A mostra pode visitarse na Casa Galega da Cultura ata o vindeiro 4 de setembro
Nove creadoras e creadores formados en Esdemga reivindican nunha exposicin o protagonismo do grafismo na moda
A través de tecidos con estampados en formato dixital, serigrafas, debuxos a man, lser...
Son nove artistas formados en Esdemga e as súas obras amosan nove xeitos de reivindicar o protagonismo do grafismo na moda. Este xoves inaugurouse na Casa Galega da Cultura a exposicin Caderno grfico. Exploracin con técnicas grficas no deseo téxtil, unha proposta comisariada pola profesora Patricia Dopico e na que Universidade e Concello de Vigo volven amosar publicamente a súa aposta conxunta pola valorizacin da creatividade artstica que ten como xerme as aulas da Facultade de Belas Artes.
Capitaneados por Dopico, África Abadn, Alejandro Sierra, Anaïs Kerbrat, Denise Pena Lestn, Lucas Cabaleiro, Lupita Hard, Noem Montenegro, Sabela Juncal e Silvia Marra estiveron acompaados na apertura da mostra pola vicerreitora de Estudantado e Empregabilidade, Natalia Caparrini, e o concelleiro de Cultura, Abel Losada. Foi, precisamente, a vicerreitora a encargada de presentar o acto, intre que aproveitou para agradecer a presenza dos artistas, do público e das autoridades e para pr en valor a colaboracin Concello-Universidade, unha alianza grazas cal a Casa Galega da Cultura, situada en pleno corazn da cidade de Vigo, é xa lugar habitual de exposicins para o alumnado da 鶹. Foi tamén, tal e como ela mesma explicou, a súa despedida como vicerreitora de Cultura, competencias que agora dependern da vicerreitora Susana Reboreda.
A xenerosidade de amosar probas que “a miúdo fican ocultas”
De dar os detalles da mostra fxose cargo a comisaria, Patricia Dopico, que foi tamén a encargada de guiar unha breve visita pola sala. “O traballo grfico e a metodoloxa centrada na experimentacin e no proceso artstico forman parte do ADN de Esdemga e dos estudos do Mestrado universitario en deseo e direccin creativa en moda”, explicou Dopico, ao tempo que fixo fincapé en que as sinerxas establecidas ao compartir espazos de formacin con outras ensinanzas artsticas, as como os talleres e as tecnoloxas que o estudantado emprega libremente, reflctense perfeccin nas propostas creativas desta mostra. “Os deseadores e deseadoras son xenerosos ao deixar que nos asomemos ao seu proceso de creacin a través de probas ou de documentos que a miúdo fican ocultos”, explicou a comisaria, docente do Departamento de Debuxo.
Nove miradas, nove xeitos de achegarse realidade social e cultural
Tal e como se explica Dopico no propio catlogo da exposicin, a conceptualizacin, o punto de partida do proceso creativo, é diverso. Nalgunhas propostas a mirada vlvese infancia ou intimidade familiar; noutras dirxese a lugares mis remotos como o espazo exterior ou a culturas como a americana ou a asitica. Lupita Hard toma a historia do graffiti e o contexto sociocultural de Nova York dos anos setenta para crear unha linguaxe grfica persoal, que pon en dúbida o propio concepto de graffiti cando se usa como simple estampado de moda carente de fondo conceptual.
Lucas Cabaleiro reflexiona, tal e como explica a comisaria da mostra, sobre a identidade e o traxecto dos eternos buscadores, dos viaxeiros sen destino. No seu proxecto o visitante da mostra pode achegarse ao Xapn dos anos oitenta mediante smbolos grficos de creacin propia mesturados con imaxes e con logotipos apropiados, que remiten ao espectador ao mundo do motor e cultura americana. A mquina lser e moitas horas investidas en probas de intensidades ou lixados conseguiron que esas grficas estean gravadas sobre tecido vaqueiro ou coiro.
En Fire in the sky, Denise Pena Lestn pregúntase que faran uns alienxenas se chegasen Terra e quixesen pasar desapercibidos. Relendo o imaxinario dos avistamentos ovnis no territorio norteamericano, desea unha serie de estampados onde xoga con irona entre o analxico e o dixital. O seu proceso de traballo describe en ocasins un percorrido inverso ao doutros deseadores, creando estampados en formato dixital para logo aplicalos directamente pintados a man sobre tecido. Noutras ocasins, utiliza a impresin por sublimacin ou por procesos serigrficos despois de tratar dixitalmente debuxos a man alzada.
Alejandro Sierra tamén bota a mirada ao continente americano, pero no seu caso faino rexin do Caribe. Sierra busca, a través da moda, trasladar o mesmo orgullo cultural que fai a música con novos xéneros e artistas; a mestura de elementos tradicionais con novas tinturas da cultura urbana e dixital. E faino desenvolvendo múltiples estampados con certo aire naf e cores esaxeradas, con mscaras precolombianas sempre presentes, reinterpretando a cara Ku e buscando unha solucin grfica que evite apropiacionismos indebidos ou conflitivos.
Anaïs Kerbrat utiliza unha linguaxe grfica aparentemente naf que profunda, non obstante, en temas como os lmites nas identidades de xénero ou os conceptos de sexo e de sexualidade dunha “sociedade supostamente aberta e madura que censura as mamilas femininas en todo tipo de imaxes”. Precsase unha ollada de preto para apreciar a fina irona coa que mestura e crea formas a partir de figuras erticas, de elementos que enrazan coa relixin ou de galos, un smbolo co que a deseadora fai unha chiscadela súa orixe portuguesa.
Á orixe, ao doméstico e infancia acoden tamén Sabela Juncal, Noem Montenegro e África Abadn. A primeira emprega serigrafa e sublimacin, pero tamén debuxo a man con lapis ou con bolgrafo directamente sobre os tecidos para adentrarse na reflexin sobre a vida coti e o fogar. Non s os estampados se refiren ao mbito doméstico, senn que os tecidos empregados proceden del, como sucede coa saba que despois de 29 anos gardada no faiado familiar –dote de voda de seus pais– foi o xerme do proxecto de Montenegro. Intervencins grficas aplicadas con lser, con serigrafa, con sublimacin ou con estampado dixital, as pezas de 78,17 MB son unha homenaxe memoria ntima da figura da avoa da creadora, pero poderan selo tamén memoria colectiva da tradicin e dos costumes de calquera casa do rural galego.
Un pouco mis lonxe viaxa Abadn cos seus referentes: a mirada da sociedade francesa dende o punto de vista de Le petit Nicols. O mundo do absurdo, da caricatura, da inocencia coa que René Goscinny e Jean-Jacques Sempé lles mostran s persoas adultas dende a perspectiva dun neno. Unha aparente simplicidade conceptual con gran carga de irona soportada por unha linguaxe grfica de lias que, neste caso, a deseadora toma como base da súa coleccin.
Unha exaltacin do proceso e do traballo de taller é o proxecto B. 43.833-1985 de Silvia Marra, onde as pezas de roupa son, ao mesmo tempo, pezas finalizadas e caderno de campo. A creadora foi traballando no concepto vez que intervia sobre os tecidos: unha vez que os amidonaba, os cortaba e os estampaba, metaos na súa Olivetti como se das pxinas dun libro se tratase. Fragmentos de lecturas, de conversacins, imaxes de obxectos ou interlocutores…; as pezas convertéronse nun arquivo persoal dun proceso creativo.
Ata o 4 de setembro na Casa Galega da Cultura
A exposicin manterase aberta ata o vindeiro 4 de setembro na Casa Galega da Cultura. As persoas interesadas en visitala poden facelo de luns a venres en horario de 18.00 a 21.00 horas, e tamén durante as fins de semana e festivos, no seu horario habitual de apertura (sbados de 12.00 a 14.00 h e de 18.00 a 21.00 h e domingos e festivos de 12.00 a 14.00 h).
