DUVI

Diario da 鶹

A investigadora do CINBIO recibir unha axuda econmica de 100.000 euros

Mara Mayn recibe en Barcelona a VIII Bolsa FERO en cancro de mama para desenvolver novas inmunoterapias fronte aos tumores slidos

O obxectivo é mellorar a capacidade das terapias CAR-NK para identificar e combater as células tumor

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • HR
  • Աپ
  • Premios
  • ú
  • Աپ
DUVI 09/06/2026

A investigadora Mara Mayn, do Centro de Աپ en Nanomateriais e Biomedicina da 鶹, CINBIO, pertencente Rede CIGUS, recibiu este luns en Barcelona a VIII Bolsa FERO en Cancro de Mama, unha axuda dotada con 100.000 euros destinada a impulsar proxectos innovadores no mbito da oncoloxa. A entrega tivo lugar no marco da Gala FERO 2026, que reuniu persoal investigador, médico, do mundo da filantropa, empresas, e representantes da sociedade civil comprometidos co avance da investigacin contra o cancro.

Durante a cerimonia, a Fundacin FERO entregou preto dun milln de euros en axudas a sete proxectos de excelencia centrados no desenvolvemento de novos tratamentos, a mellora do diagnstico precoz e a ampliacin das opcins terapéuticas para os pacientes. Nesta edicin, que coincidiu coa conmemoracin do 25 aniversario da entidade, a fundacin reafirmou o seu compromiso coa investigacin oncolxica contribundo a fortalecer o ecosistema cientfico espaol e a impulsar novas solucins fronte ao cancro.

Esta nova consecucin de financiamento permitiralle ao grupo liderado por Mara Mayn desenvolver unha innovadora estratexia de inmunoterapia orientada a mellorar o tratamento do cancro de mama mediante o perfeccionamento das terapias celulares CAR-NK, unha das aproximacins mis prometedoras da medicina personalizada actual.

En colaboracin co Hospital Álvaro Cunqueiro e o IIS Galicia Sur

O proxecto, titulado CAR-NK immunotherapy with improved tumor-targeting capabilities, desenvolverase desde o CINBIO en colaboracin coa Unidade de Mama do Hospital Álvaro Cunqueiro, o Instituto de Աپ Sanitaria Galicia Sur (IIS Galicia Sur) e Sébastien Wälchli, investigador do Oslo University Hospital. O seu obxectivo é aumentar a capacidade das células NK modificadas xeneticamente para recoecer e destrur de forma mis eficaz as células tumorais presentes nos tumores slidos.

As terapias CAR-NK baséanse no emprego de células do sistema inmunitario deseadas para localizar e atacar células cancerosas especficas. A diferenza doutras estratexias terapéuticas, ofrecen a posibilidade de actuar de maneira mis selectiva sobre o tumor e reducir os efectos adversos asociados aos tratamentos convencionais. A investigacin liderada por Mayn centrarase en mellorar a capacidade destas células para penetrar no tecido tumoral e manter a súa actividade unha vez no interior do tumor, dous dos principais desafos para a aplicacin destas terapias en cancro de mama.

“A inmunoterapia est a transformar a forma de abordar numerosos tipos de cancro. Terapias celulares como as CAR-T xa demostraron unha gran eficacia en determinados tumores hematolxicos, pero os tumores slidos continúan presentando importantes retos. O noso obxectivo é desenvolver novas ferramentas que permitan trasladar estes avances a mis pacientes e aumentar a eficacia da resposta inmunitaria fronte s células tumorais”, explica a investigadora.

Axudas dirixidas a acelerar proxectos de alto impacto

A VIII Bolsa FERO en Cancro de Mama forma parte do programa de apoio investigacin promovido pola Fundacin FERO para acelerar o desenvolvemento de proxectos innovadores en oncoloxa. A convocatoria busca favorecer a transferencia dos avances cientficos prctica clnica e contribur ao desenvolvemento de novas opcins terapéuticas para as persoas afectadas por esta enfermidade.

As e os investigadores galardoados desenvolven o seu traballo nalgúns dos principais centros de investigacin biomédica do pas e abordarn algúns dos maiores desafos actuais da oncoloxa, desde o desenvolvemento de novas inmunoterapias e terapias celulares de precisin ata a procura de tratamentos mis eficaces fronte ao cancro de pncreas, un dos tumores con peor prognstico, ou a mellora da deteccin temper da enfermidade. 

Con estas axudas, FERO Cancro reafirma o seu compromiso coa investigacin traslacional, un modelo que busca acelerar a chegada dos descubrimentos cientficos prctica clnica para que os pacientes poidan beneficiarse antes dos avances contra o cancro. “Cada unha destas bolsas representa unha oportunidade para achegar a ciencia aos pacientes. O noso obxectivo é apoiar proxectos innovadores capaces de transformar o coecemento cientfico en novas ferramentas de diagnstico e tratamento que melloren a vida das persoas con cancro”, destacou durante a gala Marta Cardona, directora xeral de FERO Cancro.

Importante recoecemento traxectoria de Mayn e do CINBIO

Desde o CINBIO destacan que a concesin desta bolsa supn un importante recoecemento traxectoria cientfica de Mara Mayn e ao potencial dunha lia de investigacin con claras perspectivas de transferencia clnica. Neste sentido, o director do centro, Miguel Correa, sublia que “esta axuda pon en valor a calidade cientfica do traballo desenvolvido e reforza a aposta do CINBIO por impulsar investigacins capaces de xerar novas oportunidades terapéuticas para os pacientes”.