DUVI

Diario da 鶹

Volve a programacin do ciclo Docs del Mes

Seis documentais para a reflexin social

No campus de Ourense mantense o visionado on-line

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Cultura
  • Cultura
DUVI Ourense 23/01/2023

Cada curso académico, o campus de Ourense participa, ao igual que o campus de Pontevedra, na iniciativa , un ciclo de cinema documental que se desenvolve de xeito paralelo en preto de 70 cidades de toda Espaa. Neste segundo cuadrimestre sern seis, unha cada mes, as obras internacionais de temticas moi diversas que se podern ver de xeito virtual no marco desta iniciativa.

Segundo explica Filemn Rivas, responsable de Actividades Culturais do campus de Ourense, este cuadrimestre mantense o visionado en lia e non presencial dos documentais. Todas aquelas persoas que desexen ver en lia cada obra debern remitir unha solicitude ao enderezo electrnico docs-ou@uvigo.es e enviarselle o enlace e o cdigo necesarios para o seu visionado na rede, que estar habilitado durante un perodo de tempo determinado. Este procedemento ser o que se aplique cada mes para o documental correspondente.

Diversidade temtica

A programacin arranca este mes de xaneiro cun filme no que a cineasta finesa Leena Kipeläinen “reconstrúe a incrible vida de Maija Isola”, unha artista que “revolucionou o mundo do deseo téxtil” nas décadas de 1950 e 1960 “cun estampados florais que se converteran nun éxito global”, como destaca a promotora de Docs del Mes. Ao mes seguinte, en febreiro, poder verse Un viaje de mrmol, un documental do director chinés Sean Chang que se presenta como “unha reflexin con humor sobre a autenticidade, a tradicin, as relacins internacionais e a absurdeza da economa global”, na que amosa como os bloques de mrmore extrados dunha canteira en Grecia viaxan en barco a China “para seren convertidos en esculturas e columnas de estilo grego”.

Xa en marzo, a actividade continúa con No place like home, de Emilia Beck, un documental que retrata a historia de Priyangika Samathie, “unha muller nova adoptada por unha familia norueguesa que quere reconciliarse coas súas orixes en Sri Lanka”, dando lugar a “unha viaxe existencial convertida nun clamor anticorrupcin”, como sinalan desde a empresa promotora. Ao mes seguinte, o ciclo viaxa ata Xapn, coa proxeccin de Rising from the tsunami, un documental no que Hélène Robert and Jeremy Perrin propoen un “percorrido misterioso e poético”, a través dos testemuos dos superviventes, polas consecuencias psicolxicas e emocionais que supuxo o tsunami que en 2011 asolou costa de Tohoku, deixando mis de 15.000 falecidos.

Docs del Mes continuar en maio con The pawnshop, unha “emotiva historia” de Lukasz Kowalski sobre a parella propietaria da que é “probablemente a casa de empeos mis grande de Europa” e en como o crecemento do paro na cidade polaca na que se atopa rematou por convertela “nun centro de vida importante para a comunidade local”. Finalmente, en xuo proxectarase President, un documental que Camilla Nielsson centra na figura do poltico Nelson Chamisa e na primeira campaa electoral vivida en Zimbabue tras o réxime de Robert Mugabe, que se presenta como “unha crnica inspiradora e impactante sobre a loita pola democracia nun sistema corrupto controlado por militares”.