Lideradas por Vernica Salgueirio, do grupo de Nanomateriais Hbridos
Investigadoras do CINBIO exploran novas estratexias terapéuticas para pacientes con trastornos do sistema inmune
Con fondos do Plan Complementario de Biotecnologa Aplicada a la Salud para Galicia
As citoquinas son unhas protenas que desenvolven un papel fundamental no noso organismo, pois facilitan a comunicacin entre as células do sistema inmunolxico, garantindo o seu correcto funcionamento e que a resposta inmunitaria sexa a desexada. Un desequilibrio na súa producin podera ser a causa dun desaxuste do sistema inmune, afectando incluso ao desenvolvemento de enfermidades autoinmunes, aquelas nas que o propio sistema inmunolxico ataca s células e aos tecidos do corpo. O coecemento do funcionamento das citoquinas pode ser, por tanto, fundamental para o posible desenvolvemento de novos tratamentos que melloren a calidade de vida das persoas que sofren este tipo de doenzas.
Partindo desta base nace o proxecto de investigacin Magnet-Il-18, coordinado pola investigadora Vernica Salgueirio, lder do grupo de Nanomateriais Hbridos do CINBIO, o Centro de Աپ en Nanomaterias e Biomedicina da 鶹. A investigacin arrancou a principios deste anoe, contando cun orzamento de 75.000 euros, prolongarase ao longo dun total de 18 meses,dentro do ‘Plan Complementario de Biotecnologa Aplicada a la Salud’ en Galicia.
Xunto a Vernica Salgueirio participan no proxecto as investigadoras do CINBIOLaura Maria Salonen, Julia N. Majcherkiewicz, Melodie Maceira Campos e Claudia Romn Freijeiro, e a elas súmase tamén persoal investigador do Instituto de Աپ Sanitaria Galicia Sur (IISGS) e do Instituto de Biomedicina de Sevilla (IBIS).
Nanoestruturas magnéticas con aplicacins biomédicas
As nano e microestruturas magnéticas empréganse en biomedicina, en terapia celular e hipertermia magnética para a liberacin de frmacos e en técnicas de imaxe. Seguindo esta lia, o proxecto Magnet-Il-18 ten por obxectivo a funcionalizacin de nanoestruturas magnéticas coa citoquina IL-18 e a súa internalizacin mediante procesos de endocitose ou mediante internalizacin forzada magneticamente, co fin de estudar a resposta inflamatoria das células.
“A nosa aspiracin”, comenta Salgueirio, “é correlacionar os resultados obtidos con datos de pacientes con trastornos do sistema inmune, como o VIH, con fin de explorar e presentar novas estratexias terapéuticas efectivas para este tipo de doenzas”. Para isto, as cientficas do CINBIO implicadas neste proxecto traballarn na sntese, caracterizacin e funcionalizacin das nanoestruturas e nos ensaios celulares.
O proxecto supn para elas “unha oportunidade para traballar nunha contorna de aplicacins biomédicas, enfocndoas correlacin directa de resultados de nanoestruturas e ensaios celulares con datos de pacientes”, sublia Salgueirio.
Fondos para terapias avanzadas en medicina personalizada
Magnet-Il-18 forma parte do Plan Complementario de Biotecnologa Aplicada a la Salud, cofinanciado polo Ministerio de Ciencia e Innovacin con fondos da Unin Europea NextGenerationEU; o Plan de Recuperacin, Transformacin e Resiliencia, e varias comunidades autnomas, entre as que se atopa Galicia. O seu obxectivo principal é o desenvolvemento de ferramentas para o diagnstico, prognstico e terapias avanzadas, ou dirixidas, en medicina personalizada.
