Unha publicacin recolle de xeito divulgativo as biografas de 18 figuras destacadas
E ti, que cientficas coeces?
Con ilustracins do concurso escolar do Da Internacional da Muller e a Nena na Ciencia
Con este ttulo preséntase unha nova publicacin electrnica xurdida no marco das actividades de eXXperimenta en Feminino, colectivo que traballa no campus de Ourense na visibilizacin das mulleres nas disciplinas cientficas e tecnolxicas. O libro recolle de xeito divulgativo as biografas de 18 mulleres destacadas nestes eidos. As súas pxinas estn ilustradas con debuxos presentados por nenas e nenos ao Concurso Escolar de Creacin Artstica do Da Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, convocado cada ano pola Facultade de Ciencias, a Escola de Enxeara Aeronutica e do Espazo e a Escola Superior de Enxeara Informtica do campus de Ourense.
As autoras dos textos son as profesoras M. de las Nieves Lorenzo, Inés Álvarez, Julia Carballo e Alma Gmez (da 鶹) e Encina Calvo (da Universidade de Santiago de Compostela). Ademais participa a ilustradora MeliMolita. O libro, publicado co apoio da Unidade de Igualdade da 鶹, recolle en galego (para contribur ao emprego desta lingua no mbito cientfico tecnolxico) breves biografas de mulleres que ao longo das sete edicins do citado concurso escolar o alumnado participante foi descubrindo cos seus debuxos. As, estn presentes desde a astrnoma Wang Zhenyi e a fsica Lise Meitner ata a enxeeira industrial Elena Garca Armada e a qumica Elsie Frankli. “Achegamos ao alumnado, en lingua galega, a biografa dunha amplo abanico de mulleres relevantes no mundo da ciencia. Este material en formato de libro electrnico servir para que os centros educativos poidan traballar con el na aula”, afirman as responsables da iniciativa. A publicacin pdese descargar de balde na pxina web eXXperimenta en Feminino e nos prximos meses, grazas ao cofinanciamendo da Xunta de Galicia, faranse copias impresas que repartir entre os centros educativos.
“Agardamos que o libro e as súas historias conecten dunha forma especial cos nenos e nenas axudndolles a descubrir que a ciencia é sorprendente e que é tanto para eles como para elas”, sublian as autoras do traballo. Segundo explican, “agardamos achegar a ciencia feita por mulleres s nosas nenas, tan carentes de referentes, e espertar a súa curiosidade por saber mis sobre a ciencia e, especialmente, a ciencia feita por mulleres”. A pesar das importantes contribucins das mulleres ciencia e tecnoloxa, sinalan, “estas seguen sendo invisibles nos libros de texto, tanto en Educacin Primaria como en Secundaria, onde s o 7,6% dos referentes culturais e cientficos son femininos”. Con esta iniciativa, engaden, “preténdese estimular, en particular anda que non en exclusiva, as vocacins CTEM do alumnado feminino”. Neste senso, apuntan que “dado que o interese pola ciencia do alumnado decae de Primaria a Secundaria, cunha marcada diferencia entre rapaces e rapazas, é necesario aproveitar a etapa de Primaria e primeiros cursos de Secundaria, onde o alumnado amosa actitudes positivas cara as ciencias" para espertar o seu interese por estas reas de coecemento.
