Nun proxecto do Post-Growth Innovation Lab, financiado pola FECYT
Mis de 200 estudantes de cinco institutos investigan sobre os principais retos da Pontevedra da prxima década
Os resultados presentaranse na Conferencia Internacional de Decrecemento
A contaminacin da auga, a perda do rural, o emprego en Pontevedra e a saúde mental. Estes son os catro casos de estudo nos que nestas semanas afondan preto de 230 estudantes de ESO e bacharelato de cinco institutos da localidade, participantes no proxecto de divulgacin , que o grupo de investigacin Post-Growth Innovation Lab desenvolve co financiamento da Fundacin Espaola para la Ciencia y la Tecnologa (FECYT) – Ministerio de Ciencia, Innovacin y Universidades. Dirixido a iniciar ao alumnado de bacharelato na investigacin en ciencias sociais, trtase dun proxecto de ciencia cidad, centrado nos “retos ecolxicos e sociais que emerxen nas cidades do século XXI”, como sinalan os seus coordinadores. Orientado a facer partcipe o alumnado das diferentes fases dunha investigacin, desde o seu deseo ata a presentacin final, esta iniciativa tivo como punto de partida as propias propostas do estudantado, que deba identificar aqueles “retos que consideraban importantes en dez anos para a cidade de Pontevedra”.
Coordinado polo investigadores Brais Surez e Cristina Mguez, PostGrowth S.A. conta coa participacin dos institutos Luis Seoane, Valle Incln, Snchez Cantn e Frei Martn Sarmiento, as como do CPR Los Sauces e coa colaboracin do Concello de Pontevedra. Os seus resultados finais sern presentados, polo propio alumnado na , a Conferencia Internacional de Decrecemento que este grupo de investigacin da 鶹 organizar en Pontevedra entre o 18 e o 21 de xuo.
467 retos, catro casos de estudo
Coa participacin de once grupos de traballo, o proxecto desenvlvese ao longo de todo o curso e arrancou cunha sesin centrada na deteccin de retos para o impulso dunha “transicin ecolxica xusta nas cidades”, levada a cabo nos diferentes centros. “En cada aula saron retos que eles e elas consideraban importantes para a cidade de Pontevedra en dez anos”, explica Mguez. Reunronse un total de 467 ideas, “moitas delas repetidas”, que foron analizadas e finalmente agrupadas en “oito categoras que albergaban todos os retos propostos” e das que saron os catro casos de estudo nos que actualmente traballa o alumnado.
As, tras unha segunda sesin, na que os responsables do proxecto buscaban familiarizar ao alumnado coas metodoloxas de investigacin mis empregadas nas ciencias sociais, o terceiro encontro estivo centrado na preparacin dos casos de estudo seleccionados. “Nesta sesin, explicmoslle como debern realizar a investigacin”, que se centrar fundamentalmente na realizacin “de entrevistas a diferentes perfs”, sinala Mguez dun traballo que mozos e mozas deben levar a cabo de forma autnoma, coa axuda do seu profesorado e a titorizacin do Post-Growth Innovation Lab.
Concretamente, a contaminacin nas augas é a temtica abordada polos tres grupos do IES Snchez Cantn, mentres que a perda do rural é analizada por 49 estudantes de diferentes cursos do Luis Seoane. O Valle Incln, que participa neste proxecto con cinco aulas, centra o seu traballo na saúde mental, mentres o emprego en Pontevedra é abordado tanto polo alumnado do Frei Martn Sarmiento como de Los Sauces. Nese senso, Mguez explica que anda que o proxecto foi inicialmente concibido para bacharelato, iniciativa sumouse tamén alumnado da ESO, o que fai que estudantes de diferentes idades traballen conxuntamente nos diferentes casos de estudo.
Presentacin nun foro internacional
Nestas semanas, as e os estudantes remiten ao grupo as entrevistas realizadas, “as como outros datos de interese”, como fotografas ou documentos, co obxectivo de que sexan analizados e “obter respostas a preguntas clave que nos formulamos en cada caso”. Os resultados finais deste traballo conxunto sern presentados polos propios estudantes no Espazo Xove da ESEE-Degrowth 2024, dirixido precisamente a fomentar a participacin dos centros educativos neste evento cientfico, no que se agrupan a 15 Conferencia da Sociedade Europea de Economa Ecolxica (ESEE) e a décima Conferencia Internacional de Decrecemento.
De xeito paralelo, todo este proceso de ciencia cidad quedar rexistrado nun documental, elaborado coa colaboracin do Concello, e que far posible reproducir este proxecto noutras cidades.
