Desenvolveuse durante o mes de marzo na Aula da Natureza de Oira
Un obradoiro afonda na natureza como fonte de aprendizaxe escolar e familiar
As persoas asistentes coeceron pequenos proxectos para levar a cabo con crianzas
Complementando a formacin académica, este cuadrimestre son mis dunha decena os obradoiros de extensin universitaria que se celebran no campus de Ourense, organizados pola súa vicerreitora con financiamento da Deputacin Provincial. Entre as novidades desta programacin est un titulado Educacin na Natureza. A formacin, que vén de rematar a súa actividade, estivo centrada en familiarizar s persoas participantes con “ferramentas que favorezan a creacin de propostas para aplicar no mbito familiar e escolar no contexto natural que nos rodea no noso da a da”.
Dirixido pola investigadora da 鶹 Mara Fraga, o obradoiro tivo unha duracin de 30 horas, en modalidade mixta presencial e virtual, que se levaron a cabo ao longo deste mes de marzo, principalmente na Aula da Natureza de Oira e a súa contorna, onde se desenvolveron as dinmicas de carcter prctico e para “a busca de material natural e inspiracin para as artes plsticas”. A parte virtual realizouse a través do Campus Remoto da 鶹. A equipa docente estivo formada, ademais de pola súa directora, polas coordinadoras e acompaantes do proxecto educativo Bibiana Marful Castaal, Carmen Fuenteseca Ansede, Mara Mayorga Martn e Sofa Otero Álvarez. Este grupo, indica Mara Fraga, “proporcionou unha grande variedade de materiais pedagxicos e didcticos relacionados coa natureza e con o acompaamento respectuoso da infancia”.
Desde as escolas na natureza aos roteiros sensoriais
Segundo explica Mara Fraga, a principalmente a cuestin que se tratou de responder neste obradoiro foi se “é posible que a natureza entre na escola e permita crear situacins de aprendizaxe auténtico?”. Respostando a esta cuestin de xeito positivo, a actividade, detalla, achegou s 14 persoas participantes “pequenos proxectos para levar a cabo coas crianzas tanto no mbito pedagxico como no familiar”. As, en total levronse a cabo 12 sesins nas que se achegou s persoas participantes o estado actual das escolas da natureza; o equipamento axeitado para permanecer en benestar na natureza (en calquera perodo do ano), e modelos de nutricin sostibles e saudables.
Nas sesins, de carcter prctico e aplicado, tamén se traballou aspectos como os proxectos de arte, ciencia e ecoalfabetizacin empregando elementos naturais e o bosque como laboratorio de observacin; o acompaamento respectuoso; os perodos de vinculacin; a importancia do xogo libre; a elaboracin de xoguetes empregando ferramentas reais adaptadas infancia e os roteiros sensoriais relacionados cos catro elementos naturais (aire, auga, terra e fogo).
