as boas prcticas e experiencias neste eido. Este enfoque ecosocial do traballo social, comenta Francisco Xabier Aguiar, “est moi pouco desenvolvido e pensamos que é o enfoque no que nos temos que centrar de cara o futuro tamén desde o traballo social, para colaborar nos grandes desafos que ten por diante a sociedade coa crise sistémica que estamos vivindo, crise que ten tanto elementos sociais como ambientais”.

As xornadas, explica Francisco Xabier Aguiar, “estn desenvolvéndose moi satisfactoriamente, con participacin de alumnado de todos os curso do Grao de Traballo Social pero tamén de profesionais deste eido e de relatores de diferentes mbitos”. A programacin arrancou o luns cunha conferencia sobre o traballo social ante a emerxencia climtica e sistémica; unha mesa redonda sobre comunidades resilientes nun mundo compartido e a presentacin da exposicin fotogrfica A muller na historia, da Federacin Provincial de Mulleres Rurais de Ourense, que estar ata mediados de abril no campus. O martes, Da Mundial do Traballo Social, falouse sobre a transicin do mito do crecemento ao decrecemento; sobre a defensa do territorio e traballo social e sobre a economa desde un ollar eco-social e de compromiso co territorio. Para rematar, este mércores haber intervencins sobre como avanzar cara a un traballo social eco-social; a prctica poltica dende o traballo social e a  revolucin dos coidados desde unha ollada eco-feminista, para rematar con obradoiros sobre a metodoloxa socio-afectiva como ferramenta aplicada neste eido e a biodanza para abonar os coidados comunitarios e a cultura do bo trato.