DUVI

Diario da 鶹

‘Hypotesis You Preserve’ est financiado pola convocatoria comunitaria Europa Creativa

Un proxecto de historia alternativa convida a crear microrrelatos que conecten Galicia cunha guerra civil en Portugal

Co obxectivo de dar forma a unha “novela en mosaico” colectiva

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Cultura
DUVI Pontevedra 28/04/2026

Financiado pola convocatoria comunitaria Europa Creativa, o proxecto HYP-Hypothesis You Preserve, ten entre os seus obxectivos a creacin dunha “enciclopedia dixital colaborativa de historia alternativa”, unha disciplina que propn reflexionar sobre que tera acontecido se determinados feitos histricos se tivesen desenvolvido dunha forma diferente. Liderado pola Universidade do Porto, este proxecto conta coa participacin da profesora da Facultade de Direccin e Xestin Pública Rosa Ricoy e centra a construcin desta “novela en mosaico” nun acontecemento que tivo lugar en Portugal en 1919, a proclamacin dun goberno monrquico no norte do pas, que derivou nun enfrontamento coa República instaurada nove anos antes. A proposta de historia alternativa formulada é imaxinar que tera sucedido se aquel conflito, que durou tres semanas, se tivese estendido ao longo de tres anos e involucrase a outros pases. Nomeadamente, este proposta vén de incorporar unha seccin, , co propsito de reunir historias alternativas que puidesen ter acontecido en Galicia “relacionadas coa monarqua do norte ou desencadeadas por ela”, sinalan as súas promotoras.

Aberta participacin de toda a cidadana, esta iniciativa busca sumar novas historias que aborden como esa guerra civil entre os monrquicos do norte e os republicanos do sur puidera ter infludo na poltica internacional. Con esa idea, propn preguntas como se Galicia terase sentido “fortalecida polo movemento independentista monrquico no norte de Portugal” ou se este conflito tera contribudo a “espertar as races celtas” no pas, apunta Ricoy, autora das primeiras entradas desta nova seccin. 

Múltiples propostas

Aberto a textos orixinais de entre dez e 1000 palabras, poden presentarse “desde nanorrelatos ata microrrelatos”, que abranguen desde o formato dunha crnica ou noticia, ata obituarios ou textos de “pura ficcin”, conectados coa de historia alternativa arredor da que se estrutura este proxecto. Trtase do Universo Winepunk, desenvolvido polo colectivo artstico portugués Invicta Imaginaria, que propn “dúas diverxencias” sobre os feitos histricos acontecidos en Portugal en 1919. Por unha banda, que o conflito se tivese convertido nunha guerra civil de tres anos entre o goberno monrquico, con sede no Porto, e o republicano de Lisboa, e, por outra, que o goberno do norte tivese “desenvolvido un biocombustible a base de vio do Porto”, establecendo a súa vez “unha rede de conexins” con outros pases.

De feito, un dos propsitos deste proxecto é que as persoas participantes poidan idear historias que conecten este universo coa historia de diferentes pases europeos. Do mesmo xeito, ademais das propostas de escritura creativa baseadas neste universo, a iniciativa est tamén aberta a achegas procedentes de arquivos familiares ou comunitarios. Os textos enviados estarn sometidos a unha anlise curatorial e traduciranse cando menos a outra das linguas do proxecto HYP; portugués, galego, casteln, inglés e francés. 

O proxecto HYP

Coordinado pola investigadora da Universidade do Porto Ana da Silveira Moura, no proxecto HYP participa tamén, ademais da 鶹, a École Pratique des Hautes Études de Pars e conta coa colaboracin do Museo de Historia Natural e Ciencia do Porto. O seu obxectivo é xerar sinerxas entre a escritura creativa e a historia alternativa que permitan súa vez fomentar o interese pola memoria e a cultura europeas e pr en valor as achegas da Unin Europea en múltiples eidos, a través de iniciativas como esta “enciclopedia colaborativa trasnacional e multilingüe”·ou a investigacin sobre creatividade verde que coordina Ricoy.