DUVI

Diario da 鶹

Carmen Garca Mateo e Belén Rubio confan nas súas posibilidades de dirixir a institucin

Ilusins renovadas na conta atrs cara eleccin este venres da primeira reitora da 鶹

Piden o voto para seus proxectos para gobernar a Universidade os prximos seis anos

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Vigo
  • Democracia
  • Reitora
  • Institucional
Mª del Carmen Echevarra Figueroa DUVI 13/05/2026

Esta medianoite iniciarase a xornada de reflexin que precede votacin do venres na que a comunidade universitaria elixir a primeira reitora da 鶹. Nas horas previas, Carmen Garca Mateo e Belén Rubio apuran actos e reunins e aproveitan para pedir o voto para as súas candidaturas que volvern a medirse nunha segunda volta que se desenvolver entre as 10.00 e as 18.00 horas deste venres.

“Somos moderadamente optimistas, estamos contentos e, desde logo os resultados iniciais nos dan forza e renovan a ilusin coa que chegamos a este punto. Dito isto o marcador ponse a cero outra vez, cunha segunda volta que nada ten que ver coa primeira. Pero bueno, confiamos na comunidade universitaria e aceptaremos, como non pode ser doutra forma, o resultado, pero a ilusin, desde logo, non nos ganan”, asegura Carmen Garca Mateo, que na primeira volta acadou 1763 votos vlidos emitidos, fronte aos 1490 da candidatura de H2040.

Precisamente a súa aspirante Reitora, Belén Rubio, recoece que “seguimos con moitsima ilusin dando a coecer o programa e estaremos ata o último minuto que nos permita o calendario electoral porque ma xa é o da de reflexin. Pero hoxe xa nos reunimos no campus de Pontevedra co alumnado do Programa Universitario de Maiores, participamos nun debate organizado pola Cadena SER no edificio Redeiras e pola tarde rematamos a campaa cun acto de peche no saln de graos do edificio Politécnico do campus de Ourense”.

Con campaa o sen campaa, actividade intensa

Ambas as dúas candidaturas enfrontaron os das previos votacin do venres de xeito distinto, continuando con actos de campaa no caso de H2040, e paralizndoos espera dunha aclaracin por parte da comisin electoral, que non chegou ata onte martes, no de Ns Universidade.

“Pois, como toda a campaa, estes das foron tamén moi axitados, con moitsimo traballo porque o que intentamos foi seguir explicando e seguir comentando o noso programa sobre todo para marcar as diferenzas que temos entre o noso programa e o programa da outra candidatura”, explica Belén Rubio. Considera a candidata de H2040 que estes das “extra” de campaa pagaron a pena para aclarar aspectos como “que a outra candidatura non tea unha Vicerreitora de internacionalizacin e nos si, porque iso ten que ter un papel fundamental na universidade se queremos internacionalizarnos e queremos ter unha universidade cada vez mis internacional”.

No caso de Ns Universidade a ausencia estes das previos votacin dunha axenda de actos, non é, sinala Carmen Garca Mateo, sinnimo de falta de actividade. “Como non tiamos a seguridade xurdica necesaria para saber que tipo de accins se podan levar a cabo ou non, decidimos non facer a axenda de actos como tivemos a primeira parte da campaa. Si continuamos coa campaa de comunicacin e falando con toda a comunidade universitaria, non para prometer cousas novas de última hora, non para repartir cargos, pero si falando para expoer o proxecto, incluso de maneira individualizada”, detalla a candidata.

Derradeiras horas para pedir o voto 

Coas incgnitas, por unha parte, de cara onde se orientarn os votos que na primeira volta respaldaron o proxecto de ConSenso, liderado por Jacobo Porteiro, e, pola outra, sobre as variacins que pode haber na porcentaxe de participacin, respecto da primeira volta, as candidatas animan a aqueles membros da comunidade universitaria, que anda non decidiron o seu voto, a que analicen os programas electorais e apoien o proxecto que mis lles convenza.

Carmen Garca Mateo asegura interpretar os resultados da primeira vota “como que a comunidade universitaria pide un cambio. E ns somos ese cambio. Ns queremos transformar a Universidade, esa é a nosa vontade. Se alguén quere cambiar a universidade, somos ns e se alguén quere que a universidade cambie, que vote a Ns”.

Pola súa banda, Belén Rubio invita comunidade universitaria a que "revisen os programas, que comparen, que temos moitsima informacin por distintas cales e que tomen esa decisin baseada na anlise de toda a informacin que temos a dispor. Esta é unha decisin moi importante porque son dous modelos de universidade moi diferentes e a decisin que se tome vai persistir para seis anos e, polo tanto, que todas as persoas, estudantes, PDI, PTXAS sexan conscientes de que son os decisorios dese futuro”, sinala Belén Rubio.