DUVI

Diario da 鶹

Coas súas dez prazas cubertas, reúne a deportistas, adestradores e alumnado universitario

Un obradoiro pon o foco no papel fundamental que os aspectos psicolxicos xogan no deporte 

Busca achegar técnicas e ferramentas que permitan integrar o traballo mental no adestramento

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Deportes
  • é
DUVI Pontevedra 09/03/2021

Os aspectos psicolxicos xogan no deporte “un papel fundamental en todo momento, desde a iniciacin en nenos ata o alto rendemento profesional”, salienta o consultor, adestrador e alumno de doutoramento Hugo Fernndez, responsable do taller que nestas semanas afonda nas técnicas e ferramentas que permiten integrar o traballo psicolxico no adestramento deportivo. Inserido no programa de obradoiros de Extensin Universitaria da Vicerreitora do campus, o taller Adestramento mental integrado no deporte, que se desenvolve ata finais de marzo en Ciencias da Educacin e do Deporte, cubriu as súas dez prazas tanto con alumnado de diferentes titulacins como con deportistas e adestradores, aos que, como explica Fernndez, tratar de amosar como “integrar esas ferramentas e técnicas de adestramento psicolxico dentro da súa metodoloxa”.

Xunto ao profesor da facultade, psiclogo e adestrador profesional de baloncesto Rubén Domnguez, Hugo Fernndez é o responsable de impartir un obradoiro que desenvolve no presente curso a súa segunda edicin, na que reduciu a dez as súas prazas co obxectivo de garantir as medidas de distanciamento que esixe a covid-19, as como para poder traballar cun “grupo reducido” e adaptar “os contidos mis concretos ao perfil do alumnado e os seus intereses”. A finalidade deste taller, que arrincou cunha primeira sesin virtual o 26 de febreiro para logo pasar xa ao formato presencial, é “proporcionar ferramentas aos participantes para desenvolver a súa actividade profesional con maior calidade”, salienta Fernndez, formador especializado no rendemento de persoas, equipos e organizacins e adestrador no Centro Galego de Tecnificacin Deportiva (CGTD).

Unha “materia pendente” que vai mis al do rendemento

Como explica Fernndez, “o traballo de adestramento mental integrado no deporte debe ser planificado e orientado s necesidades do propio deportista, traballando as na súa mellora e nos seus obxectivos”. Trtase polo tanto, dun traballo que debera estar “implcito en todo proceso de ensinanza-aprendizaxe de calquera habilidade ou técnica deportiva”, pero que súa vez é tamén, sinala, “unha materia pendente” en diversos mbitos e disciplinas deportivas. Nese senso, Fernndez recoece que se trata dunha disciplina “ que cada vez se lle d mis importancia” e na que cada vez hai un maior número de profesionais formados, mais tamén na que anda “hai moito por facer e, sobre todo, por concienciar”, tendo en conta que non se limita mellora do rendemento, senn que é tamén aplicable “na saúde, educacin, ocio e tempo libre, xestin de entidades deportivas, deporte escolar...”. 

Mellora deportiva e transmisin de valores

O adestramento mental contribúe mellora do rendemento, “non s a nivel psicolxico, senn tamén a nivel tctico e fsico”, mis tamén contribúe, sinala Fernndez, “de forma fundamental” ao “desenvolvemento integral da persoa” e a súa formacin en valores. “O deporte transmite uns valores esenciais para a sociedade, como o esforzo, a resiliencia, o traballo en equipo, a igualdade, o respecto, o humanismo, a perseveranza..., e estes valores deben ser transmitidos e inculcados polos propios profesionais dentro do deporte”, sostén o responsable deste obradoiro.

De a que as ferramentas para a transmisin de valores e o papel do adestrador e adestradora como “educador de persoas” formasen parte dos contidos do mdulo que a pasada semana impartiu Rubén Domnguez, quen tamén abordou o papel do psiclogo e do coach deportivo e os principios do adestramento mental integrado no contexto deportivo. Previamente, Fernndez afondou na sesin inicial en aspectos como os factores que inflúen no rendemento e na planificacin e programacin do adestramento mental integrado, para logo deterse, nas prximas semanas, nas ferramentas para a mellora do rendemento e nos conceptos de “autoconciencia e automotivacin”. Por último, o taller pecharase coa presentacin dunha serie de “casos de éxito”, vez que pondo o foco na metodoloxa aplicable a deportes individuais e de equipo. “As principais diferencias son basicamente que, en deportes colectivos, ademais de variables comúns, como autoconfianza, motivacin, control da activacin, atencin e concentracin, control emocional..., tamén hai outras como o liderado, a comunicacin e a cohesin”, explica Fernndez, que apunta que se ben o traballo con deportistas de disciplinas individuais leva a centrarse “nos seus obxectivos e necesidades”, no caso dos deportes colectivos é preciso sumar a estes “os obxectivos comúns e grupais”.