DUVI

Diario da 鶹

Con obra do Equipo Foco, formado por Xavier Riomao e Manolo Figueiras

A Sala Alterarte arranca a súa programacin deste curso coa exposicin 'A arte da guerra/A guerra da arte (56)'

Pode visitarse no pavilln I do campus ata o 22 de novembro

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Arte
  • Cultura
  • Feiras e exposicins
  • Cultura
DUVI Ourense 08/10/2024

A arte da guerra/A guerra da arte (56). Esta exposicin do Equipo Foco, formado polos artistas Xavier Riomao e Manolo Figueiras e comisariada por Marita Carmona, é a elixida para arrancar a programacin deste curso académico da Sala Alterarte, o espazo expositivo de arte contempornea do campus de Ourense.

O ttulo da mostra parte do número actual de conflitos bélicos existentes, estimados polos artistas en arredor de 56. Segundo explica a comisaria da exposicin, nela “o equipo Foco adéntrase no labirinto social mis primario e fundante: a andamiaxe da guerra, percorrendo a estrutura do poder, ao fin, a estrutura das sociedades en que vivimos”. Este percorrido, indica, realzase “sendo creadores indiferenciados, sendo arte e parte neste proxecto que teen en común e que abrir moitos camios”. A arte da guerra/A guerra da arte (56) fala, tal e como indica Marita Carmona, “da inercia forte e contumaz que far o poder, ou tentar facer, para neutralizar toda rebelda, todo movemento que nos saque do taboleiro tratando de que asumamos as súas causas bélicas e canalicemos o odio, por eles cultivado, para facerse cun convencido soldado mis”.

Contradicins, inxustizas e inconsistencias da sociedade

A mostra articúlase arredor dunha obra central de gran tamao, que xoga coa pintura A batalla de Anghiari, de Leonardo da Vinci, e a escultura de Marcel Duchamp A fonte, e complétase cunha serie de debuxos que atravesan os laterais da Sala Alterarte. A arte da guerra/A guerra da arte (56) recolle ademais obra poética de José Martn Carmona, entre ela A dor, que faremos coa dor, o derradeiro verso do poema A visita do doctor Valle da súa serie Inferno, transcrito en diversos idiomas.

Na obra exposta o Equipo Foco continúa desenvolvendo o obxectivo co que naceu en 2022 na cidade de Ourense, que é “realizar intervencins artsticas nas que dalgún xeito permanecen de manifesto as pequenas e grandes contradicins, inxustizas e inconsistencias que impregnan a existencia contempornea”. Concibido como “un colectivo multidisciplinar participativo e aberto en funcin das caractersticas de cada proxecto”, este equipo pretende actuar como “lugar de encontro de camiantes curiosos e como punto de referencia relacional para todas aquelas persoas que anda se preguntan sobre a desgastada idea da arte”.

Aberta de balde ao público interesado, a exposicin pode visitarse ata o 22 de novembro no pavilln I do campus. A proposta enmrcase no ciclo expositivo da Sala Alterarte Reciprocidade, posto en marcha o pasado curso académico.