DUVI

Diario da 鶹

Participaron catro universidades e unha ONG de Portugal, Turqua, Romana e Espaa

O proxecto europeo Coblages remata propondo unha metodoloxa de aprendizaxe comunitaria intexeracional

Por parte da 鶹 estivo profesorado da Facultade de Educacin e Traballo Social

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Internacional
  • Աپ
  • Աپ
DUVI Ourense 10/03/2026

Desde setembro de 2023 catro universidades e unha ONG de Portugal, Turqua, Romana e Espaa, entre elas a 鶹, desenvolveron o proxecto europeo Coblages. A iniciativa acaba de rematar propondo unha metodoloxa de aprendizaxe comunitaria intexeracional en ensino superior “para ter estudantado mellor preparado para un mundo envellecido”.

Coblages (Using community-based learning to prepare higher education students for an ageing world), contou cun orzamento total de 250.000 euros e estivo financiado pola Axencia Nacional Erasmus+ de Portugal e pola convocatoria KA220-HED Cooperation Partnerships in Higher Education, da Unin Europea. Coordinado polo Instituto Politécnico de Viseu (Portugal), ademais da 鶹 foron socios Aproximar-Cooperativa de Solidariedade Social (Portugal); a Ankara Bilim Üniversitesi (Turqua), e a Asociatia European Association for Social Innovation e a Universitatea de Vest din Timisoara, de Romana. Por parte da 鶹 participou un equipo da Facultade de Educacin e Traballo Social do campus de Ourense coordinado por Xosé Manuel Cid e formado por Jesús Deibe Fernndez Simo, Esther Pérez, Miguel Ángel Vzquez e Santiago Abal. Este equipo liderou o desenvolvemento da metodoloxa para usar Coblages como ferramenta para a cidadana interxeracional na preparacin das e dos estudantes; a formacin conxunta dos socios e o establecemento de directrices e ferramentas para a implantacin activa e facilitacin de obradoiros de cidadana interxeracionais.

Ao longo destes dous anos e medio de traballo conxunto, o obxectivo de Coblages foi crear unha metodoloxa que puidese ser usada por profesorado de educacin superior, xestores comunitarios e alumnado para fomentar a cooperacin interxeracional entre mocidade e persoas maiores de 60 anos. Nun contexto no que “cada vez hai menos dilogo entre xeracins” e un maior envellecemento, sublia Xosé Manuel Cid, os socios do proxecto traballaron arredor de como fomentar esas relacins interxeracionais partindo da idea de que “a calquera idade temos opinins vlidas e que poden achegar solucins aos problemas da nosa sociedade”. Igualmente buscouse unha metodoloxa que permitise ao estudantado obter competencias contemporneas (verde, dixital e lonxevidade) para estar mellor preparados para o envellecemento da poboacin.

Obradoiros de dilogo e co-creacin

A metodoloxa desenvolvida por Coblages céntrase na community-based learning (aprendizaxe baseada na comunidade) levada educacin superior para a cooperacin interxeracional e para preparar ao estudantado para afrontar os retos dunha sociedade envellecida. Esta aprendizaxe, indican desde o proxecto, “permite situar a aprendizaxe do estudantado en contextos reais en estreita colaboracin coa comunidade” e a través do traballo conxunto con persoas maiores e axentes locais, “favorece a aprendizaxe significativa baseada na experiencia, o dilogo interxeracional e a co-creacin de coecemento”. Este enfoque, explican, contribúe ao desenvolvemento de competencias sociais, cvicas e profesionais, ao mesmo tempo “fortalece os vnculos entre a educacin superior e a comunidade local, promovendo a cidadana activa e a loita contra o idadismo”.

A metodoloxa foi desenvolvida e implementada en cada pas participante con diferentes obradoiros interxeracionais nos que se traballaron aspectos como a identificacin de desafos emerxentes; as historias de vida e elaboracin de mapas conceptuais. Estas experiencias foron aproveitadas para extraer modelos, ferramentas e metodoloxas reproducibles. No caso da 鶹, os obradoiros levronse a cabo en Galicia e contaron coa participacin de estudantes vinculados ao proxecto as como persoas maiores de diferentes asociacins. Concretamente desenvolvéronse catro grupos de debate en Ourense: un formado por membros do Coro Universitario do Campus de Ourense de diferentes idades; dous na Asociacin de Familiares de Enfermos de Alzhéimer AFAOR e un no CDR o Viso de Lodoselo. Cada grupo traballou en seis sesins e de maneira colaborativa sobre unha temtica ou reto social seleccionado, co gallo de identificar necesidades comunitarias e propr solucins dende unha perspectiva interxeracional. “En cada grupo decidiuse o tema, recolléronse as diferentes posicins, chegouse a acordos e fixéronse propostas interesantes de como facer chegar esas conclusins a distintas autoridades locais e internacionais”, comenta Xosé Manuel Cid.

Segundo detalla o equipo da 鶹, a participacin nos obradoiros interxeracionais permitiu ao estudantado mellorar a súa comprensin dos problemas comunitarios e sociais ao traballar directamente coa comunidade. De igual xeito, engaden, a experiencia favoreceu unha maior comprensin do outro, provendo a empata, a escoita activa e o recoecemento de perspectivas diversas entre xeracins. “O intercambio de historias de vida consolidouse como un elemento chave para fortalecer as relacins interxeracionais e xerar aprendizaxes significativas”, sinala Xosé Manuel Cid. Dende o punto de vista metodolxico o dilogo interxeracional e a co-creacin identificronse como os aspectos que mellor funcionaron para fomentar o compromiso, a participacin activa e a aprendizaxe mutua. “A experiencia desenvolvida no marco do proxecto Coblages pon de manifesto o potencial da aprendizaxe baseada na comunidade como enfoque pedagxico para abordar os retos dunha sociedade envellecida. Os obradoiros interxeracionais configúranse como espazos eficaces para a aprendizaxe experiencial, a cidadana activa e o fortalecemento de vnculos entre a educacin superior e a comunidade”, conclúen desde a organizacin do proxecto.