DUVI

Diario da 鶹

Participan as universidades de Vigo, Salamanca e o Instituto Politécnico de Bragança

O proxecto Iberlongeva crear un programa baseado en intelixencia artificial para promover o envellecemento saudable

Nel estudarase a fraxilidade da poboacin de mis de 60 anos na zona transfronteiriza

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Internacional
  • Աپ
  • ú
  • TIC
  • Աپ
DUVI Ourense 17/12/2024

O campus de Ourense acolle este martes o lanzamento de Iberlongeva. Programa Integral Dixitalizado, Baseado en Intelixencia Artificial, para a Promocin do Envellecemento Saudable. Nel, un equipo multidisciplinar das universidades de Vigo, Salamanca e o Instituto Politécnico de Bragança estudar a fraxilidade da poboacin de mis de 60 anos na zona transfronteiriza e desenvolver ferramentas destinadas a fomentar a saúde preventiva e aumentar a esperanza de vida saudable.

O envellecemento da poboacin, lembran desde a organizacin do proxecto, é un dos grandes desafos demogrficos. Segundo datos estatsticos oficiais, as rexins transfronteirizas como Ourense, Zamora, Lugo e Pinhal Interior Sul figuran entre as mis envellecidas de Europa. Esta tendencia, sinalan, agrvase en reas rurais, onde algunhas localidades xa experimentan un "sobre-envellecemento": ata un 50% dos habitantes superan os 65 anos en municipios de Lugo e Ourense. Ademais, proxéctase que esta dinmica continuar intensificndose nas prximas décadas, incrementando a presin sobre os sistemas de saúde pública.

Iniciativa pioneira e transfronteiriza

Liderado polo Centro Internacional de Estudos sobre Longevidad y Sociedades Longevas da Fundacin General da Universidad de Salamanca, en Iberlongeva participa por parte da 鶹 dun equipo formado por persoal docente e investigador da Escola Superior de Enxeara Informtica, a Facultade de Dereito, a Facultade de Educacin e Traballo Social e a Escola Universitaria de Enfermara. Tamén son socios a Escola Universitaria de Enfermera de Zamora e as Escolas Superiores de ú e de Educação de Bragança (Portugal). O proxecto conta cunha axuda de 1.734.759,52 euros concedida polo Programa de Cooperacin Interreg VI A Espaa-Portugal (POCTEP) 2021-2027, financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder).

A través desta iniciativa “búscase desenvolver un sistema dixitalizado baseado en intelixencia artificial que facilite s persoas tomar decisins informadas sobre a súa saúde, converténdoas en protagonistas da súa lonxevidade”. A crecente xeracin de datos de saúde, sinalan desde o proxecto, expn o reto de interpretar eficazmente esta informacin, e neste contexto Iberlongeva pretende ofrecer solucins innovadoras para abordar este desafo.

Concretamente, o seu equipo de traballo ten como obxectivo “obter por primeira vez unha radiografa da fraxilidade na poboacin tanto urbana como rural” do territorio que abrangue. Os datos obtidos servirn para educar e promover prcticas de vida saudables na eurorrexin transfronteiriza entre Espaa e Portugal. As, o proxecto orientar os seus esforzos cara a investigacin aplicada, analizando hbitos de vida e desenvolvendo estratexias innovadoras, identificadas mediante unha anlise, baseada en intelixencia artificial, para integrar, interpretar e optimizar os datos de saúde vinculados ao envellecemento. Ademais, enfocarase na educacin e sensibilizacin, creando programas pedagxicos e pautas e recomendacins, que capaciten poboacin en saúde preventiva e promovan unha lonxevidade saudable.

Iberlongeva, indican desde a súa organizacin, é un proxecto pioneiro que bota a andar “co propsito de sensibilizar e capacitar poboacin en hbitos que favorezan un envellecemento pleno e activo, ao mesmo tempo que contribúe a xerar coecemento cientfico sobre a fraxilidade, e canalizar devandito coecemento cara a prevencin, contribundo por tanto a reducir a presin sobre os sistemas de saúde pública”.

O proxecto ser lanzado este martes pola tarde nunha xornada que ter lugar na Escola Superior de Enxeara Informtica do campus de Ourense e na que participarn Mnica de la Fuente, catedrtica de Fisioloxa da Universidad Complutense de Madrid; Óscar Gonzlez Benito, director da Fundacin General da Universidad de Salamanca e coordinador institucional de Iberlongeva, e Juan Martn, director do Centro Internacional de Estudos sobre Longevidad y Sociedades Longevas.