DUVI

Diario da 鶹

Con obra de Locos con Certificado e comisariada por Marta Garca

A Sala Alterarte pecha o curso coa exposicin ‘Libre de culpa’

Pode visitarse no pavilln I do campus ata o 11 de xullo

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Arte
  • Cultura
  • Cultura
DUVI Ourense 30/05/2025

A Sala Alterarte, o espazo expositivo do campus de Ourense, conta cunha nova exposicin. Trtase de Libre de culpa, composta por obras dos membros do grupo Locos con Certificado e comisariada pola psicloga e historiadora da arte Marta Garca. Tras ser inaugurada este xoves, pode visitarse de balde ata o da 11 de xullo no pavilln I. 

Locos con Certificado, explica Marta Garca, “xorde de forma espontnea fai mis ou menos dous ou tres anos”, cando ela levou a cabo un proxecto de terapia a través da expresin artstica libre no que participaron as persoas que agora forman parte deste grupo. No marco dese taller fixeron dúas exposicins, Primera chispa no Ollo Ledo e Escoitar cos ollos no Centro Cultural Marcos Valcarcel. Ao remate do proxecto, sinala, “quixemos manter o grupo que creramos dun xeito tan especial e que significou tanto para ns”, nacendo Locos con Certificado. Con este nome, indica, quixeron facer “unha reivindicacin da loucura, non entendida coma unha etiqueta estigmatizante e culpabilizadora, senn coma unha posicin subxectiva ante a realidade do mundo no que vivimos, coma unha defensa”. Realizar a mostra agora exposta no campus supn para o grupo, tal e como explica a súa comisaria, “unha forma de rotomar ese espazo que creamos xuntos e unha oportunidade para envorcar todas as charlas mantidas neste tempo”.

A modo de instalacin, Libre de culpa traslada ao visitante a unha capela, na que se pode ver unha ducia de cadros e outras pezas elaboradas en diferentes formatos e materiais, como caixas de madeira, e sen faltar elementos eclesisticos tpicos como un altar e un reclinatorio. Sobre a exposicin, Marta Garca sinala que “reivindicar a loucura non é romantizala, senn devolverlle o seu lugar no corazn da condicin humana. Non como enfermidade, patoloxa ou desviacin, senn como unha forma radical de relacin co desexo, co Outro e co real”. A loucura, engade a psicloga, "debe ser pensada como unha forma de existencia, unha configuracin subxectiva que xorde onde o lazo social se afrouxa ou desaparece. Cada loucura é unha linguaxe propia que debe ser descifrada, non silenciada".

Reciprocidade

Con esta exposicin, a Sala Alterarte pecha a súa programacin deste curso académico 2024/2025, onde desenvolveu o ciclo expositivo Reciprocidade baixo a direccin do artista e profesora da Facultade de Educacin e Traballo Social do campus de Ourense Javier Blanco Sierra. Ao longo destes meses, acolleu catro mostras: A arte da guerra/A guerra da arte (56), do Equipo Foco; Retratos da paisaxe, de Enrique Ortiz; A pel. Eplogo, composta por Da aparencia aparicin, de Xabier Fernndez, e Bestiario de femias, de Gabriela Rivera; e Pensamento construdo, do escultor Enrique Conde. Deste periplo, o seu coordinador sublia a diversidade de propostas acollidas, cada unha delas “de distintas linguaxes, materias, tipoloxas artsticas... pois tivemos pintura, gravado, fotografa, escultura...”. En todo caso, do traballo feito este curso salienta de xeito especial que “estamos conseguindo abrir esta sala cidadana de Ourense e cada vez vén mis xente a ela”.