DUVI

Diario da 鶹

Inclúe xeocaching, carreiras, andainas, orientacin, xogos populares e un magosto

O programa de actividades ao aire libre ExploraCampus esténdese aos tres campus

Con inscricin de balde, o único requisito é rexistrarse previamente no Campus Activo

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Deportes
  • Deportes
D. Besado DUVI 26/10/2021

Tras a boa acollida da que gozouo curso pasado en Vigo e Pontevedra, o esténdese este curso cidade de Ourense. A idea da iniciativa mantenseintacta, “o que buscamos é que as diferentes persoas da comunidade universitaria poidan facer deporte e, ao tempo, gozar da natureza na contorna mis inmediata ao seu lugar de traballo”, explica Xabier Rial, director técnico da Área de Benestar, Saúde e Deporte da 鶹, quen tamén recalca que, libres xa das fortes restricins sanitarias que estaban vixentes o curso pasado, a previsin é que o programa, adaptado s caractersticas propias de cada un dos campus, vaia incrementando pouco ao pouco o número de adeptos.

Todas as actividades son de balde e o único requisito para participar é inscribirse previamente no Campus Activo, onde xa se pode consultar o programa previsto para o mes de novembro. No caso de Vigo a oferta para este mes inclúe xeocaching e quedadas para correr. O xeocaching ser o xoves 4 de 13.00 a 15.00 horas, no propio campus e coa praza Miralles como punto de encontro. “As quedadas running estn organizadas pola Seccin Deportiva de Carreiras Populares e van ser todos os mércores na contorna do campus”, explica Rial, quen tamén apunta que a idea é dividir os participantes en dous grupos, en funcin do nivel das persoas inscritas. Ademais dos mércores haber tamén unha quedada o domingo 14, sempre s 10.00 horas e coa porta principal do pavilln universitario como punto de encontro.

En Pontevedra as actividades que se ofertan para este mes son orientacin e unha andaina. No caso da orientacin, a cita ser na Illa das Esculturas o martes da 9 de 11.45 a 14.00 horas, mentres que a andaina ser o xoves 11 –de 11.00 a 13.00 horas-, partindo da igrexa de Santo Estevo da Canicouva cara aos miradoiros da Fracha.

O programa estréase en Ourense con xogos populares e un magosto

O campus de Ourense estréase este ano no programa cunha actividade de xeocaching no propio campus, o xoves 4 de 12.00 a 15.00 horas, e unha xornada de xogos populares e magosto na véspera de San Martio, o 10 de novembro. Ser na terraza da cafetera da biblioteca universitaria.