DUVI

Diario da 鶹

Ser a base do futuro Iberian FoodTec Lab

O proxecto Net4food por en marcha unha rede de excelencia alimentaria na eurorrexin Galicia-norte de Portugal

Coa participacin da 鶹 e liderado polo Instituto Politécnico de Bragança

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • ǴDZ
  • Internacional
  • Աپ
  • Reitor
  • Աپ
DUVI Ourense 30/11/2023

Crear unha rede de excelencia alimentaria na eurorrexin Galicia-norte de Portugal que incida no desenvolvemento do sector a través da cooperacin, a innovacin e a sostibilidade. Con este obxectivo presentouse este xoves no campus de Ourense o proxecto Net4food. Coordinado polo Instituto Politécnico de Bragança, nel participan a 鶹, o Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) e o Laboratorio Ibérico Internacional de Nanotecnoloxa, as como o clúster Portugal Foods e os laboratorios colaborativos More e Aqua Valor. A rede resultante do proxecto ser a base do futuro Iberian FoodTec Lab.

Sector estratéxico e con potencial

Na xornada de presentacin do proxecto Manuel Reigosa, reitor da 鶹, salientou que esta iniciativa enmrcase na aposta da institucin académica polo cooperacin eurorrexional que, dixo, é “prioritaria e estratéxica”. O responsable académico lembrou que a 鶹 e o Instituto Politécnico de Bragança estn, respectivamente, no posto 15 e 32 do mundo en Ciencia e Tecnoloxa dos Alimentos e amosou a súa confianza en que o proxecto agora lanzado, “xuntando laboratorios e investigadores que traballan a un e outro lado da raia” e “unindo capacidades e talento” tea un efecto multiplicador que redunde en beneficio das dúas rexins. Do mesmo xeito, Isabel Ferreira, secretaria de Estado do Desenvolvimento Regional de Portugal, felicitou na súa intervencin por videoconferencia aos socios do proxecto pola posta en marcha desta iniciativa “nun sector altamente estratéxico para as rexins transfronteirizas” e cun “gran potencial de crecemento”. Tamén subliou o papel que xogar a rede resultante na creacin do Iberian FoodTec Lab que, recalcou, est chamado a ser “un referente internacional no sector”.

Por último, Orlando Isidoro Afonso Rodrigues, presidente do Instituto Politécnico de Bragança, puxo en valor a cooperacin existente entre a súa institucin e a 鶹 e como este proxecto é un chanzo mis “na intensa cooperacin existente entre Galicia e o norte de Portugal” que, dixo, é “exemplo dunha cooperacin saudable” entre dúas rexin. O responsable académico amosou a súa confianza en que Net4food contribúa a “potenciar as nosas capacidades no eido agroalimentario, xuntando as competencias que temos as dúas rexins”, competencias que, afirmou, son “competitivas a nivel mundial”.

Fortalecer as capacidades cientficas e innovadoras

Net4Food é un proxecto europeo que se desenvolver ata finais de 2025 con financiamento do programa POCTEP, iniciativa de cooperacin transfronteiriza dentro do Interreg VI Espaa-Portugal, e fondos Feder, sendo o seu orzamento total de 688.264 euros. Ao longo do proxecto, os seus socios analizarn, capitalizarn e sistematizarn o coecemento innovador existente como base para orientar a accin da rede e do futuro Iberian FoodTec Lab e crearn a estrutura operacional bsica desta rede, garantindo a súa viabilidade alén do proxecto. Ademais, articularn novos procesos de transferencia, favorecendo o xurdimento de novos produtos e interrelacionando os diferentes axentes do ecosistema de I+D+i alimentario na eurorrexin para xerar novas sinerxas entre eles. O proxecto tamén inclúe promover as capacidades innovadoras do ecosistema de investigacin, introducindo a formacin de persoal investigador actual e futuro e xerando relacins empresariais baseadas en novas lias de innovacin. O desenvolvemento da rede supor a “creacin dunha estrutura previa ao Laboratorio Ibérico de Alimentos”, laboratorio que foi acordado na XXXIII Reunin Luso-Espaola celebrada en novembro do pasado ano en Viana do Castelo (Portugal).  

A participacin de 鶹 no proxecto, canalizada a través do seu Instituto de Agroecoloxa e Alimentacin e en lia co proxecto de especializacin do campus de Ourense Campus Auga, ser, indican os seus responsables, “fundamental como dinamizador do mbito académico agroalimentario de Galicia, mellorando a colaboracin cientfica, a transferencia de coecemento e a valorizacin de recursos endxenos da eurorrexin”. Especificamente e entre outras accins, a 鶹 ser coordinadora do desenvolvemento do plan estratéxico da rede e da lia de traballo en capacitacin e valorizacin do talento a través do desenvolvemento de seminarios, a organizacin dun congreso Interfood e a xestin de intercambios académicos.