DUVI

Diario da 鶹

Nas dúas conferencias que acolleu este mércores Ciencias da Educacin e do Deporte

Do potencial didctico dos xogos lingüsticos importancia de manter unha idea de xogo nos deportes de equipo

A cargo do escritor Pablo Martn Snchez e o adestrador Bruno Garca

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Cultura
  • Deportes
  • Estudantado
  • é
Eduardo Muiz DUVI Pontevedra 16/02/2022

Do potencial que teen os xogos lingüsticos ou literarios como ferramenta didctica a como establecer un modelo de xogo nos deportes colectivos. Nestes dous eidos puido afondar o alumnado da Facultade de Ciencias da Educacin e do Deporte, nas dúas conferencias que o centro acolleu nesta xornada. Por unha banda, o escritor e tradutor Pablo Martn Snchez presentou unha serie de xogos e retos que poderan empregarse, como sinalou, para “espertar afeccin pola lingua e a literatura” entre os escolares, partindo da experiencia do grupo OuLiPo, do que é o único representante espaol. Pouco despois, o ex-seleccionador de fútbol sala de Perú, Vietnam e Xapn, Bruno Garca, achegou, nunha segunda conferencia, a súa visin sobre como desear o modelo de xogo dun equipo en deportes colectivos. Designado neste 2022 como o cuarto mellor seleccionador de fútbol sala do mundo nos Futsalplanet Awards, Garca subliou que ese modelo debe combinar unha “idea de xogo”, que debe manterse, con diferentes sistemas que poden ir adaptndose en funcin de múltiples variables.

Obstculos que “favorecen a creatividade”

Escritor e tradutor, Pablo Martn Snchez converteuse en 2014 no primeiro espaol en entrar a formar parte de OuLiPo (obradoiro de literatura potencial), un grupo fundado en Francia en 1960 e do que formaron parte escritores como Georges Perec, Italo Calvino ou Raymond Queneau. As “experiencias e a traxectoria” deste grupo, que ten como premisa central “utilizar o xogo lingüstico e literario para espertar a creatividade”, centraron unha conferencia promovida e presentada pola profesora Rexina Vega. Baixo o ttulo deO xogo como ferramenta didctica, esta actividade buscou en primeiro termo presentar aos e s asistentes un grupo que, como explicou, “fundouse coa idea de unir literatura e matemticas, arte e ciencia”. A súa traxectoria centrouse no establecemento do que chaman “constricins”, trabas, ou “pequenos obstculos” que fixan como condicionantes hora de escribir e que, apuntou, “paradoxalmente favorecen a creatividade ou a imaxinacin en lugar de coartala ou obstaculizala”.

Como exemplo, sinalou o libro ´Դdz, coa que o actual presidente de OuLiPo, Hervé Le Tellier obtia en 2020 o premio Goncourt, “o mis prestixioso da literatura francesa, cunha novela escrita con esta idea e que vendeu un milln de exemplares en Francia”. Tendo en conta ademais “que en Espaa esta tendencia da literatura potencial entrou a través dos profesores de francés en secundaria”, Martn Snchez completou esta exposicin inicial propoendo unha serie de “xogos lingüsticos e literarios, relativamente sinxelos” aos asistentes, coa idea de pr de relevo como esta proposta pode empregarse nos eidos da didctica e da docencia. Profesor de escritura e autor, entre outros libros, de novelas como El anarquista que se llamaba como yo (Acantilado, 2012), recoecida por El Cultural como mellor pera prima do ano, Martn Snchez buscou nese senso achegar unha serie de exemplos de condicionantes que poden ser adaptados en funcin das “necesidades docentes”, partindo dunha “concepcin moi lúdica tanto da propia literatura como da propia ensinanza”, da idea de que “pdese aprender divertndose e crear xogando”.

Un modelo flexible, nacido dunha idea “que non podes cambiar”

Pouco despois visitaba a facultade o adestrador ferroln Bruno Garca, quen, nunha actividade promovida polo profesor Pedro Vicente Vila e na que foi presentado polo decano, Óscar Garca, buscou achegar aos e s asistentes a súa concepcin do que é “un modelo de xogo”, centrado no fútbol sala pero aplicable tamén, sinalou, a moitos deportes de equipo. “O modelo de xogo é a idea que temos de como queremos xogar, a nosa idea como adestradores, xunto cos sistemas que escollemos para desenvolvela”, sinalou Garca, para quen é clave que esa idea “matriz”, que determina “por exemplo, se queres ser protagonista a través da posesin do baln”, se mantea, porque o contrario, subliou, "para min é o principio do fin”. O que si ten que variar, explicou, é o segundo paso na construcin dese modelo, que é a eleccin de sistemas “para que o xogador e o equipo tea solucins e pautas ante calquera situacin que se atopa no xogo”.

Eses sistemas, lembrou Garca, veen determinados por “moitos factores”, desde polo perfil de xogadores e o tempo de adestramento, ata polos obxectivos do club e o “nivel de profesionalidade no que estamos traballando, incluso polo pas”. Trtase dun “modelo flexible”, subliou o conferenciante, que recoeceu nese senso que “o meu modelo de xogo en Perú era diferente ao de Vietnam, ao de Xapn, ao de China ou ao dos seis clubs que adestrei en Espaa”, anda que “a mia idea como adestrador fose a mesma”. A partires dese modelo de xogo, as mesmo, debe establecerse “o modelo de adestramento”, que implica que desde o deseo dos sistemas de preparacin ata as propias tarefas de cada sesin deben responder a ese modelo de xogo, partir desa idea que define “como quero xogar”. Neste punto, Garca subliou que “como adestradores temos dúas grandes misins, crear ese modelo de xogo, analizando a parte terica e moitos mis factores, e que deste emane un modelo de adestramento para que, a partir de a, os xogadores o aprendan e o dominen, sobre todo no deporte de alto rendemento".