DUVI

Diario da 鶹

Os cursos abertos do campus son impartidos por Sarabela Teatro

Remata a formacin en teatro terapéutico, preprase a de comunicacin en público

Na matrcula, que é de balde, ten prioridade a comunidade universitaria

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Cultura
  • Cultura
DUVI Ourense 21/03/2023

No marco da programacin teatral do campus de Ourense, este ano a súa Vicerreitora, co apoio da Deputacin, puxo en marcha un ciclo de cursos abertos destinados a aproveitar as posibilidades das artes escénicas para mellorar a docencia e a aprendizaxe. A programacin arrancou en febreiro cun curso centrado na voz, continuou este mes de marzo con outro sobre teatro terapéutico e rematar en abril cun último dedicado comunicacin en público.

Estes cursos desenvlvense no marco das Aulas de Teatro Universitario de Ourense en diferentes instalacins do campus, en horario semanal de 19.00 a 21.00 horas, e a matrcula, que se realiza a través do Campus Activo da Uvigo est aberta ata esgotamento de prazas. As taxas son gratutas, tendo prioridade na inscricin as persoas pertencentes comunidade universitaria. A programacin foi deseada por Sarabela Teatro para a comunidade universitaria co propsito de ser unha formacin útil para mellorar a docencia e o desenvolvemento académico, abrindo unha parte das técnicas teatrais, aquelas que serven como instrumento para a docencia, comunidade universitaria.

O curso de Teatro terapéutico vén de rematar a súa formacin, na que participaron 15 persoas, de diferentes idades e traxectorias e tanto membros da comunidade universitaria como persoas alleas a ela. Con docencia de Sabela Gago, de Sarabela Teatro, ao longo de tres sesins, as e os inscritos afondaron no xogo dramtico e a improvisacin como ferramentas de coecemento persoal. Tendo en conta o contexto educativo no que se impartiu, desde a organizacin da actividade indcase o seu interese xa que “cada vez hai mis demanda doutros xeitos de facer terapia con persoas que o precisan por diversas causas e o teatro terapéutico pode axudar ao docente (futuro ou actual) a tratar diversos casos nun grupo, nunha aula”.

Proposta para abril

Para pechar esta programacin, ofértase para o mes de abril a actividade , na que se procurar mellorar as capacidades comunicativas das e dos participantes, axudando a coecer as claves e as técnicas para falar en público. Elena Seijo ser a docente desta iniciativa que ter lugar os das 12, 19 e 26 de abril. “As exposicins en público son cada vez mis frecuentes, na etapa discente e na docente estamos e estaremos constantemente tentando comunicar o noso discurso a un grupo determinado. Facelo de xeito claro, conciso, sen rudo na comunicacin é un dos obxectivos deste terceiro obradoiro”, apunta Fernando Dacosta, responsable das aulas teatrais do campus de Ourense.