A cita celébrase este xoves e venres na Facultade de Dereito
Un seminario internacional aborda en Ourense o emprego sostible desde a perspectiva do piar europeo de dereitos sociais
A iniciativa forma parte do proxecto Jean Monnet RightsEU
O campus de Ourense acolle este xoves e venres a celebracin do seminario internacional . Con el dse continuidade ao proxecto Jean Monnet titulado The central role of the European Union’s social rights in employment in the twenty-first century (RightsEU), coordinado desde a Área de Dereito do Traballo e da Seguridade Social da 鶹 e que ten como obxectivo achegar formacin sobre a UE a mis de 40 docentes de Formacin Profesional, co propsito de que poidan posteriormente afondar nas súas aulas nos principios e dereitos sociais europeos.
Catro temticas centrais
O seminario, que conta co apoio das facultades de Dereito e Ciencias Xurdicas e do Traballo, pode seguirse de xeito presencial ou virtual. Con el búscase analizar, desde unha perspectiva xurdica e académica e de xeito multidisciplinar, os retos e oportunidades do emprego sostible no marco do piar europeo de dereitos sociais (que é unha iniciativa da UE, proclamada en 2017, que establece 20 principios fundamentais para garantir unha Europa mis xusta, inclusiva e con igualdade de oportunidade), promovendo o intercambio de coecementos entre especialistas estatais e internacionais. A cita ten un comité organizador formado polas profesoras da Área de Dereito do Traballo e da Seguridade Social da 鶹 Emma Rodrguez (investigadora principal do proxecto); Marta Fernndez (coordinadora do seminario); Irene Dozo e Rosa Rodrguez-Martn e un comité cientfico formado por mis dunha vintena de especialistas tanto estatais como internacionais, non s da UE senn tamén doutros continentes, como América.
O programa articúlase principalmente en catro mesas redondas e espazos de debate, coa idea de fomentar o intercambio de ideas e experiencias entre as persoas participantes. Cada unha destas mesas corresponde a unha temtica: os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) como garantes dos dereitos sociais fundamentais; a economa social como xeradora de emprego sostible (igualdade de xénero e empregos verdes); os dereitos sociais ante os procesos de reestruturacin e o desprazamento de persoas no marco da libre circulacin; e o funcionamento orgnico das sociedades cooperativas e o seu impacto no consumo local. En cada unha destas mesas participan especialistas de diferentes universidades tanto estatais como forneas. A programacin, que busca fomentar “o debate cientfico, a difusin de investigacins e a formacin”, tamén inclúe un taller interactivo con estudantes que participan no proxecto e a presentacin de comunicacins.
Relevancia e pertinencia
A actividade do seminario arrancou este xoves cunha inauguracin na que participaron Emma Rodrguez, coordinadora do proxecto RightsEU; Susana Álvarez, decana de la Facultade de Dereito do campus de Ourense; Pedro Blanco, delegado do Goberno en Galicia; Cristina Fabeiro, secretaria do Consello Galego de Relacins Laborais (Xunta de Galicia); e Diego Fernndez, técnico da Oficina de Proxectos Internacionais da 鶹. Nas súas intervencins coincidiron en destacar a relevancia da temtica abordada no seminario e no proxecto no que se enmarca, e a importancia da formacin neste eido. Neste senso, Pedro Blanco salientou que “en provincias como a de Ourense, onde o reto demogrfico é unha realidade coti, a economa social pode e est sendo absolutamente decisiva” e indicou que “o coecemento rigoroso, a investigacin aplicada e anlise crtica”, froito de foros como este seminario, “é fundamento para desear polticas públicas eficaces e para anticiparnos aos retos que temos que enfrontarnos”.
Emma Rodrguez apuntou que o proxecto RightsEU, de tres anos de duracin, est no seu ecuador, e est a supor “todo un reto”. Ao seu abeiro, indicou, o seminario celebrado agora aspira a reforzar o estudo e a difusin do piar europeo de dereitos sociais e todo o vinculado a el. Na abordaxe deste piar, a profesora sinalou que no seminario se por o aceno nos desafos en emprego sostible, a igualdade, a non discriminacin e a proteccin efectiva dos dereitos sociais "nun contexto de profundas transformacins econmicas e laborais". Pola súa banda, Susana Álvarez tamén apuntou a pertinencia da celebracin na Facultade de Dereito de Ourense deste seminario e da participacin de profesorado seu en RightsEU, lembrando como unha das mencins que ten o grao que se imparte neste centro é Dereito da UE e Desenvolvemento Sostible.
