DUVI

Diario da 鶹

O campus acolleu este xoves unha homenaxe ao escritor

Ricardo Carbalho Calero, desde o humano, o histrico e o lingüstico

Contou coa participacin de Mara Victoria-Carballo Calero, Jesús de Juana e Mara do Carmo Henrque

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Cultura
  • Lingua Galega
  • Cultura
DUVI Ourense 26/11/2020

Desde o humano, desde o histrico e desde o lingüstico. Desde estas tres perspectivas foi abordada este xoves a figura de Ricardo Carbalho Calero, homenaxeado este ano no Da das Letras Galegas, nun acto celebrado no campus de Ourense. O achegamento “ao professor” foi realizado por tres catedrticos da 鶹, como son Mara Victoria-Carballo Calero, Jesús de Juana e Mara do Carmo Henrquez.

A homenaxe levou por ttulo Professor Carvalho Calero antes, agora e sempre. Na súa presentacin, Esther de Blas, vicerreitora do Campus de Ourense, salientou como é tradicin que cada ano o campus homenaxee persoa elixida para conmemorar o Da das Letras Galegas. A pesar de que a pandemia impediu a celebracin de actos en maio, indicou, o campus de Ourense quixo co acto deste xoves que non rematase o ano sen facer unha lembranza a Ricardo Carbalho Calero. Debido s medidas sanitarias, o acto desenvolveuse coa única asistencia de público permitida dos decanos dos centros implicados no acto, a Facultade de Historia e a Facultade de Educacin e Traballo Social. As persoas interesadas puideron seguir o evento en directo a través da 鶹 TV.

Tres catedrticos, tres vertentes

Mara Victoria-Carballo Calero, catedrtica emérita de Historia da Arte Contempornea e filla do homenaxeado, foi a encargada de achegarase vertente humana de Carbalho Calero. Sobre o seu pai salientou como “era uha persoa seria, moi seria e que non intentaba disimular esa seriedade. Mais tamén era moi sentimental anda que, aparentemente, non amosase selo. Familiar cen por cen e traballador ao mximo”. Todo na casa, afirmou, “xiraba a redor del e do seu traballo”, referndose etapa na que dirixa o Colexio Fingoy “que é da que teo mis constancia”. “Coa mia nai tia unha simbiose total. Con ns  falaba pouco do seu traballo e parecanos o mis normal todo aquel plan de traballo que levaba a cabo. Contribuamos sen "rechistar". Os libros eran sagrados...”, comentou a catedrtica.

Jesús de Juana, catedrtico emérito de Historia Contempornea, abordou pola súa banda a vertente histrica do profesor ferroln facendo unha “breve aproximacin actividade poltica de Ricardo Carballo Calero”. Del, Jesús de Juana destacou como “tivo sempre unha ideoloxa de esquerdas e militou, namentres se puido, no que podemos denominar xenericamente como movemento nacionalista galego”. Esta etapa, engadiu Jesús de Juana, “por mor da cronoloxa vital de don Ricardo e os acontecementos que xorden neses tempos, vaise concretar nos anos que van dende 1926 cando vai de estudante de Dereito a Santiago ata o inicio da Guerra Civil no 36”. Segundo comentou o historiador, os integrantes da parte mis esquerdista do galeguismo, onde se atopaban a maior parte dos mozos universitarios, entre eles Carballo Calero, Tobo, Fraguas, Fernndez del Riego... “crearon primeiro, a principios do 31, a Esquerda Galeguista que pouco despois, en decembro, participara na constitucin do Partido Galeguista, no que don Ricardo foi nomeado membro do seu Consello Directivo e tivo unha participacin moi salientable a partir de entn”.

Por último, Mara do Carmo Henrquez, catedrtica xubilada de Lingua Espaola e alumna de Carvalho Calero, centrouse na vertente lingüstica. O tema nuclear da súa palestra foi, indicou, “demostrar que Carvalho s hai un, visible xa nas décadas de 1920, 1930, 1950 e 1960”. Durante a súa intervencin, a relatora falou do principio de "Galiza célula de universalidade”, da tese de que "o galego ou é galego-portugués ou é galego-casteln", lembrou datos da biografa do homenaxeado e recolleu fragmentos da súa obra.