DUVI

Diario da 鶹

Os seus autores son Marco Casanova, Fermn Navarro e Daniele Tommasini

Investigadores do campus demostran nun estudo a viabilidade dunha misin a Marte usando propulsin solar eléctrica

Nel presentan un deseo preliminar completo dun satélite cun sistema deste tipo

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Աپ
  • ʳܲԲ
  • TIC
  • Աپ
DUVI Ourense 19/02/2024

Investigadores do campus de Ourense, ligados Escola de Enxeara Aeronutica e do Espazo, realizaron un estudo de viabilidade dunha misin ao planeta Marte usando propulsin solar eléctrica, en contraposicin coa propulsin qumica, que é o método empregado tradicionalmente no espazo. Nel demostran a súa superioridade e presentan un deseo preliminar completo dun satélite con este sistema eléctrico.

O traballo foi publicado recentemente na revista Acta Astronautica nun artigo titulado e est asinado por Marco Casanova, Fermn Navarro e Daniele Tommasini (egresado e profesores respectivamente da Escola de Enxeara Aeronutica e do Espazo). A iniciativa, apuntan os seus responsables, é froito dunha colaboracin entre dous centros de investigacin da 鶹, como son atlanTTic (Centro de Աپ en Tecnoloxas de Telecomunicacin), do que Fermn Navarro é parte, e o recentemente creado IFCAE (Instituto de Fsica e Ciencias Aeroespaciais), do que tanto por Marco Casanova como Daniele Tommasini son membros.

Segundo explica Marco Casanova “a nosa colaboracin remntase a varios anos atrs, cando presentei con ambos profesores un estudo sobre unha empregando un novo sistema de propulsin baseado en forzas electrodinmicas. Desde entn seguimos traballando en diversos proxectos, como estudos de defensa planetaria para modificar rbitas de asteroides con probabilidade de impacto coa terra”. O artigo é parte da súa investigacin como estudante de doutoramento do Programa de Tecnoloxa Aeroespacial da 鶹, que realiza mentres traballa para a Axencia Espacial Europea como responsable do computador de a bordo (data handling SOE) para a misin EarthCare, que est previsto lanzar en maio.

Comparacin de resultados

Os autores do estudo explican que en contraposicin coa propulsin qumica, método de propulsin usado tradicionalmente no espazo e no que nunha cmara de combustin quéimase un combustible en presenza dun carburante, a propulsin eléctrica emprega o impulso que xera a aceleracin de electrns que se exectan ao ionizar un gas nobre. Esta tecnoloxa, detallan, xera unha forza moito mis pequena, pero consome propulsante a unha velocidade moito menor, o cal restrinxe o seu uso a arcos de tempo amplos, mentres que a propulsin qumica úsase en manobras puntuais nas que se confire moita mis forza nun instante. “Nos últimos anos hai un crecente interese en misins lúa e Marte e é cada vez mis importante facer un uso sostible e ptimo do combustible. É por iso que é relevante tentar mellorar este tipo de misins”, afirman. Segundo comentan os investigadores, esta tecnoloxa, “en completo auxe en satélites comerciais de observacin terrestre e para satélites xeoestacionarios, empeza a ser determinante tamén en misins interplanetarias xa que abre a porta a tipos de traxectorias imposibles con propulsin qumica”.

No seu traballo, os investigadores da 鶹 compararon as masas que se necesitaran “para levar a cabo unha misin cientfica a unha rbita polar ao redor de Marte a tan s 300 quilmetros de altura usando un sistema qumico e un eléctrico”. Unha vez “demostrada a superioridade do sistema eléctrico”, o estudo presenta un deseo preliminar completo dun satélite de propulsin eléctrica capaz de levar a cabo a misin, presentando os requisitos de potencia, masa ou equipamento necesarios. “Este concepto de misin pode servir de base para futuras misins xa que demostra as vantaxes deste sistema en comparacin con previas misins ao planeta vermello”, afirman os autores do traballo.