DUVI

Diario da 鶹

A iniciativa est liderada pola 鶹

O proxecto europeo Storcito investir case 4,9 millns de euros en buscar solucins innovadoras en incendios, mobilidade e enerxa no mbito rural

Os once socios de cinco pases que participan nel reúnense desde este martes en Allariz

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Internacional
  • Աپ
  • Medio Ambiente
  • Աپ
DUVI Ourense 18/11/2025

Desde este martes e ata o xoves, Allariz acolle a primeira asemblea xeral presencial do proxecto europeo . Liderado pola 鶹 e con case 4,9 millns de euros de orzamento, a iniciativa reúne a once socios de cinco pases co obxectivo de fomentar a innovacin multidisciplinar en mbitos chave das zonas rurais europeas: a xestin sostible dos recursos e prevencin de incendios forestais, a transicin a sistemas enerxéticos sostibles e a consecucin dunha mobilidade sostible, inclusiva e climaticamente neutra.

A xuntanza en Allariz, que ten lugar no Eurostars Vila de Allariz Hotel & Balneario, reúne a unha trintena de persoas procedentes das entidades implicadas en Alemaa, Pases Baixos, Grecia e Noruega, ademais de Galicia. Tras arrancar en maio a súa actividade, os responsables do proxecto sinalan que durante estes primeiros meses o seu traballo centrouse no desenvolvemento da xestin tanto dos paquetes de traballo como do proxecto no seu conxunto, sendo agora o obxectivo desta asemblea “asentar as bases dos casos de estudo do proxecto e comezar a desenvolver e aplicar a metodoloxa de traballo neles”. 

Na apertura do encontro, Francisco Javier Rodrguez, vicerreitor do campus de Ourense, subliou que o impacto de Storcito non se limita ao mbito académico, “senn que tamén chegar sociedade, que aspiramos a servir”, subliando a importancia de contribur desde a Universidade “a un futuro onde as comunidades rurais europeas lideren a loita contra o cambio climtico e sexan mis seguras fronte aos incendios forestais, impulsadas por enerxas limpas e conectadas mediante un transporte intelixente e ecolxico”. Igualmente, o responsable académico salientou o orgullo da institucin académica por ver persoal investigador seu liderar iniciativas de mbito europeo da envergadura de Storcito. 

Abordaxe multidisciplinar

O consorcio de Storcito (Sustainable transformation of rural communities via technical, social and organizational innovations) est formado por cinco institucins académicas (鶹, Universidade Ruhr de Bochum, Universidade Agrcola de Atenas, Universidade de Utrecht e o Instituto de Tecnoloxa Deggendorf); as entidades de innovacin Sintef AS (oenegué dedicada I+D) e o Instituto Ourensn de Desenvolvemento Econmico (Inorde); as empresas de desenvolvemento tecnolxico Innogando SL (sector gandeiro) e Nimmo AS (mobilidade sostible) e o municipio noruegués de Gjesdal. Cunha duracin de tres anos, est financiado con 4.862.797,70 euros a través do programa Horizonte Europa da UE. O equipo do campus de Ourense que lidera a iniciativa est encabezado por Fernando Veiga (do Laboratorio de Sistemas Aeroespaciais e de Transporte-Aerolab e da Escola de Enxeara Aeronutica e do Espazo), Maribel Doval (de Historia Contempornea I e da Facultade de Educacin e Traballo Social) e Mara Fernndez (de Sistemas Agroambientais e da Facultade de Ciencias). Os grupos participantes pertencen ao Campus Auga, o proxecto de especializacin do campus de Ourense.

O proxecto, destacan os seus promotores, destaca polo seu profundo carcter multidisciplinar, apuntando que optouse por unir persoal docente e investigador de reas de coecemento moi diversas para poder acabar propondo solucins innovadoras que inclúan moitos puntos de vistas distintos e enriquecedores ao mesmo tempo. “O esquema xuntar tecnoloxa aérea non tripulada, anlise biolxica dos solos e factores sociais e educativos é certamente rompedor”, afirman.

Adaptar e aplicar tres tecnoloxas

Storcito centrarase “en aterrar distintas tecnoloxas ao rural e adaptalas a este tipo de contornas cun alto potencial de futuro e innovacin”. A primeira destas tecnoloxas son métodos de prevencin de incendios forestais. Nesta lia de actuacin os socios traballarn nunha ferramenta para a anlise de ndices de risco de incendios, unha ferramenta de última xeracin e con escala de orde metro que utilizar datos xeoespaciais e ndices sociais. Tamén abordarn a utilizacin de gando autctono guiado por sistemas de posicionamento global (GPS) para o mantemento intelixente da vexetacin no rural e para reducir o risco de incendios. Igualmente o proxecto contempla a anlise sociolxica da percepcin dos lumes en zonas rurais e a xeracin de materiais didcticos para concienciar sobre o valor da prevencin. Este apartado desenvolverase principalmente en Ourense e en Grecia.

A segunda tecnoloxa de traballo de Storcito é a introducin de CCUS (tecnoloxas de captura de carbono do aire) en reas rurais, analizando o seu grao de aceptacin na sociedade e propondo solucins aos xestores rexionais. Esta lia desenvolverase en Alemaa e Pases Baixos principalmente. A terceira tecnoloxa é a modificacin dunha aplicacin de mobilidade baixo demanda para adaptala s necesidades da sociedade rural (dispersin, envellecemento, etc.) e fomentar as a mobilidade sostible, climaticamente neutra e inclusiva. Neste caso, o traballo recaer sobre todo nos socios de Noruega, sendo apoiados desde Ourense.

Para o seu desenvolvemento, Storcito seleccionou diferentes ecosistemas rurais como escenarios representativos das catro zonas climticas de Europa: atlntica, mediterrnea, continental e boreal. As innovacins, indican desde a súa organizacin, “crearanse en conxunto coas partes interesadas rurais para responder s súas necesidades e examinarase a súa viabilidade e/ou inconvenientes en diferentes rexins bioxeogrficas".