DUVI

Diario da 鶹

Nunha mesa que reuniu a representantes de Esmerarte, Xeitosa Producins e Érték

Profesionais da comunicacin reflexionan sobre as desigualdades no sector

A actividade foi promovida polo alumnao de Publicidade e RRPP

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Estudantado
  • Igualdade
  • Estudantes
DUVI Pontevedra 09/03/2023

Elas. As voces do sector era o ttulo da mesa de debate que, no marco dos actos conmemorativos do 8M, reuniu este xoves no campus a profesionais da comunicacin e da industria musical, co obxectivo tanto de percorrer as súas traxectorias, como de reflexionar sobre as desigualdades, desde a fenda salarial ata o teito de cristal, s que as profesionais teen que enfrontarse no mercado laboral. Promovido pola axencia júnior Freshy, integrada por estudantes do Grao de Publicidade e Relacins Públicas, e polo estudantatado responsable dos actos Santa Kata, este coloquio contou coas intervencins da egresada da Facultade de dzܲԾ Cristina Garca, directora de comunicacin de Esmerarte, empresa responsable de festivais como O Son do Camio ou Portamérica; Sheila Patricia, da produtora de eventos culturais Xeitosa Producins; e a estudante da facultade Sara Pieiro, fundadora do ciclo de conferencias Érték.

O obxectivo deste coloquio, como explica a súa moderadora, a alumna e integrante de Freshy Noela Sanjurjo, era que as participantes abordasen en primeiro termo “a súa experiencia e traxectoria e o seu da a da a como mulleres do sector da comunicacin”, para logo promover unha reflexin sobre se “a representacin das mulleres que hai na facultade”, onde as alumnas son maiora en titulacins como Publicidade e RRPP, se ve ou non reflectida no mundo profesional.

Neste punto, o coloquio levou a pr sobre a mesa datos como a existencia dunha fenda salarial de preto do 20% entre as e os profesionais da industria musical, como sinalou Garca, que achegou ao debate algunhas das conclusins do estudo realizado recentemente pola asociacin de mulleres profesionais desta industria, MIM. Realizado cunha mostra de preto de 350 mulleres, este informe pon o foco na existencia de “bastantes barreiras” para a incorporacin das mulleres ao sector, “desde falta de contactos e de oportunidades, a discriminacins por cuestins de sexo ou problemas de conciliacin laboral, de pouca flexibilidade hora de poder compatibilizar a túa vida persoal, teas fillos ou non, coa profesional”, sinalou esta egresada. Nese senso, Garca recoeceu que, anda que non é o caso de Esmerarte, o da música segue sendo un sector “no que, en xeral, hai moitos mis mulleres que homes e no que, sobre todo, faltan mulleres en postos de responsabilidade”.

A necesidade de “xerar referentes”

A esta anlise sumouse a visin de Sheila Patricia, responsable dunha empresa de producin de eventos artsticos e culturais, que incidiu tamén en que “se ben hai avances, dende logo que hai teito de cristal e que os lugares de liderado estn ocupados por homes”. Alén disto, a representante de Xeitosa Producins detvose tamén no “difcil” que é no seu mbito de traballo “atopar unha muller técnica de son ou iluminadora”. Isto levouno pr foco nunha das “loitas posibles”, a necesidade de que “xerar referentes” que poidan animar a nenas e mozas a decantarse por estudos e mbitos profesionais hoxe en da masculinizados.

A conversa completouse súa vez coas impresins de Sara Pieiro, que abordou tanto a súa experiencia como estudante como o seu labor na organizacin da Értek Conference, un ciclo de conferencias centrado en mrketing que recentemente desenvolva na facultade a súa cuarta edicin xunto co Real Club Celta.